"Doro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
PERSOEIRO
Compositor ruso. Discípulo de Rimskij--Korsakov, a súa ampla produción pódese dividir en catro grandes períodos. O período ruso comprende obras tan diferentes como L’oiseau de feu (1910), baixo a influencia do grupo ruso dos Cinco, Petruska (1911) e a revolucionaria Sacre du pritemps (1913). A época experimental inclúe L’histoire du soldat (1918) e As vodas (1923). A partir de 1920 comezou o período neoclásico, etapa que finalizou con The Rake’s Progress (1951), ópera moi influída polo bel canto italiano. A derradeira etapa, a serial, está integada por Septeto (1953), Canticum Sacrum (1956), o ballet Agon (1957), a cantata Abraham and Isaac (1964) e o Requiem (1966). Escribiu Poétique musicale (1940) e, en colaboración con R. Craft, Conversations with Strawinsky (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo ruso. Coñecido como Nikolaj Pogodin, describiu o traballo socialista e creou o tipo da nova sociedade. Destacan Poema o topore (Poema da machada, 1930), Posl’e bala (Despois do baile, 1932) e Aristokratakh (Os aristócratas, 1934), onde fala da reeducación de criminais mediante o traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora estadounidense. Adscribiuse ao surrealismo en 1936. En 1942 coñeceu a Marx Ernst, con quen casou. A súa obra revela un lirismo expresionista na representación de bacantes e ritos con seres fantásticos e animais que seducen mulleres coas formas disoltas na luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Tarso, Cilicia 602 - Canterbury 690) Arcebispo de Canterbury. Formado en Siria e Atenas, foi a Roma, como monxe, onde, en 668, foi consagrado inesperadamente arcebispo de Canterbury polo Papa Vitaliano. Organizou e engadiu oito sés ás catro que tiña e obtivo a obediencia do bispo de York Wilfrido. A súa festividade celébrase o 19 de setembro.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Coñecido como o Ateo, no libro Sobre os deuses negou a existencia deste e da mesma noción de divindade. Considerou a alegría o ben máis grande, e a tristura o mal máis grande. Declarou que o pracer e a dor son indiferentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Mopsuestia. Foi un dos máis grandes representantes da escola esexética de Antioquía. Acusado postumamente de nestorianismo por Xustiniano e polo Concilio de Constantinopla (553), as súas obras teolóxicas foron queimadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ourive grego. Atribúeselle o método para a fundición de pezas de bronce e ferro, xunto con Recos, e o libro Labirinto sobre Herenon de Samos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador monástico bizantino. Abade de Sakkudion (780?), opúxose ao matrimonio adúltero de Constantino VI e, en 796, foi expulsado a Tesalónica. En 797, ao volver, trasladou a comunidade a Studios. Exiliado novamente (809-811), apelou en van ao Papa León III. A oposición á iconoclastia de León V valeulle un novo exilio en 815. A súa festividade celébrase o 11 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (642-649). Sucedeu a Xoán IV. Na loita contra o monotelismo enfrontouse ao patriarca Paulo de Constantinopla, ata o punto que o destituíu, se ben a sentenza non foi executada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1584-1598), fillo e sucesor de Iván IV. Foi o derradeiro soberano da dinastía ruríkida. A causa da súa constitución enferma e da súa debilidade mental, o goberno foi dirixido polo irmán da súa muller Irene, Boris Godunov, que foi nomeado rexente en 1588. Á súa morte este foi elixido tsar pola Asemblea Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino de Nicea (1204-1222). Xeneral do exército bizantino, casou con Ana, filla de Aleixo III Anxo de Bizancio, e distinguiuse na defensa de Constantinopla contra os latinos, que tomaron a cidade en 1204. Refuxiouse en Nicea, onde reorganizou o Imperio Bizantino fronte ao Imperio Latino de Constantinopla, pero foi derrotado polos croatas (1204 e 1205). En 1208 recibiu a coroa imperial. En 1214 tivo que asinar un tratado de paz coas tropas latinas de Enrique I de Constantinopla. En 1219 casou con María de Courtenay e casou a súa filla Eudocia co irmán da súa muller, Roberto I de Constantinopla en 1221, e con quen renovou o tratado de paz. Foi sucedido polo seu xenro Xoán III Ducas Vatatzes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa. Sucesor de Romano, morreu despois de vinte días de pontificado. Deu sepultura eclesiástica aos restos do Papa Formoso, que foran desenterrados polos partidarios de Lamberto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Etiopia (1855-1868). De nome Kassa, pertenceu a unha pequena familia feudal. Loitou contra os grandes señores feudais e proclamouse negus. Modernizou o país e reorganizou a administración territorial e o exército. Derrotado por unha expedición británica dirixida por Napier, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Déspota de Mistra (1407-1428), fillo do Emperador Manuel II. Sucedeu ao seu tío Teodoro I. Baixo a súa éxida acadouse case a completa unificación do Peloponeso (coa anexión de Acaia). Protector de intelectuais e humanistas, deixou o poder ao seu irmán Constantino e retirouse a un mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1605), fillo de Boris Godunov. Morreu coa súa nai, María, nun balbordo instigado polos boiardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino de Nicea (1254-1258). Sucedeu a seu pai Xoán III Ducas Vatatzes, que xa o asociara ao trono. Bo lexislador e home dunha gran cultura, era un bo estratega e conservou todas as posesións territoriais do Imperio de Nicea. Casou a súa filla Irene co novo tsar de Bulgaria, Constantino I Taš, e a súa filla María con Nicéforo, fillo do déspota de Epiro Miguel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1676-1682), fillo e sucesor de Aleixo I. A causa da súa saúde delicada, o poder foi exercido sucesivamente polo seu tío Ivan Niloslavskij, polos cortesáns Jaikon e Likhačev e por Vasilij Golicyn.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Déspota de Epiro (1251-1230) e emperador de Tesalónica (1224-1230), irmán e sucesor de Miguel I Anxo Comneno. En 1217 venceu ao emperador latino Pedro I de Constantinopla, e en 1224 apoderouse de Tesalónica e dos seus dominios. Fíxose coroar emperador bizantino de Tesalónica, pero, en 1330, foi derrotado por Xoán II Asen de Bulgaria, quen lle sacou os ollos. En 1246 Tesalónica foi tomada por Xoán III Ducas Vatatzes, de Nicia, quen posteriormente o fixo matar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo do Apóstolo Santiago. Segundo a tradición xacobea, xunto con santo Atanasio trouxo o corpo do apóstolo desde o porto palestino de Haifa ata Padrón, onde chegaron nunha barca de pedra e edificaron unha Arca Marmárica, onde depositaron os seus restos, nos límites da Amaia. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soldado romano. De orixe oriental, morreu mártir durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro ou o 9 de novembro, segundo os lugares.
VER O DETALLE DO TERMO