"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración da célula debida á acción de lisinas, a unha diferenza de presión osmótica, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que produce a destrución ou lise dunha célula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en citoloxía.
-
-
Rama da bioloxía que estudia a estrutura e función da célula. O desenvolvemento da citoloxía estivo intimamente ligado ao proceso da teoría celular e aos avances técnicos dos medios de observación, como o microscopio. En 1625 F. Cesi e F. Stelluti publicaron Apiarium, primeira obra coñecida de obxectos examinados co microscopio. Posteriormente, en 1665, R. Hooke editou a súa Micrographia, obra na que aparece a primeira descrición das células vexetais. Segundo Hooke, a cortiza e outros tecidos vexetais estaban feitos de buracos pequenos, que denominou celas pola súa semellanza coas dun panal de abellas. A célula recibiu distintos nomes, ata que, dende comezos do s XIX, se popularizou o nome actual. En 1757 A. von Haller describiu por vez primeira a fibra, e desta idea naceu a dos tecidos, que estudiaría Bichat maxistralmente. Moldenhawer, coa maceración de órganos vexetais, illou as células en 1812 e demostrou que cada unha ten parede propia e...
-
-
Estudio das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido, dun fluído, etc, que se realiza con finalidade diagnóstica.
-
citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal
Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina que, despois dunha tinguidura especial, se observa polo microscopio. Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citoloxía ou á célula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico duns virus de ADN do grupo dos herpes virus. Causan infeccións, en xeral frecuentes e asintomáticas. En individuos coas defensas diminuídas poden ser graves e xeneralizadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración na forma ou función das células. Particularmente, refírese á alteración histolóxica producida na substitución reversible dunha célula adulta por outra tamén adulta, de xeito que se experimenta un cambio tisular de morfoloxía e función.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso celular de transporte activo de vacúolos líquidos a través da célula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Déficit de elementos celulares, especialmente no sangue circulante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituínte fundamental da célula, delimitado pola membrana plasmática e pola membrana nuclear, onde van incluídos todos os restantes elementos celulares. Co microscopio óptico aparece como unha masa fluída e homoxénea, máis ou menos transparente, a miúdo máis refrinxente ca a auga. Durante moito tempo admitíronse tres partes fundamentais no citoplasma: o ectoplasma ou citoplasma periférico, practicamente adherido á membrana esquelética celular; o tonoplasma, que limita cos vacúolos; e o endoplasma, que corresponde co resto. A súa composición química varía moito dunha célula a outra e tamén conforme ás funcións celulares. A auga é vital para o citoplasma e a súa proporción é moi distinta entre as diferentes células segundo o seu estado fisiolóxico. Pode darse en tres formas: auga ligada, que forma parte dun determinado número de moléculas; auga libre, que circula polos tecidos e enche os vacúolos; e auga de imbibición (a forma máis...
-
-
Relativo ou pertencente ao citoplasma.
-
Nome aplicado a un orgánulo celular do citoplasma ou a unha inclusión citoplasmática.
-
ciclose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orificio polo que algúns protozoos expulsan os materiais non dixeridos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da citoloxía e da bioquímica que estudia a distribución de compostos bioquímicos, zonas de reacción, etc, por medios físicos e químicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citoquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Factor soluble segregado polos leucocitos, que actúan como sinal para outros leucocitos. Hai dous tipos básicos: as linfoquinas, segregadas polos linfocitos, e as monoquinas, segregadas polos macrófagos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona vexetal que regula a división celular. As citoquininas estimulan o alongamento das células, exercen unha acción morfoxenética ao inducir a formación de órganos, inhiben a elongación do eixe principal das raíces e atrasan a senescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base pirimidínica moi distribuída na natureza como parte da citidina e dos nucleótidos que derivan dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción líquida do citoplasma. É a fracción líquida que queda despois de extraerse os orgánulos celulares e outras partículas sólidas, xeralmente por centrifugación de homoxenados celulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fármaco que detén a división das células ou o seu crecemento ao inhibir a mitose; por esta razón, emprégase na terapéutica do cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura diferenciada dalgúns protozoos por onde penetran os alimentos, dirixidos polas correntes que producen os cilios.