"Arón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de parónimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paronimia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á palabra que se relaciona con outra ou outras pola súa similitude formal, etimolóxica ou fonética. Por exemplo, son parónimos túmulo e tálamo, dispensa e despensa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de palabras en que se opoñen dúas palabras que só se diferencian nalgún fonema, ou cando se emprega a mesma palabra con dous sentidos diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paronomasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, ás veces leñosas, da familia das carofiláceas, que presentan o talo prostrado, follas opostas, coas flores de cor branca dispostas en glomérulos, e co froito en utrículo e coas sementes de cor parda. En Galicia está presente a especie P. argentea.
-
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe galega que trae como armas en escudo partido: primeira partición, en campo de prata seis flores de lis, de azul, dispostas en dous paus e segunda, en campo de goles, tres paus de ouro. Outra variante trae, en escudo partido: primeira partición, en campo de azul, un voitre, ao natural e segunda, en campo de ouro, unha ponte de pedra pola que pasan uns mouros. Outra trae, en campo de goles, bordura de ouro e azul.
-
-
PERSOEIRO
Xurista, irmán de Ubaldo e Manuel Pasarón Lastra. Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo e pola provincia de Lugo (1850-1852) e intendente xeral de Cuba (1854-1856). Foi gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso. Escribiu Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias (1853), Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853 (1853) e La Isla de Cuba considerada económicamente (1858). O seu irmán Manuel Pasarón Lastra (Castropol s XIX) foi xuíz en Ordes, secretario da Audiencia da Coruña e deputado pola provincia de Lugo (1854-1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e poeta, irmán de Ramón e Manuel Pasarón Lastra. Capitán do exército, foi destinado a Hispanoamérica. Proxectou a construción dun dirixible para a navegación aerostática que non se chegou a realizar. A súa obra poética está moi vinculada ao romanticismo, se ben non segue o canon establecido polo movemento. Colaborador de diversos xornais madrileños, editou Compendio de la historia de los árabes y berebéres: dividida en cuatro épocas (1860), baseado en textos do cabaleiro Florián; e, ademais de diversas obras teatrais, publicou Poesías y Leyendas (1850), Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861) e o estudo Pilotage aeronáutico (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema formado polo axuste entre un electrón e o campo de deformacións que produce a rede cristalina dun semicondutor a causa da interacción cos ións ou átomos da rede.
-
PERSOEIRO
Cantante. En 1956 editou o seu primeiro disco, Heartbreak Hotel, co que se converteu no difusor do ritmo de rock-and-roll a escala mundial. Autor dunha abundante discografía, como Blue Suede Shoes (1958), Moon-light Swim, Aloha from Hawaii (1973) e Promised Land (1975), converteuse nun mito musical, especialmente con temas como “Suspicious Minds”, “Don’t Cry Daddy” e “In the Ghetto”. Actuou en máis de trinta de filmes, como Love me Tender (1956), King Creole (1958) e Blue Hawaii (1961). Recibiu tres premios Grammy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gaspard Clair François Marie Riche de Prony.
-
-
GOLFOS
Ou golfo de Egina Golfo situado en Grecia meridional que se abre entre Argolia e Ática. A través do canal de Corinto está comunicado co golfo de Corinto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ariel Scheinerman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adherencia cicatricial parcial ou completa entre as pálpebras e o globo ocular.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Na década de 1930 deuse a coñecer coas series fotográficas de crítica social que fixo para a Photo League, centradas nos barrios do Harlem (1936-1940). Influído por Pollock, evolucionou cara á fotografía abstracta e de aí á expresión obxectiva. Foi un dos fundadores da Society Photographic Education (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo das costas do S do Peloponeso, Grecia, que constitúe a punta meridional do monte Taíget.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fosa mariña situada na conca oriental do Mediterráneo, entre o cabo de Taínaron e a illa de Creta. Con 4.404 m constitúe a máxima profundidade do Mediterráneo.
-
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Da súa obra, en que trata sobre homes e paisaxes de Transilvania, destacan as novelas Ábel a rengetegben (Abel na selva, 1932), Ábel az országban (Abel no país, 1933), Ábel Amerikában (Abel en América, 1934) e Sziron és Boly (1960), ademais dos contos recollidos en Világ és holdvilág (Mundo e craro de lúa, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO