"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Escritor. Compaxinou o seu traballo como funcionario da delegación provincial de Facenda en Pontevedra co mundo das letras e da lingüística. É autor dunha gramática titulada El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes (1868), que contén unha antoloxía e que segue en exceso os modelos das gramáticas do castelán. No terreo lexicográfico realizou un Dicionario gallego-castellano (1876) (o seu título completo é Dicionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas que figuran en códices, escrituras y documentos antiguos, términos familiares y vulgares y su pronunciación. Para la Escuela de Diplomática, anticuarios, jueces, abogados y otras personas a quienes es indispensable). Para elaborar este dicionario tivo como referencia o que publicara no 1863 Francisco Xavier Rodríguez. Formalmente está coidado xa que intenta achegarse aos estándares da época; nel...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador francés. Traballou ao servizo do elector Maximiliano Manuel II de Baviera e foi discípulo de J. F. Blondel (1720-1724). En 1725 nomeárono arquitecto da Corte de Múnic. Adaptou o rococó ao gusto alemán e fíxoo máis exuberante, para o que fundiu arquitectura e decoración. Entre as súas obras destacan o pavillón de Amalienburg no parque Nymphenburg (1734-1739), en colaboración co estucador Johann-Baptist Zimmermann, e o Residenztheater (1751-1753). En 1738 publicou numerosos gravados dos seus deseños que popularizaron o estilo Luís XV en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe dos principados unidos de Moldavia e Valaquia (1859-1862) e do principado de Romanía (1862-1866). Levou adiante unha reforma agraria, fundou dúas universidades e secularizou os bens da Igrexa. Os estamentos tradicionalistas e conservadores, coa axuda de potencias estranxeiras, obrigárono a abdicar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano italiana. Debutou aos 16 anos en Boloña e en 1722 trasladouse a Londres, onde interpretou o papel de Teofane da ópera Ottone (1723), de Haëndel. Rival de Faustina Bordoni, realizou diversas actuacións por toda Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Entre 1922 e 1939 emigrou a Praga, Berlín e París, por mor da Revolución e da Guerra Civil do seu país. Na súa poesía, clasificada como simbolista, detéctanse influencias da poesía popular e de movementos máis modernos. Publicou, entre outras obras, Večernij al’bom (Álbum de solpor, 1911) e Car-devitsa (A raíña virxe, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Gales, Reino Unido, no condado de Gwent (44.876 h [1993]). Cidade nova, planificouse en 1949.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Rwanda (2.239 km2; 517.550 h [estim 1991]). A capital é Cyangugu (13.400 h [estim 1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros da familia dos licénidos, formado por bolboretas de pequeno tamaño, dunha envergadura de 3 cm. As alas son de cor azul metalizada, co bordo negro e extremo branco, e a parte inferior cincenta con manchas negras bordeadas de branco. En Galicia está presente a especie C. semiargus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos córvidos ao que pertence a pega azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das solanáceas, de ata 3,5 m de altura, pubescentes e con follas en forma de corazón de ata 40 cm de lonxitude. Presentan flores recendentes, pentámeras, con forma de funil e de cor vermella, que dan lugar a froitos en baga alongada, de ata 7 cm de lonxitude e cor laranxa; estes cómense frescos ou cocidos e teñen sabor a tomate acedo. A especie C. betacea, orixinaria de Brasil e Perú, cultívase na rexión andina e noutras zonas subtropicais. En Galicia cultívase como ornamental.
-
PERSOEIRO
Político polaco. Dirixente socialista de Cracovia, desde onde participou na Resistencia contra a ocupación nazi. Secretario xeral do Partido Socialista Polaco (1945-1948), facilitou a unificación deste partido co dos traballadores (comunista) no Partido Obreiro Unificado polaco. Entre 1947 e 1970 ocupou o cargo de primeiro ministro, agás no período 1952-1954. Entre os anos 1970 e 1972 foi presidente do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática escrita por Edmond Rostand en 1897. É unha traxicomedia estruturada en cinco actos e escrita en verso. Os catro primeiros actos desenvólvense no ano 1640 e o quinto en 1655. A figura de Cyrano serve de prototipo do heroe romántico que triunfa sobre as adversidades e consegue o amor da dama. O seu esaxerado nariz é un elemento fundamental no desenvolvemento do drama e ten un papel destacado. Cyrano ama a Roxanne, pero non se atreve a declararlle o seu amor por mor do seu defecto físico. Axuda a Christian de Neuvillette, un nobre cabaleiro sen enxeño, a conseguir tamén o amor de Roxanne escribíndolle cartas de amor para ela. Despois de casar con Roxanne, Christian morre na guerra e Cyrano non descobre o engano das cartas ata que nunha visita ao convento ela se decata. Finalmente, Roxanne confesa, mentres Cyrano agoniza, o seu amor por el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1990. Foi dirixida por Jean-Paul Rappenau e interpretada por Gérard Depardieu, Anne Brochet, Vincent Pérez e Jacques Weber. Trátase dunha adaptación da obra teatral de Edmond Rostand, da que xa se fixeran outras versións anteriores, entre as que destacan a versión muda realizada en 1923 por Augusto Genina e protagonizada por Pierre Magnier; a realizada en 1945 polo francés Fernand Rivers; ou a dirixida en 1950 polo norteamericano Michael Gordon e protagonizada por José Ferrer, interpretación coa que gañou un Oscar ese ano. A versión de Rappenau destaca polo tratamento do tema amoroso e da relación indirecta entre Cyrano e Roxanne. Esta produción gañou un César na edición de 1990.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Librepensador, gozou de considerable fama tanto polo carácter satírico dos seus textos como polo seu nariz grande. Foi autor de obras, como Mort d’Agrippine (A morte de Agripina, 1653) e Le Pédant joué (O pedante enganado, 1654); e de dous libros de ciencia fición, Histoire Comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos estados e imperios da Lúa, 1656) e Histoire Comique des États et Empires du Soleil (Historia cómica dos estados e dos imperios do Sol, 1661), onde realiza unha crítica das institucións sociais e políticas do seu tempo. Foi inmortalizado por Edmond Rostand na obra homónima, Cyrano de Bergerac (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e xornalista. Destacan as súas reportaxes Makatka z jeleniem (Tapiz cun cervo, 1961) e as novelas Pokolenie (Unha xeración, 1951), Tren (A queixa, 1961) e Powódź (A inundación, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Quang Nam-Da Nang, Vietnam, situada ao S da baía do mesmo nome (382.674 h [1992]). Importante porto comercial constituído por un núcleo industrial que produce fíos de algodón, seda, madeiras e manufacturas de pel. Ten unha importante base naval dos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi un dos capitáns de infantería que participaron no levantamento de Solís (1846). Sometido a un consello de guerra, foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar polaco. En 1794, durante a insurrección de Kosciusko, distinguiuse na defensa de Varsovia. Posteriormente, foi a Francia e Italia, onde formou un corpo do exército polaco co que participou nas campañas napoleónicas. En 1814 volveu a Polonia para organizar o exército e foi nomeado senador do Reino de Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pretor romano que chegou a Hispania arredor do ano 300. Segundo a lenda, foi enviado polos emperadores Diocleciano e Maximiano para perseguir os cristiáns e tivo fama de ser moi cruel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dacio/ Dacia.