"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Bartolomé Cossío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Gutiérrez Cossío.
-
GALICIA
Sindicalista. A principios dos anos sesenta emigrou a Francia, onde entrou a formar parte do Partido Comunista. Retornou a Ourense e traballou pola reorganización do partido. Trala súa participación nos sucesos de Castrelo de Miño en 1965 e na organización do Primeiro de Maio, regresou a Francia. No 1969 estableceuse en Lugo e participou na fundación de comisións obreiras (CC OO) e das comisións campesiñas. No período democrático formou parte da executiva do PC galego e foi membro da comisión executiva da federación de pensionistas e xubilados de CC OO.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Autodidacta de formación, a súa obra apóiase nun forte cromatismo e nun persoal concepto do debuxo. Expuxo por primeira vez en Atenas (1973) e, entre outros lugares, en Barcelona, A Coruña, Italia, Francia e EE UU. Obtivo, entre outros galardóns, os premios de Cornellá (1980), Tossa del Mar (1983) e Viladecamps (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación turística oficial da costa das provincias de Alacant, Murcia e Almería. Esténdese desde o cabo de La Nao, ao S, ata cabo de Gata, ao N. O seu clima é moi suave (media anual de 18°C), de elevada insolación e escasas precipitacións. A iniciativa privada fixo desta área un importante destino turístico, frecuentado sobre todo por estranxeiros e madrileños. As vilas máis importantes son Benidorm, Torrevieja, Guardamar del Segura, Villajoyosa, Altea e Calpe.
-
GALICIA
Arquitecto. Profesor titular do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica da Universidade da Coruña, exerceu como docente na Escuela Taller de Restauración del Patrimonio Artístico, Cultural y Natural de Santiago de Compostela. Entre outras obras, dirixiu a remodelación da Casa da Parra en Santiago de Compostela, a reparación das cubertas da catedral compostelá e a restauración do castro de Baroña. Colaborou nas revistas Obradoiro e Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura, e escribiu, entre outras obras, Santiago de Compostela 1850-1950: desenvolvemento urbano outra arquitectura (1989), Imaxe de Compostela: unha cidade de pedra nas vellas fotografías (1991) e Compostela memoria fotográfica (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Historia da Arte, exerceu a docencia como profesor de lingua e literatura no ensino secundario. Colaborador de diversos xornais e revistas (El Correo Gallego, La Región, Faro de Vigo, ABC, Grial e Luces de Galicia), publicou o poemario Revelación (1981) e a colección de relatos O delirio do lume (1985). Foi galardoado co Premio Estafeta Literaria (1976) e co Premio Amantes de Teruel (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras (sección de Pedagoxía) na Universidad Pontificia de Salamanca (1975), onde defendeu unha tese de licenciatura, escrita en galego, sobre a pedagoxía de C. Freinet e a educación popular. Doutourouse en Ciencias da Educación pola Universidad de Salamanca (1982) cunha tese sobre a historia contemporánea da escola primaria en Galicia. Profesor de política e lexislación educativa e historia da educación en Galicia na Universidade de Santiago de Compostela, foi vicedecano da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (1989-1991), director do Instituto de Ciencias da Educación (1992-1994) e decano da facultade de Ciencias da Educación (1997-2001). Estivo vinculado ao movemento estudantil democrático, ao grupo galego de Salamanca e á directiva salmantina da Junta Democrática de España. En Galicia, desde 1976, vinculouse coas correntes progresistas do nacionalismo político e cultural e pertenceu á ANPG e ao POG, e á súa transformación posterior...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado, militar e corrixidor. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudios de filosofía e leis. En 1808 converteuse en avogado da Real Audiencia de Galicia. Durante a Guerra da Independencia liderou a resistencia da súa comarca fronte aos franceses, cos que se enfrontou en Melide, Arzúa e Sobrado. Foi nomeado comandante de alarma, cargo que desempeñou ata 1814, e procurador síndico das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros. Nas revoltas contra Fernando VII, combateu no bando realista entre 1821 e 1823. Posteriormente, foi nomeado corrixidor da súa vila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. De ideoloxía anarquista, variou cara ao socialismo reformista tralo seu contacto con Anna Mijáilovna. Fundou diversas organizacións e xornais socialistas. Foi o primeiro deputado socialista de Italia (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. Despois dunha longa estadía en Portugal, coñeceu e recibiu as influencias do arcadismo; imitou as églogas virxilianas e foi o primeiro poeta neoclásico do Brasil. Publicou Obras (1768) e o poema épico Vila Rica (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador. Estudiou na Escola de Artes Decorativas de António Arroio (1943-1948), da que foi profesor, e pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa, onde exerceu dende 1976 como profesor na sección de arquitectura. Foi tamén profesor na Sociedade Nacional de Belas-Artes (1968) e na facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa. O seu traballo centrouse no campo do deseño de interiores. Entre as súas intervencións destacan o reitorado da Universidade de Lisboa (1960) e a oficina da TAP en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. Traballou na igrexa de Santo André de Zarracóns (1747) e no palacio do bispo de Ourense frei Agustín Cura (1750). Por estas datas, traballou en Cortegada un mestre canteiro do mesmo nome que realizou a igrexa parroquial de San Martiño de Valongo (1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Destacou na pacificación de Moçambique e dirixiu o levantamento do 25 de maio de 1926, tralo que asumiu a presidencia da República ata o 9 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rois. Da primitiva construción románica conserva no muro da capela maior unha seteira e un agnus dei moi basto, labrado no hastial. O templo ten planta rectangular cunha única nave e unha capela maior. En 1690 construíuse a bóveda, ao longo do s XVIII reformouse a igrexa e en 1817 engadiuse a sancristía. Na fachada principal destaca unha fornela que acolle unha imaxe identificada con san Martiño pero realizada en época anterior á construción da portada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantinos Gavras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción artesanal de paos chantados no chan e cubertos de xesta ou palla, feita especialmente no monte polos cavadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Táboa irregular que se saca da parte exterior do tronco e que normalmente conserva anacos da casca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao terreo que presenta unha pendente.