"APL" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 111.

  • Onomatopea que reproduce o ruído que fai unha cousa ou unha persoa ao caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón que contén unha ou dúas placas fotográficas, fóra da acción da luz, que serve para cargar as cámaras fotográficas de placas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mango en que se encaixa a pluma de escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi director do Harvard College Observatory ata 1952. Destaca por determinar e calibrar (1916--1917) a lei período-luminosidade das variables cefeidas a partir da súa observación dentro dos cúmulos globulares, co que demostrou a súa enorme distancia e, así, as grandes dimensións do Universo. Determinou a dirección do centro da Galaxia (cara á constelación de Saxitario) e calculou a distancia. A comezos da década de1920 realizou, con Slipher e Hubble, as primeiras medidas de desprazamento das liñas espectrais cara ao vermello, que serviron máis tarde para demostrar a expansión do Universo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma feita con terra sobreposta, pedras e outros materiais, xeralmente sostida con paredes de obra, para tapar un baleiro do terreo, para compensar un desnivel, construír camiños, vías férreas ou para limitar correntes de auga.

    2. Pendente pronunciada situada nas beiras dunha vía de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise que afecta ás catro extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tetraplexía.

    2. Que padece tetraplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao núcleo, á célula ou ao organismo que presenta tetraploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do núcleo ou da célula que presenta catro copias de todos os n cromosomas, é dicir son 4n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1919 para continuar os traballos da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Ten como obxectivos o fomento da cooperación entre os químicos dos estados membro, o estudo de temas relacionados coa química de interese internacional onde faga falla regulación, a estandarización ou codificación e a contribución ao desenvolvemento da química pura e aplicada en todos os seus aspectos. Os seus órganos de expresión son o Journal of Pure and Applied Chemistry e o Chemistry International.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO