"Diego" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Escritor. Frecuentou moito a corte e foi ordenado sacerdote aos 52 anos. A súa obra máis coñecida é a historia da súa vida, que entronca, en parte, coas narracións picarescas, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Dr. D. Diego de Torres Villarroel (1743). Admirador de Quevedo, imitouno nos seus Sueños morales, visiones y visitas de Torres con D. Francisco de Quevedo por Madrid (1727-1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Reformou a Universidade de Santiago de Compostela a partir dun informe do claustro universitario enviado a Fernando VI. Saneou a economía, reforzou a figura do reitor, creou novas cátedras e impuxo unha maior disciplina. Ademais orientou e impulsou o barroco galego e mandou construír a casa do Deán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. En 1810 uniuse aos independentistas e combateu con Francisco Miranda e Simón Bolívar. Deputado, ministro e membro do Consejo de Estado da Gran Colombia, axudou á segregación de Venezuela, da que foi vicepresidente e presidente (en 1832 e 1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Plácido, a súa poesía estivo moi influída polo romanticismo español e foi recollida no volume titulado Poesías Completas (1886), con 210 composicións inéditas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Bo coñecedor da política do seu tempo -desde o reinado de Xoán II ata os Reis Católicos-, sobre a que reflexionou nas súas obras Crónica abreviada ou Valeriana (1482), Memorial de diversas fazañas e Crónica de los Reyes Católicos. Escribiu tamén, entre outras, unhas Epístolas e a Defensa de virtuosas mujeres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Despois de loitar en Italia marchou para América na segunda viaxe de Cristovo Colón (1493). En 1509 foille encomendada a conquista de Cuba, empresa que iniciou en 1511 desde Maisí. Fundou, entre outras, as cidades de Baracoa, Santiago e La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao NO da capital provincial e bañado polo río Brullés (1.924 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo (1100-1120) e arcebispo (1120-1140) de Santiago de Compostela, fillo de Xelmirio. Foi ducado no palacio do bispo Diego Páez, familiar seu. Ao redor dos vinte anos, os condes de Galicia, Reimundo de Borgoña e Urraca, nomeárono chanceler da súa casa e corte. En 1093 os bispos de Galicia e o pobo, convocados polo conde, designárono administrador da diocese compostelá en tanto non se producise a elección dun novo prelado. Á morte do bispo Dalmacio en 1095, volveu ser nomeado administrador ata 1099. En 1100 peregrinou a Roma onde o Papa Pascual II o ordenou subdiácono. Ao seu regreso foi nomeado bispo de Santiago. Comezou entón o seu proxecto de elevar a sé compostelá á dignidade metropolitana, ao que accedeu o Papa Calisto II en 1120, coa intervención do bispo do Porto, Hugo. Pola bula Omnipotentis dispositione (27.2.1120) trasladábase a dignidade metropolitana da igrexa de Mérida á de Santiago, e, pola bula Antiqua sedis (28.2.1120) designábaselle como legado pontificio...
VER O DETALLE DO TERMO