"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Santiago de María (1974), en 1977 foi elixido arcebispo de San Salvador. Defensor apaixonado dos máis oprimidos, morreu asasinado mentres celebraba misa o 24 de marzo de 1980, ao día seguinte de facer unha chamada ao goberno e ao exército para que acabase a represión sobre o pobo salvadoreño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1951 gañou o Premio Nadal con La noria (1952), que iniciou un ciclo de temas realistas e ligados a un mundo de baixos fondos. Posteriormente, publicou El cacique (1963, Premio Planeta) e diversas obras de carácter histórico, como Cara y cruz por la República (1980) e Por qué y cómo mataron a Calvo Sotelo (1983, Premio Espejo de España), xunto con obras en catalán como La finestra (1956), El carrer (1959) e Castell de cartes (1991, Premio Ramon Llull).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Compuxo o tema musical para a canción “Ondiñas da nosa ría”, popularizada como “A Rianxeira”, que foi estreada en Bos Aires en 1950 con letra de Xesús Frieiro e que acadou un grande éxito en América e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Grial e Festa da palabra silenciada. Publicou o estudo Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo (1992) e a recompilación Entrevistas a Rafael Dieste (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueóloga. Foi secretaria da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e dirixiu as escavacións do castro de Borneiro. Publicou El hábitat castreño: asentamientos y arquitectura de los castros del N. O. peninsular (1976); Castro de Borneiro: 1983-1984 (1987); Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995), en colaboración; A fábrica de tabacos da Palloza: produción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997) e Nomes, héroes e mitos: fundadores lendarios e toponimia da cidade coruñesa (1997), en colaboración.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ilustrador. Desenvolveu un estilo neofigurativista cunha importante carga irónica e cunha paleta ás veces cargada de tons agrisados, que dotaron as súas obras dun toque romántico ou misterioso. Nas súas obras diseccionou o máis próximo desde un sentimento que o levou a plasmar afectos e sensacións como escenas, alegorías ou representacións íntimas dos soños nas que amosou a súa capacidade fabulativa. Destacou como debuxante e realizou ilustracións para diferentes publicacións. Da súa produción destaca Desnudo (1988?) e Señor con sombrero (1999). Recibiu o Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica (1910) pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade, como Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas (1913), Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico (1913) e Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Participou como capitán de fragata nas campañas de África (1860) e nas de Santo Domingo (1870). Foi axudante de campo de Amadeo I de España e dirixiu a Escuela Naval. Ascendeu a xeneral (1872) e a vicealmirante (1886), e en 1890 converteuse en ministro de Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Tivo que refuxiarse en Portugal polas súas ideas republicanas e socialistas anárquicas e, a súa volta, tomou parte na Revolución de 1854. Ingresou na Unión Liberal e foi deputado en dez lexislaturas pola provincia da Coruña (1854-1856), polo distrito de Noia (1858-1864 e 1871-1884) e polo distrito de Santiago de Compostela (1865-1871). Foi ministro de Graza e Xustiza (1868-1869) e de Ultramar (1874) e gobernador do Banco de España (1881). Colaborou en El Huracán, El Porvenir e La Nación e escribiu La literatura portuguesa en el siglo XIX: estudo literario (1869). Pertenceu á Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Teoloxía, ordenouse sacerdote en 1977. En 1997 nomeárono bispo auxiliar de Madrid e bispo de Turuda. Dirixiu o Instituto Teolóxico Compostelán e a revista Compostellanum. Publicou Comentario al Apocalipsis (1984), El camino de Santiago (1989) e El Espíritu Santo en los orígenes de la Iglesia (1998), en colaboración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, político, xornalista e escritor. Alcanzou o grao de coronel de cabalaría. Comezou militando no Partido Republicano Federal, pero vinculouse ao anarquismo. Fundou o xornal La Caridad e dirixiu La Ilustración Popular. Escribiu Religión de la Ciencia (1877), La neurosis anárquica (1900), Reflexiones a Pablo (1902), La Trinidad (1906) e Redención económica (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou na Universidad de Valladolid e interouse polo cancro e as novas técnicas para combater esta enfermidade. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro fundador doutras sociedades médicas españolas. Escribiu Galería de médicos gallegos ilustres (1977). Recibiu a medalla de ouro da Asamblea Suprema de la Cruz Roja Española e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ferrol. De estilo modernista, foi obra de Rodolfo Ucha Piñeiro (1910). Consta de tres plantas e ático e nela destaca a decoración das ventás, galerías e miradoiros.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Doutor en Teoloxía, emigrou a Arxentina e foi catedrático de Relixión e Agricultura na Escuela Universitaria Nacional de Tucumán. Publicou Los españoles en la celebración del centenario de la Independencia de Argentina (1916), El sacerdocio católico (1920), El protestantismo (1923), El laicismo (1934) e El Divino Redentor (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista mexicano. Pertenceu ao círculo da Revolución Mexicana. Foi autodidacta e embaixador en Brasil (1937-1939) e Cuba (1939-1943). Tamén foi reitor da Universidad de Morelia (1944). Destacou como narrador coas obras Mi caballo, mi perro y mi rifle (1936) e La vida inútil de Pito Pérez (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Toureiro. Primeira figura do toureo desde 1776, que se retirou en 1799, despois de matar preto de 5.600 touros sen recibir cornada ningunha. Está considerado unha das figuras máis significativas da tauromaquia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Fundou as revistas Hoja del Rosario, Hoja Puntana e Hoja Santiagueña, e cultivou a poesía. Publicou A mis hermanos ausentes (1939), Páginas históricas de la villa de Muros (1940) e El obispo de Mondoñedo y de Oviedo D. Diego de Muros (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto perennifolio recendente, de ata 2 m de altura, moi ramificado, e de follas opostas, lineais, simples e enteiras. As flores están agrupadas en inflorescencias axilares de cor azul violácea, rosa ou, ás veces, abrancazadas, e froito en aquenio. Florece entre abril e novembro en lugares secos. Habita na rexión mediterránea. Emprégase como planta medicinal e como condimento das comidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín tardío romaeus, procedente do grego rhomáios ‘romano’, que pasou a significar na Idade Media ‘romeiro, peregrino que vai a Roma’. Ao igual que Peregrino, Romeu pasou a ser nome propio. En Galicia tamén se rexistra como apelido e como nome común que designa un arbusto (Rosmarinus officinalis).