"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Acuarelista e debuxante ruso. Formouse en Italia e cara ao 1746 trasladouse a Inglaterra. Foi profesor de debuxo en Londres. Cultivou a paisaxe, entendida como unha evocación da natureza na que participaba a imaxinación e a memoria. Escribiu A New Method of Assisting the Invention in Drawing Original Compositions of Landscape (Novo método de axuda para a invención do debuxo de composicións orixinais da paisaxe, 1785-1786). O seu fillo John Robert Cozens (Londres 1752 - 1799) foi tamén pintor e cultivou a acuarela e a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cracovia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cracovia.
-
Baile de orixe polaca que se fixo moi popular a mediados do s XIX.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo escocés. Destacou polos retratos de coñecidos persoeiros ingleses que preparou cun estilo semellante ao da pintura impresionista. Ademais, realizou en 1890 copias pigmentadas dos antigos negativos de David Octavius Hill, coñecidos como fotogravados. No ano 1900, a Royal Photographic Society de Londres ofreceu unha retrospectiva da súa obra. Individualmente, expuxo en diferentes cidades de Europa e EE UU como París, Londres ou Nova York. Publicou Venice and Lombardy: A Series of Original Photographs (Venecia e Lombardia: series de fotografías orixinais, 1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista, pedagogo e compositor. Discípulo de J. S. Schoeteri e M. Clementi, exerceu a docencia e foi editor musical. Da súa produción destacan diversas sonatas e concertos para piano, e o tratado musical Studio per el pianoforte (Estudio para o pianoforte, 1804 e 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucas Kronach.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Ática. Durante o seu reinado os habitantes adoptaron o nome de cranaeos e a cidade de Atenas Cránae. Casou con Pedias, filla do lacedemonio Mines, coa que tivo tres fillas: Cránae, Cranecme e Atis. Trala súa morte, a cidade tomou o nome desta última e pasou a chamarse Ática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banda, xeralmente curvada na parte superior, que representa un segmento dunha coroa.
-
PERSOEIRO
Poeta norteamericano. Publicou, entre outras obras: White Buildings (Edificios brancos, 1926) e The Bridge (A ponte, 1930). En 1933 apareceron postumamente os seus Collected Poems (Poemas escollidos) e en 1952 a súa Correspondencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e xornalista norteamericano. Dentro do realismo máxico, escribiu novelas de temática bélica. Publicou, entre outras obras: The Red Badge of Courage (A vermella insignia do valor, 1893), The Third Violet (A terceira violeta, 1897) e Active Service (Servicio activo, 1899). Tamén escribiu poesía. É autor do volume de versos The Black Riders (Os cabaleiros negros, 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante, ilustrador e pintor inglés, fillo do retratista e miniaturista Thomas Crane (1808-1859). Formouse en Londres (1859-1862) co gravador W. J. Linton e coñeceu a obra dos prerrafaelistas. Foi o primeiro presidente do movemento Arts and Crafts (1888) e un dos promotores do modernismo. Entre os cargos académicos que tivo, destaca a dirección do Royal College of Art (1898-1899). Colaborou en xornais socialistas e na recollida de debuxos en Cartoons for the Cause (Debuxos para a causa, 1896). O seu libro Lines and Outlines (Liñas e perfís, 1875) constitúe o manifesto da súa plástica baseada na liña. Ilustrou tamén libros infantís.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de camaróns de ata 7 cm de lonxitude, de corpo algo translúcido, cor agrisada e ollos grandes. Aliméntanse tanto de pequenos animais como de algas. Viven en augas tranquilas e salobres das marismas e das praias próximas ás embocaduras dos ríos. Son animais proterándricos que durante os dous primeiros anos de vida teñen as gónadas masculinas maduras e, despois deste tempo, madúranlles as gónadas femininas. Os individuos que se comportan como femias teñen dúas postas ao ano duns 10.000 ovos de cada vez, que transportan nas patas abdominais durante dous meses. Poden vivir ata catro anos. A especie C. crangon está presente no Mar Báltico e no Océano Atlántico oriental ata o S da Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provisto de cranio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cranio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cranial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo. Pódense distinguir dúas partes ben diferenciadas: o neurocranio, que recobre o encéfalo, e o esplancnocranio ou esqueleto visceral, de orixe cartilaxinosa, que nos peixes ten como misión principal servir de soporte ás branquias e, filoxeneticamente, orixina as mandíbulas. O neurocranio consta do condrocranio, cartilaxinoso, que forma a base do cranio e as cápsulas dos órganos do olfacto e do oído, e do dermatocranio, formado por ósos de membrana, que constitúe a bóveda cranial. Nos ciclóstomos o cranio é verdadeiramente primitivo; consta só dunha carcasa cartilaxinosa que forma as paredes laterais e unha bóveda sobre o encéfalo. O resto é unicamente tecido conxuntivo fibroso. A parte da cartilaxe, que serve de soporte ás branquias, non ten nada que ver co esqueleto visceral dos outros vertebrados. Os condritios teñen un cranio completamente cartilaxinoso. O condrocranio consta dunha única...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cranio’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esmagamento cirúrxico da cabeza fetal para facilitar a extracción dun feto morto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor intracranial conxénito derivado dos restos do tracto farínxeo-hipofítico primitivo, que pode orixinar síntomas derivados da compresión da hipófise e das vías oculares, como tamén un cadro de hipertensión intracranial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de abrandamento dos ósos do cranio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da antropometría que se ocupa das técnicas de medición dos diámetros, ángulos e capacidade da cabeza humana.