"Brie" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Sociólogo. A partir do estudo de criminais desenvolveu unha teoría dos procesos de interacción social. Das súas obras cómpre destacar Les lois de l’imitation (1890) e Les lois sociaux (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido como Tirso de Molina, está considerado un dos autores máis importantes da literatura española. Seguidor e defensor de Lope de Vega, ao que superou nalgún aspecto da súa obra, destacou na profundidade psicolóxica e na creación de caracteres dos personaxes, algúns tan salientables como o tipo de Don Juan, e no contido que concede aos personaxes femininos. A súa produción foi moi extensa e abarca diversos xéneros: comedias relixiosas, como La venganza de Tamar e, sobre todo, El condenado por desconfiado, en que trata o problema da predestinación e a graza divina; comedias histórico-lendarias, como La prudencia en la mujer, en que introduciu ao extraordinario personaxe de María de Molina, e, sobre todo, El burlador de Sevilla y convidado de piedra, unha xenial creación do carácter de Don Juan Tenorio, que deu pé a diversas imitacións posteriores; comedias de costumes, como El vergonzoso en palacio; e comedias de intriga,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente de Uruguay (1931-1934), deu un golpe de estado en 1933 e promulgou unha nova Constitución. Reelixido en 1934, gobernou ditatorialmente ata 1938.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo satélite de Urano, descuberto por W. Lassell o 24 de outubro de 1851. Está a unha distancia media do centro de Urano de 267.000 km. O período de revolución sideral é de 4 días, 3 h, 27 min e 37 s, e o movemento ten lugar en sentido retrógrado. Ten un diámetro duns 1.000 km e unha masa de 11,7×1030 kg. Cando Urano está en oposición, o seu satélite obsérvase como un astro de magnitude 14,8.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Plácido, a súa poesía estivo moi influída polo romanticismo español e foi recollida no volume titulado Poesías Completas (1886), con 210 composicións inéditas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Foi nomeado director en xefe de camiños veciñais da Deputación Provincial (1870). Influído polo eclecticismo francés, reinterpretou a galería introducindo, entre outros, elementos neogóticos. Realizou edificios de vivendas na Coruña e o Obelisco (1895), na honra de Aureliano Linares Rivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial francés. En 1906 ideou un modelo de biplano con flotadores que constituíu o primeiro hidroavión. Co seu irmán, Charles Voisin (Lyon 1882 - Corselles 1912), dedicouse á construción de diversos modelos de avións. Tamén se dedicou á fabricación de automóbiles.
VER O DETALLE DO TERMO