"Iros" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 271.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones Navales Paulino Freire SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena praia da beira oriental da illa de Monteagudo, situada ao S da praia de Figueiras, no arquipélago das Cíes, na parroquia das Illas Cíes, concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical integrado por Avelino Cachafeiro Bugallo, por Castor e Bautista, irmáns del, polo seu pai Fermín e por Andrea, unha tía dos rapaces que tocaba o pandeiro. Realizaron numerosas actuacións en Galicia e fóra dela. En xullo de 1928 gravaron coa casa Regal de Ourense entre outros temas A muiñeira de Chantada, Heicho de dar queridiña, A alborada de Rosalía, A muiñeira de Pontesampaio e Fandango de Pontevedra. O 28 de febreiro de 1930 presentáronse no Teatro Avenida de Bos Aires, os decorados empregados foron da autoría de Castelao e de Camilo Díaz Baliño. Despois da Guerra Civil Española, o grupo disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Chamoso en Arxemil (O Corgo). Trátase dunha ponte dun van con arco de medio punto e rasante alombada. Pertenceu ao antigo camiño real de Lugo a Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Salas en Lobios. Trátase dunha ponte dos ss XV-XVI cun van de medio punto e rasante horizontal. Pertenceu ao antigo trazado da vía XVIII do Itinerario de Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista internacional. Coñecido como Moncho Gil, foi dianteiro do Real Vigo Sporting. Formou parte da primeira selección española, coa que se proclamou subcampión olímpico nos Xogos de Anveres 1920. Co rexemento de Vigo proclamouse vencedor do Primeiro Campionato Militar de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1936 colaborou en Home Life, e desde 1960 na axencia Magnum. Ademais das súas viaxes por todo o mundo, na súa obra reflicte os costumes e as paisaxes do Xapón. Destacan as súas mostras Document of the Heavy Snowfall (1945) e Hiroshi Hamaya: 50 Years of Phtography.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock galego que se deu a coñecer polas súas colaboracións no programa da TVG Xabarín Club. Destacan os seus discos A Cuadrilla de Pepa a Loba (1992), Está que te cajas (1995), Erecsiones Munisipales (1999), o directo All right Chicago (gravado na festa da Dorna de Ribeira, 2000) e Recambios Tucho (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aomori, situada ao N da illa de Honshū, Xapón (177.522 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor xaponés. Coñecido polos nomes de Utagawa ou Ando, realizou cerca de 8.000 estampas, das que destacan Cincuenta e tres vistas da ruta de Tōkaidō (1833), Vinteunha paisaxes baixo a lúa e Cen vistas de Edo (1853-1856). Foi un destacado paisaxista e un mestre para captar, cun debuxo preciso e unha cor rica, as características dun lugar determinado a calquera hora do día e con calquera fenómeno meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón (1.119.117 h [1997]). Activo porto pesqueiro, destaca pola recollida de algas comestibles e a cría de ostras, das que se extraen perlas cultivadas que abastecen unha gran parte do mercado mundial (perlas xaponesas). Tamén é un importante centro industrial, especialmente siderometalúrxico (altos fornos, estaleiros e fábricas de automóbiles). Destruída o 6 de agosto de 1945 pola primeira bomba nuclear lanzada na historia por orde de EE UU, do seu patrimonio monumental só se conserva o palacio de exposicións da prefectura, convertido no memorial pola paz de Hiroshima, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken de Xapón, situado na illa de Honshū (8.467 km2; 2.878.915 h [2000]). A capital é Hiroshima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, dúas rodas de ouro, cos raios de sable e os cubos de ouro, colocadas en pal. Outra variante leva, en campo de goles, seis rodas de ouro, cos raios de sable e os cubos de ouro, colocadas en dous pales de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Foi delegado diocesano de Medios de Comunicación Social da Curia Diocesana en Santiago de Compostela e delegado da radio vaticana en Galicia. Colaborador en La Noche e El Correo Gallego, foi director de El Eco Franciscano (1950-1959) e da revista Aquí, San Antonio. Ademais, exerceu como asistente provincial, vicerrector do Seminario franciscano, definidor provincial, superior dos conventos de Pontevedra e Ourense, e reitor de San Francisco el Grande de Madrid. Escribiu, entre outras obras, Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950), Así fue esta mujer (1953), El alma franciscana de Gabriela Mistral (1957), A nai galega (1971), Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (1976) e Sebastián Martínez-Risco (1978). Foi galardoado co Premio Nacional del Consejo Superior de Misiones (1945) e co trofeo Galeguidade (2002). Ademais, foi nomeado Hermano Mayor de la Archicofradía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Activo entre finais do s XIII e principios do XIV, está moi documentado en actas e diplomas do período dionisíaco. Constitúe o último representante dunha familia de poetas e dignatarios de corte que ascendera socialmente mediante, sobre todo, políticas matrimoniais de varias xeracións: o seu avó Roi Gomez de Briteiros casara con Elvira Anes de Maia, da liñaxe dos Sousa, e coa voda ascendera a mordomo-mor de Afonso III; o seu pai Men Rodriguez de Briteiros seguiu na corte de Afonso III ata 1260 e, tras casar con Mariannes, filla de Johan Perez de Veiga, conseguiu os bens dos Berredo. O mesmo trobador casou coa filla ilexítima de Afonso III, Urraca Afonso, co que acrecentou o patrimonio familiar. Consérvanse 9 composicións da súa autoría, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 6 cantigas de amor e 3 de amigo. Este corpus caracterízase pola densidade e innovación temática, sustentada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Zagreb 1893 - 1981) Escritor croata. Vicepresidente da Academia Iugoslava de Ciencia e Arte, director do Instituto Croata de Lexicografía e director da Unión Iugoslava de Escritores, da súa obra cómpre salientar a triloxía dramática Glembajevi (A familia Glembaj, 1932), a novela Povratak Filipa Latinovića (O retorno de Filipe Latinovic, 1960), e as escolmas de relatos Hrvatski bog Mars (O deus croata Marte, 1922) e Balade Petrice Kerempuha (Baladas a Petrica Kerempuh, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (564 m alt) situado entre os concellos de Oímbra, Verín e Monterrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias do Cadramón (O Valadouro) e O Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Martín de Lúa (Pol) e Meira, no concello homónimo. O seu cumio acada os 727 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO