"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Santa Comba de Orizón (concello de Castro de Rei) e A Meda (concello de Castroverde). O seu cumio acada os 631 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cánido de ata 97 cm de lonxitude corporal, ademais da cola que acada os 38 cm, e unha altura ata a cruz de ata 53 cm. A súa pelaxe é de cor parda cinsenta, coas orellas máis amarelentas, a gorxa e o ventre de cor branca e con manchas negras nas patas dianteiras. Depredadores oportunistas, poden cazar en grupo a grandes mamíferos como os cervos. Os machos son de maior tamaño ca as femias e a parella establécese de por vida. Anualmente crían unha camada, as máis das veces nun tobo abandonado, dunhas seis crías que se manteñen cos pais formando unha pequena manda, un ano antes de dispersarse para atopar unha área propia. Marcan o territorio cos ouriños, ladridos e ouveos. Habita en chairas, pradeiras e zonas áridas de Norteamérica onde, a partir do s XIX, debido á desaparición dos lobos americanos, se estendeu dende o N do continente ata Costa Rica e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área salina de Bolivia, no departamento de Oruro. Está situado nos Andes centrais, na rexión do Altiplano boliviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rillador acuático de cabeza grande e corpo groso, que acada os 60 cm de lonxitude, dotado dunha cola cilíndrica de ata 45 cm recuberta de escamas. Acada un peso de 6,5 kg. O pelame é de cor parda clara, agás o fociño e as meixelas que son de cor branca. Presentan uns incisivos de gran tamaño e de cor laranxa que sempre permanecen expostos ao pechar os beizos por detrás deles. As orellas son pequenas e os ollos e os orificios nasais están dispostos na parte alta da cabeza, feito que lles permite respirar e observar o contorno mentres nadan case que totalmente somerxidos. As patas presentan unllas moi desenvolvidas, aptas para escavar, e os pés posteriores son palmados. Nadan e somérxense con facilidade e cando se senten ameazados poden permanecer baixo a auga algúns minutos. Aliméntanse principalmente de plantas acuáticas, especialmente das partes basais e de raíces. É unha especie orixinaria da metade meridional de Sudamérica que se cría en catividade en granxas peleteiras de Norteamérica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel dun animal.

    2. Muller que se dedica á prostitución.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vergoña’.

    4. Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘prostituta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano de Chur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do N da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia de Goiáns (concello de Porto do Son), ao S de Portosín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. En 1995 ingresou nos equipos inferiores da SAD Compostela. Na tempada 1998-1999 converteuse no defensa lateral dereito titular do primeiro equipo do club santiagués, na Segunda División. Foi convocado pola selección española para participar no Campionato Mundial sub-20 que se celebrou en Nixeria en 1999, e coa que se proclamou Campión do Mundo. Na campaña seguinte (1999-2000), o Compostela traspasouno ao Real Club Celta de Vigo, equipo co que debutou na Primeira División española e nas competicións europeas de clubs, a Copa da UEFA nas tempadas 1999-2000 e 2000-2001 e a Copa Intertoto do ano 2000; este último torneo, gañado polo RC Celta, foi o seu segundo título internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista. Ademais de dedicarse ao cine traballou como director de pequenas pezas teatrais na Sala Nasa de Santiago de Compostela. En televisión cómpre destacar a súa participación como guionista e realizador en anuncios publicitarios e en series emitidas pola TVG (Pratos combinados ou Mareas vivas). Debutou como guionista e director cinematográfico con Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995), á que seguiron O Matachín (1996) e A ti cómo se che di adeus? (1998). Tamén traballou como actor en varias curtametraxes e como crítico de cine para El Correo Gallego e Santiago 7 días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, guionista e escritor. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e diplomouse en Cinematografía pola Universidad de Valladolid. A súa traxectoria profesional comezou en 1982 como crítico cinematográfico en El Correo Gallego. De 1988 a 1990 foi responsable da Área da Imaxe na consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), desde a súa creación en 1990-1991 ata 1997. Foi profesor de Produción de TV na Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña (1997-2000), e con anterioridade, guionista de programas televisivos como Luces da cidade (1989-1990). Traballa como director da sección de novos proxectos na produtora NTR (Noroeste Televisión Radio). Participou nas obras colectivas Historia do cine en Galicia (1996), Dicionario del cine español (1998), realizou un estudo biofilmográfico, Antonio Román. Director de cine (1999) e traduciu a obra Notas sobre o cinematógrafo (1993), de Robert Bresson. Foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado armado cunha coiraza. Nos ss XVI e XVII constituíron a cabalería pesada e levaban, ademais, outras pezas como o helmo, as ombreiras, unha espada longa e dúas pistolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de coiro vello e sen valor ningún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Piñor baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista, psicólogo e musicólogo francés. Estudiou a canción tradicional francesa. Escribiu, entre outras obras: Recherches sur notre ancienne chanson populaire traditionnelle (Anotacións sobre a nosa antiga canción popular tradicional, 1927-1933), Notre chanson folklorique (A nosa canción folclórica, 1941) e La formation de nos chansons folkloriques (A formación das nosas cancións folclóricas, 1953-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento do arnés que protexía o corpo. Nos ss XIII e XIV designaba as defensas do corpo, ás veces con dúas pezas, unha para o peito e outra para o dorso, con manga e gorgueira compostas dunha cuberta superior de coiro, de onde provén o nome de coiraza, enriba de tres teas de cánabo, que levan no interior imbricadas placas de ferro, fixadas cada unha con tres cravos. O conxunto revestíase con seda. A partir do s XV continuouse dando o nome de coiraza ás placas, defensas do peito ou das costas, de ferro ou de aceiro, ás veces forradas de ricas teas.

    2. Revestimento formado por pranchas de ferro ou de aceiro que protexe a carrocería de certos vehículos ou barcos de guerra que levan blindaxe.

    3. Cuberta dura que protexe externamente o corpo de certos animais, como as tartarugas.

    4. Capa dura que se presenta na superficie dalgúns solos de países intertropicais. A súa formación débese á concentración de hidróxidos de ferro e aluminio. Tamén se denomina laterita.

    5. Revestimento protector dos cables eléctricos constituído por unha cuberta metálica continua e flexible.

    6. Cousa sen entidade física que protexe de algo. Ex: Utilizou a súa posición como unha coiraza diante dos compañeiros.

    7. Revestimento que protexía as antas megalíticas para resaltar a súa monumentalidade, debido a que marcaba dun xeito rotundo a oposición entre o espazo arquitectónico (a mámoa) e o natural (a paisaxe). Formado por pedras de tamaño regular, impedía a destrución da masa tumular. Posiblemente cubrise todo o conxunto tumular agás a lousa de cubrición da anta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitas engurras na cara.

    2. Aplícase á carne que segue dura despois de cocela ou guisala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel que recobre a carne dos animais. Na tradición popular recóllense os seguintes ditos: “Do coiro alleo, boas peallas se fan. Do coiro, che han de saír as correas, inda que ti o non creas”.

      1. Pel curtida e preparada para diversos usos industriais.

      2. coiro antigo

        Coiro cun acabado bicolor que recorda as peles envellecidas polo uso.

      3. coiro artificial

        Materia obtida ao aglomerar dentro dunha substancia plástica fibras moídas de pel.

      4. coiro cru

        Coiro sen curtir que soamente tivo o proceso de limpeza.

      5. coiro de tripa

        Coiro antes de curtir, despois ou nas últimas fases do proceso.

      6. coiro en bruto

        Coiro despois de espelicado o animal, antes do comezo da fabricación.

      7. coiro engraxado

        Coiro curtido, impregnado de substancias graxas, antigamente empregado para a cuberta dos zapatos e para usos industriais.

      8. coiro en pel

        Coiro en bruto.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cangas baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO