"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

    1. Mover o corpo sinuosamente cando se camiña.

    2. Camiñar un cuadrúpede a bo paso, movendo ao mesmo tempo as patas dun mesmo lado, como a xirafa, o camelo, o oso, o elefante ,e ás veces, os cabalos.

    3. Manter relacións sexuais. OBS: Nas cantigas de maldicir galego-portuguesas (especialmente de temática erótico-sexual), era frecuente o emprego deste termo xogando co seu dobre sentido (aequivocatio) ao encobrir este matiz obsceno. Así, podemos atopar exemplos como o seguinte tirado de Afons’Eanes de Coton: “e per ensinar a molher / coitada, que a vós veer, / señor, que non souber ambrar” (5-7 IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Foi redactor de El emancipador Gallego (1840), publicación que defendía a liberdade de ensino. Ademais foi alcalde de Santiago de 1865 a 1867. Publicou Curso de Economía política (1840) e unha serie de artigos titulados, “Sobre foros y censos de Galicia”, publicados en El Correo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (17.675 km2; 3.094.783 h [1995]). A súa capital é Awka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico da poesía grega e latina formado tres sílabas, que seguen a ordenación de unha longa entre dúas breves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anfíbraco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés, experto en temas persas e na relixión mazdeísta. Publicou a primeira tradución francesa da Avesta (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da extremidade superior ou torácica dos primates, entre eles o home, comprendida entre o cóbado e o pulso. Está constituído por dous ósos, o radio e o cúbito, e vinte músculos. Está irrigado principalmente polas arterias radial e cubital e por veas que desembocan na axilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo que amortece as vibracións e oscilacións dun sistema mecánico.

    2. Dispositivo empregado para evitar que as máquinas e os motores transmitan vibracións ao exterior durante o seu funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubriren as nubes o azul do ceo ou a luz dun astro, especialmente do Sol e da Lúa.

    2. Perda ou diminución momentánea da capacidade de percepción visual ou racional.

    3. Entristecer, escurecer, esmorecer.

    4. Cubrirse o ceo de nubes.

    5. Perda ou diminución momentánea da capacidade de percepción visual ou racional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘esconder, gardar e tapar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concertar un trato ou negocio de palabra, acordar verbalmente.

    2. Obrigarse, comprometerse baixo palabra para un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence aos aplousobranquiados.

    2. Individuo da orde dos aplousobranquiados.

    3. Orde de ascidiáceos integrados por animais procordados, que teñen o corpo alongado e dividido en dúas ou tres partes. Son coloniais. Reprodúcense sexualmente ou de foma asexual por xemación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia protexida como Espazo Natural situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 800 metros ANCHURA MEDIA: 30 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Participou dende 1890 ao 1900 no grupo dos Ambulantes. A súa obra é de feitura expresionista.

    VER O DETALLE DO TERMO