"CIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

  • Relativo ou pertencente á docimasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento cordófono da familia das cítaras sen diapasón, de cordas percutidas por dúas baquetas moi finas (ou por un mecanismo), afinadas diatonicamente e fixadas sobre unha caixa de resonancia de forma trapezoidal ou rectangular. Empregouse sobre todo na Idade Media.

    2. Antiga denominación do tímpano que se conservou en inglés para referirse a este instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa formada por doce versos que pode presentar calquera rima e tipo de verso. Recoñécense dúas variedades: duodécima crebada, de doce versos crebados, e duodécima simétrica, de doce versos simétricos, segundo a disposición das súas rimas e dos versos crebados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten como base o número doce.

    2. Sistema de numeración en que os números están representados como combinacións lineais de potencias de doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número doce nunha serie. OBS: Tamén se emprega a expresión décimo segundo.

    2. Que corresponde a cada unha das doce partes en que se pode dividir un todo.

    3. Cada unha das doce partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun lugar superior respecto a algo, sobre todo cando hai contacto físico entre as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á peza ou figura posta na parte superior doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo ou cousa que se toma como representante da especie á que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medición da fotoelasticidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir frecuencias magnéticas eléctricas alternas. Poden ser de diversos tipos: de láminas vibrantes, de bobina móbil ou de relación. Os de láminas vibrantes empréganse en corrente alterna industrial de 50 (ou 60) Hz, e constan dunha serie de láminas de diferente lonxitude que son excitables magneticamente, de maneira que a lámina que ten unha frecuencia propia igual á que se mide, entra en vibración. Para radiofrecuencias empréganse os heterodinos, os ondómetros e aparatos como a ponte de Wien. Os frecuencímetros dixitais realizan a medición mediante contadores dixitais, que calculan o número de ciclos do sinal durante un certo período de tempo e despois visualizan a magnitude baixo unha forma numérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor das universidades de Barcelona (1933-1954) e Madrid (1954-1970?), centrou os seus estudios na análise económica e social da Idade Media. Discípulo de C. Sánchez Albornoz, formou parte do Centro de Estudios Históricos. Das súas obras destacan Historia de España (De los orígenes a la baja edad media) (1952), Historia de las instituciones españolas (De los orígenes al final de la edad media) (1968) e El feudalismo hispánico y otros estudios de historia medieval (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lamelibranquios, da familia dos gliciméridos, de cuncha moi forte e redonda, equivalvos e sen biso. Habitan a uns 20-25 m de profundidade en todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse co seu pai, Salvador Gutiérrez de la Concha y Arce. Realizou estudios de pintura, idiomas e calcografía, ao tempo que estudiaba naútica na Coruña. Cultivou principalmente a acuarela, pero tamén o óleo, a témpera, o debuxo e o gravado. Centrouse en temas mariños caracterizados pola busca do xogo lumínico. Realizou exposicións individuais na Coruña, Madrid, Ribadeo, Lugo ou Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta de dezaseis elementos.

    2. Aplícase ao sistema de numeración de base dezaseis. Para representar as cifras de máis de 9 empréganse as letras maiúsculas A, B, C, D, E e F. Así, o número 0101 1010 1110 1111 escríbese 5AEF. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mimo romano. O seu labor artístico desenvolveuse na época en que agromaba con forza unha farsa de carácter popular que deu continuidade á comedia latina. Foi, xunto con Publilio Siro, un dos autores que deu calidade literaria ao vello xénero do mimo. Deixou diversas obras que se agrupan baixo a denominación de Mimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de lucir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Dadín (O Irixo) e A Piteira (O Carballiño). O seu cumio acada os 849 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). De planta irregular, próxima á forma de U, presenta dúas fachadas e conta con dous patios, un no lateral e outro na parte posterior. Nunha das ás álzase unha torre de planta cadrada. Destaca a cheminea de tres corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Pelé, en 1956 ingresou no Santos, club de São Paulo co que gañou dúas edicións da Copa Libertadores (1962 e 1963), da Copa Intercontinental (1962 e 1963) e cinco títulos consecutivos do Campionato de Brasil (1961-1965). É o único xogador da historia que logrou tres triunfos na Copa do Mundo, en Suecia (1958), Chile (1962) e México (1970). En 1995 foi nomeado ministro extraordinario de Deportes de Brasil e en 2000 a FIFA nomeouno mellor xogador do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO