"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Gran mestre de xadrez, coñecido polo hipocorístico Bobby Fisher . En 1958, con 15 anos de idade, gañou o campionato estadounidense. En 1972 proclamouse campión mundial. A súa negativa a defender o título en 1974 fronte ao Soviético A. Karpov, obrigou a Federación Internacional de Xadrez a desposuílo do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre fundada por James Fitz-James Stuart , duque de Berwick. A rama española da familia foi iniciada por Jacobo Fitz-James Stuart y Colón de Portugal (1718-1785), terceiro duque de Berwick, de Liria e de Jérica, e desde 1777, XIV conde de Lemos, ao ser o herdeiro do anterior conde como neto do VIII conde de Lemos. Dende entón teñen a titularidade do condado de Lemos e dende 1953 recaeu na XXII condesa de Lemos e duquesa de Alba, de Berwick, de Liria e de Jérica, María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva (1920). A rama francesa da familia iniciouna Charles Fitz-James Stuart (1712-1787), segundo duque de Fitz-James, e extinguiuse en 1938 trala morte do seu último descendente.
-
PERSOEIRO
Militar inglés. Duque de Berwick, de Fitz-James, de Liria e de Jérica, conde de Teignmouth, mariscal de Francia e fundador da familia Fitz-James. Fillo ilexítimo de Xacobe II de Inglaterra, estableceuse en 1691 en Francia como lugartenente xeral dos exércitos de Luís XIV. En 1704 foi enviado a España ao mando das tropas francesas ao servizo de Filipe V. Trala súa vitoria na Batalla de Almansa (1707), recibiu os títulos de duque de Liria e Jérica coa grandeza de España. En 1709 na campaña contra Uxío de Savoia defendeu a fronteira SL de Francia e sitiou Barcelona (1714). En 1719 dirixiu as tropas francesas destinadas pola Cuádrupla Alianza para forzar a Filipe V a cumprir os tratados de Utrecht e Rasttat. Ao iniciarse a Guerra de Sucesión de Polonia dirixiu as operacións no Rin. Publicou as súas Memoirs (Memorias, 1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar irlandés. Liderou a flota, composta por mariños galegos e italianos, que saíu de Ferrol e desembarcou en xuño de 1579 na baía de Dingle; tiña como obxectivo acabar co dominio inglés da illa de Irlanda e restaurar nela o catolicismo romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Parlamentario liberal, foi ministro de Exteriores en catro ocasións. Partidario da emancipación dos EE UU, da igualdade de dereitos civís en Irlanda e das reformas constitucionais en Inglaterra, foi o artífice da abolición da escravitude no Reino Unido. Opúxose ao despotismo do Rei Xurxo III e defendeu a Revolución Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico. Colaborou no proxecto Manhattan, que desenvolveu a bomba atómica, confirmou as teorías de Bohr e descubriu a transmisión de enerxía en sistemas atómicos en estado de fluorescencia. En 1926 descubriu o principio Franck-Condon en colaboración con E. V. Condon. No 1925 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con L. Hertz, polo descubrimento das leis do impacto dun electrón cun átomo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e historiador das relixións. Foi un dos primeiros autores en desenvolver grandes estudios recompilatorios de antropoloxía. Entre as súas obras destacan The Golden Bough (1890-1915), unha obra en doce volumes sobre mitos, rituais, maxia e tabúes na que formulou a idea de que a cultura humana evoluciona a partir da crenza na maxia, que precede á relixión e desemboca na ciencia; Totemism and Exogamy (1910), e Folklore in the Old Testament (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador británico. Educado na Universidade de Oxford, centrou as súas investigacións na Idade Moderna e influíu na historiografía posterior da época Tudor. Das súas obras destaca History of England from the Fall of Wolsey to the Defeat of the Spanish Armada (1856-1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Senador republicano en 1859, e congresista en 1863, en 1876 converteuse en líder do partido e foi elixido presidente dos EE UU en 1880. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composición épica mesopotámica, contida en doce táboas. Coñecida a través dunha recensión asiria (s VIII a C), conta a historia de Gilgameš (s XXVII a C), rei lendario de Uruk (Babilonia). Empeza cunha introdución de tipo histórico e desenvólvese en catro episodios; no terceiro deles, o heroe, aterrorizado pola morte do seu amigo Enkidu, inicia a busca da immortalidade, que finalmente perderá.
-
PERSOEIRO
Caricaturista inglés. Consagrouse na sátira política contra o Rei Xurxo III e a súa corte e contra Francia, especialmente contra a Revolución Francesa e Napoleón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou como ilustrador de xornais. Foi membro de The Eight e da Ash Can School. Cultivou o realismo social pero cun colorido de orixe impresionista. Das súas obras destaca Chez Mouquin (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar escocés. Marqués de Montrose, defendeu os presbiterianos. Uniuse ao realistas e sobresaíu nas campañas contra os presbiterianos (1644-1645). Exiliouse trala derrota de Naseby (1645). Posteriormente, foi levado ante Carlos II de Inglaterra e regresou a Escocia (1649) pero foi aprisionado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo estadounidense. Foi director do Geological Survey do estado de New York e do museo de historia natural de Albany. É coñecido polas súas teorías relacionadas co concepto do xeosinclinal que postulou ao tratar de explicar as formacións paleozoicas dos Apalaches. Escribiu Geology of New York (1843) e Paleontology of New York (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político escocés. Dirixente sindical dos mineiros escoceses, fundou o Independent Labour Party (1893) que, unido con outros grupos, deu lugar ao Labour Party, que presidiu. Foi deputado (1900-1915) e opúxose á participación británica na Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor inglés. Foi fiador de Standhill, en 1764 inventou a spinning-jenny, primeira máquina fiadora, que traballaba manualmente, que podía fíar distintos fíos ao mesmo tempo. Nos anos seguintes construíu algunhas spinning-jenny que foron destruídas en 1768. Trasladouse a Nottingham, onde instalou unha pequena fábrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Desenvolveu teorías e métodos de análise de datos estatísticos aplicables non só á economía senón tamén a outras ciencias sociais. Obtivo o Premio Nobel de Economía en 2000 xunto con D. McFadden.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra, compositor e pianista de jazz estadounidense. En 1932 formou a primeira grande orquestra, na que colaboraron músicos de sona como L. Armstrong e R. Eldridge. A metade da década de 1930 traballou como compositor para outros directores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Coñecido como Ted Hughes, estivo casado durante algún tempo coa poetisa Sylvia Plath. Escribiu The Hawk in the Rain (1957), The Crow (1970-1973), Prometheus on His Grag (1973), Under the North Star (1981) e Flowers and Insects (1986). Recibiu en 1958 o premio Guinness Poetry Award.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista inglés. Colaborou en diarios de tendencia liberal, como The Examiner e, en Italia, na revista The Liberal. Escribiu o poema narrativo prerromántico The Story of Rimini (1816) e ensaios, como Imagination and Fancy (1844) e The Town (1848).
VER O DETALLE DO TERMO