"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

    1. de endemoñar ou endemoñarse.

    2. Que ou quen está posuído polo demo.

      1. Que manifesta perversidade ou mal carácter.

      2. Que gusta de facer trasnadas ou falcatruadas.

    3. Aplícase a aquilo que enfastía, molesta ou dá moito traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introducir os demos no corpo dunha persoa.

    2. Facer que un asunto sexa complicado.

    3. Facer que alguén se encolerice.

    4. Encolerizarse alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca que se emprega para capturar moluscos ou crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encaixar unha cousa noutra.

    2. Facer dentes ou cortes a algo.

    3. Facer unha incisión nas castañas para que ao asalas non estoupen.

    4. endentecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Atenas, esculpiu unha Atenea sedente na Acrópole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadadora alemana. Nos Xogos Olímpicos de Múnic en 1972, obtivo tres medallas de prata en 200 m estilo e nas dúas probas de remudas. Retirouse en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de endereitar ou endereitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer dereito o que está torcido ou inclinado.

      1. Facer que a marcha de algo vaia ben.

      2. Facer que alguén perda os vicios ou malos costumes.

    2. Poñerse dereito o que estaba torcido ou inclinado.

      1. Arranxarse a marcha de algo que non vai por bo camiño.

      2. Corrixir alguén os seus vicios ou malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enderezar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escribir nun sobre, paquete ou algo que se quere enviar, o enderezo de alguén.

    2. Enviar algo a un enderezo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indicación que se pon nunha carta, paquete ou calquera tipo de envío, cos datos do lugar onde vive unha persoa ou de onde está situada unha entidade.

      1. Serie de caracteres que identifican un servidor ou cliente dentro dunha rede e que facilitan a conexión con el.

      2. Número ou modelo de bits que identifica de xeito exclusivo unha posición na memoria do ordenador.

      3. enderezo de dominio

        Enderezo da Internet en formato lexible.

      4. enderezo electrónico

        Serie de caracteres que identifican unha conta de correo electrónico.

      5. enderezo IP

        Enderezo numérico dunha máquina no formato empregado na Internet, que permite identificala e conectarse con ela.

      6. enderezo web

        Cadea de caracteres que identifican un arquivo visible na World Wide Web. Nesta cadea usualmente se especifica un protocolo de transferencia e un enderezo de dominio, e en moitas ocasións unha ruta de directorio e mesmo o nome do arquivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao proceso químico que consome enerxía de xeito que os produtos teñen máis enerxía libre ca os reactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, na que se doutorou en Microbioloxía no 1930, e onde exerceu como profesor ata 1946. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na busca de vacinas eficaces contra as enfermidades de orixe bacteriana ou vírica. En 1954 outorgóuselle, xuntamente con Frederick C. Robbins e Thomas H. Weller, cos que colaborou durante moitos anos, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola obtención do virus da poliomelite nun cultivo de tecidos humanos non nerviosos (epitelial e muscular), o que permitiu obter a vacina contra a mesma. A finais dos anos cincuenta produciu, xunto con outros investigadores, a primeira vacina contra o virus do sarampelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1944 para a produción de enerxía eléctrica. En 1945 iniciouse a construción da central térmica de Compostilla, en Ponferrada. En 1972   fusionouse con Hidrogalicia e ao longo desta década adquiriu varias explotacións mineiras e puxo en marcha centrais térmicas nas Pontes, Andorra (Teruel) e Litoral (Almería). En 1983   constituíuse o grupo Endesa e a empresa   reforzouse a consecuencia do intercambio de activos no sector eléctrico, que se acordou en decembro de 1984, e realizou, entre outras operacións, a adquisición de porcentaxes das empresas Electra de Viesgo, Fecsa, Sevillana de Electricidad e Tejo Energia (Portugal). Desde 1992 comezou a operar en Sudamérica, con investimentos en Arxentina e Chile, e obtivo a concesión do subministro de enerxía a Marrocos. Participou no mercado da telefonía, da comunicación e dos carburantes. O capital do Estado reduciu a súa participación ata a privatización total da empresa en 1998,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de endeusar ou endeusarse.

    2. Que ten ou implica endeusamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de endeusar ou endeusarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratar a alguén como se fose un deus, resaltando as súas calidades positivas.

    2. Considerarse alguén un deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En ningún momento.

    VER O DETALLE DO TERMO