"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia artística de Roma fundada por Federico Zuccari no ano 1593. Ademais das súas actividades pedagóxicas, tivo importantes funcións representativas e unha intensa vida corporativa, estando aberta aos artistas estranxeiros. Desapareceu no ano 1874, coa creación do Reale Istituto delle Belle Arti, que asumiu as súas funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución florentina promovida por Cósimo de Médicis, quen concibira a idea de facer revivir en Florencia a Academia de Platón, influído polo platonismo de Georgios Gemistós Plēthōn. Neste sentido, foi Cósimo de Médicis quen no ano 1463 lle encargou a M. Ficino a tradución da obra de Platón e lle cedeu a vila de Montevecchio (Careggi), que a partir dese momento pasou a chamarse Academia. A Academia opúñase ao aristotelismo averroísta, tentando conciliar platonismo e cristianismo. Disolveuse no ano 1521.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece a Accademia Romana. A denominación de Pomponiana deriva do seu fundador, o humanista Pomponio Leto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Academia Pontaniana Institución fundada cara ao ano 1440 en Nápoles baixo a protección de Alfonso IV de Aragón, de onde deriva o seu primeiro nome de Academia Alfonsina. Nos comezos os seus membros reuníanse ao redor de Antonio Becadelli, o Panormita (deste alcume deriva o nome de Academia Panormitana), e á súa morte dirixiuna Giovanni Pontano, de quen toma o nome definitivo. Os seus obxectivos eran a realización de estudios filolóxicos e a promoción dos escritores napolitanos (Sannazzaro, etc). Disolveuse a mediados do s XVI e rexurdiu nos primeiros anos do s XIX con obxectivos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente ou instalación, nos casos de fabricación industrial, para a transformación dos líquidos alcohólicos en vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de achancar.

    2. Paso longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de adamascar.

    2. Semellante ao damasco ou que contén elementos deste tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen adxudica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificador de materias sólidas que emprega unha corrente gasosa como vehículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aforcar.

    2. Persoa que morre por aforcamento.

    3. Persoa que padece penurias económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fonema propio dalgunhas linguas que presenta un modo de articulación composto de dous momentos, un de oclusión e outro, subseguinte, de fricación, sendo ambos os dous homorgánicos e formados nun mesmo lugar de articulación ou moi próximos. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego e a Gramática Galega (1986) o galego presenta un único fonema deste tipo: /c/, africado prepalatal xordo, grafado como ch (chambón, chave, coche).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Ducado formado polo territorio ocupado polos alamanos no s VI baixo a soberanía franca. Contra o 650 foi suprimido e dividido en dous ducados: o de Alsacia e o de Suabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de gran lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Designación habitual do ducado de Alba de Tormes, título de Castela. Gutiérrez Álvarez de Toledo e de Ayala, Arcebispo de Sevilla e de Toledo, recibiu o señorío de Alba de Tormes (1430). No 1459 o título foi elevado a condado a favor do seu sobriño e sucesor: Fernando Álvarez de Toledo e Sarmiento; o seu fillo, García, recibiu o título de duque de Alba de Tormes en 1469, o privilexio do cal non foi expedido ata 1472. Os seus sucesores inmediatos foron personaxes moi destacadas, especialmente no terreo militar, durante os reinados dos Reis Católicos, de Carlos I e de Filipe II. O terceiro duque, Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, nomeado, xeralmente, o Gran Duque de Alba, é o personaxe máis destacado da dinastía. Posúe actualmente unha das fortunas máis grandes de toda España, baseada orixinalmente nas súas grandes propiedades agrarias de orixe señorial, conservadas durante os ss XIX e XX.

    VER O DETALLE DO TERMO