"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, teólogo e historiador. Ordenado sacerdote en 1822, exerceu como profesor de historia da Igrexa e dereito eclesiástico na Universität München. Representante da universidade no Parlamento bávaro entre 1845 e 1852, destacou como un dos líderes do Partido Católico. Reticente ante o centralismo romano, defendeu que a soberanía temporal non formaba parte dos elementos definitores do papado e opúxose á infalibilidade pontificia, polo que foi excomungado en 1871. Continuou a súa carreira académica e foi elixido presidente da Bayerische Akademie der Wissenschaften (1873). Entre as súas obras destacan Die Reformation (A reforma, 1846-1848) e Der Papst und das Konzil (O papa e o Concilio, 1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto (1881) e doutor en Ciencias Exactas. Foi catedrático de Xeodesia (1888) e de Xeometría Descritiva (1895) na Universitat de Barcelona. Empregou elementos modificados dos estilos clásicos e creou un estilo propio ben aceptado polos ambientes oficiais. Entre as súas obras destacan os edificios da Acadèmia de Ciències (1893), o Palau de Justícia (1885-1908) con Enric Sagnier, a Presó Model (1904) con Salvador Vinyals, o Observatori Fabra (1906), a sede de Catalana de Gas (1908) e o convento das carmelitas, todos eles en Barcelona. Presidiu a Acadèmia de Ciències i Arts e escribiu Tratado de geometría descriptiva e El modernismo arquitectónico (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, fillo de Josep Doménech i Estapà. Arquitecto do ministerio de Instrución Pública (1917), realizou diversos edificios escolares. En Barcelona levantou os almacéns El Águila, a Caixa Mútua Popular de Barcelona e a igrexa de Santa Tereseta. Foi arquitecto municipal de Sant Celoni, onde realizou a casa do concello, o ateneo e o matadoiro. Escribiu, entre outras obras, La casa: como se costea y edifica una vivienda (1923) e ABC del propietario: adquisición, reparación y explotación de fincas urbanas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Coñecido como Paul Doumer, foi deputado polo departamento de Yonne (1889) e accedeu ao ministerio de Finanzas no goberno de Léon Bourgeois (1895). Nomeado gobernador xeral de Indochina (1897-1902), no seu mandato estableceu a estrutura administrativa da colonia e obrigou a poboación local ao pago de impostos. Reincorporouse á política activa como deputado dende 1902 e accedeu ao Senado en representación de Córsega (1912). Ministro de Finanzas nos gabinetes de Aristide Briand (1921-1922; 1925-1926), foi presidente do Senado (1927-1931). O 6 de maio de 1931 foi designado presidente da República. Morreu asasinado polo anarquista ruso Pavel Gorgulov.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Realizou retratos dos líderes revolucionarios, entre os que destacan os de Mirabeau, Robespierre, Barnave e Saint Just. Foi pintor de cámara da arquiduquesa María Antonieta de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado na Escola de Llotja e con E. Arnau, instalouse en París (1905-1927), onde expuxo na Societé Nationale des Beaux Arts e no Salon d’Automne. Traballou para a Exposición Internacional de 1929. Destacan, entre outros, os retratos de Josep Pla, Pompeu Fabra e Xavier Nogués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador colonial. Colonizador da India (1720-1754), en 1742 foi nomeado administrador xeral da Compañía de Indias. Durante a Guerra de Sucesión de Austria arrebatoulles Madrás aos ingleses (1746). Regresou a Francia en 1754 e todas as súas adquisicións se perderon na Guerra dos Sete Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Profesor na Universitat de Lleida, traballou como avogado laboralista. Ingresou na Unió Democràtica de Catalunya (UDC) en 1974 e presidiu o Comité de Goberno entre 1982 e 1984, e a partir de 1987. Deputado de Convergéncia i Unió (CiU) no Congreso en diversas lexislaturas (1982, 1986 e 1989), foi tamén deputado no Parlamento Europeo (1986-1987), vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiana (1993-1998), e dende 1992, deputado no Parlamento de Catalunya. Foi conselleiro de Governació i Relacions Institucionals (1999-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante e mecenas, primeiro barón Duveen of Millbank. Dende 1886 traballou na empresa familiar Duveen brothers dedicada ao comercio da arte. Foi o responsable, entre outras, das coleccións de Henry C. Frick e John D. Rockefeller. Financiou novas salas de exposicións, entre outras institucións na National Gallery, na Tate Gallery e no British Museum; neste último depositou os mármores de Elgin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo alemán. É autor de numerosos traballos sobre o raquitismo e as súas relacións co cretinismo. A súa achega máis importante á ciencia é o descubrimento en 1880 do axente causante da febre tifoidea, a bacteria patóxena Salmonella typhie; aínda que foi un alumno seu quen a illou e cultivou, anos máis tarde. Algunhas das súas obras máis destacadas son: Die Trhombase (1888), Die Untersuchung des Auswurfs ouf Tuberkelbazillen (1891) e Bakteriologische Wandtafeln (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador alemán. Fillo do xardineiro do elector de Baviera Maximiliano Manuel II, foi enviado por este a París para formarse como arquitecto con G. G. Boffrand. Ao seu regreso, nomeárono arquitecto da corte e director de xardíns. Reordenou o parque da residencia de Nymphenbur e realizou, entre outras obras, a decoración da Residenz de Múnic e o palacio Preysing.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Formouse en Stuggart, Viena e Berlín. Foi director da Stuttgarter Baugewerkeschule (1948) e profesor no Polytechnikum. Entre as súas obras destacan a Marienkirche de Stuggart e a igrexa católica de Tübingen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Como poeta romántico desenvolveu os temas do amor, da patria e da morriña. Tamén escribiu obras de teatro e novelas. Da súa produción destaca Das Marmorbild (A estatua de mármore, 1815), Aus dem Leben eines Taugenichts (Episodios da vida dun folgazán, 1826) e Schloss Durande (O castelo de Durande, 1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Pertenceu a un grupo de poetas chamado The Movement, que se caracterizaba pola súa liña irónica e a concisión das súas obras. Da súa produción destaca Season Ticket (1948), The Terrible Shears (1973) e A Faust Book (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo estadounidense. Estudiou nas universidades de California e Johns Hopkins de Baltimore e foi profesor nas de Wisconsin (1906), Washington (1910) e Johns Hopkins (1946). Especializouse no estudo da presión arterial, das patoloxías do corazón e sobre todo do sistema nervioso central. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía que compartiu con Herbert S. Gasser polos seus descubrimentos sobre a especificidade das funcións das fibras nerviosas. Publicou, en colaboración con H. S. Gasser, Electrical signs of nervous activity (Signos eléctricos da actividade nerviosa, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Foi un dos creadores do personaxe Joan Milhomes en 1938, de debuxos animados. Colaborou nas publicacións En Patufet, Virolet, L’Esquella de la Torratxa, TBO, Gutiérrez e Pulgarcito, onde creou, entre outros personaxes, a Carpanta, Zipi e Zape e Petra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Militou no Partido Progresista e foi o representante de M. Ruiz Zorrilla durante o seu exilio. Como profesional da medicina foi o introdutor da neuropsiquiatría en España, o inventor da terapía ocupacional e construíu un sanatorio mental en Carabanchel. Trala morte de Ruiz Zorrilla (1895) aceptou a dirección do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Josep e de Ignasi Vergara, traballou a madeira policromada de temática relixiosa. Entre as súas obras destacan o san Mateo da pendente do ciborio e os santos Filipe, Xaime e Xudas da cornixa do cruceiro da catedral de València. Foi académico (1772) e director xeral da Acadèmia de Sant Carles (1781) e escultor de cámara honorario de Carlos IV (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zarzuelista e escritor. Residiu en Madrid, onde cursou a carreira de dereito civil e canónico e a de administración. Colaborador asiduo de Madrid Cómico, en 1873 estreou Pruebas de fidelidad e a partir de 1876 empezou a colaborar con Vital Aza (Noticia fresca), Campos Arana (Los trapos de cristianar) e, sobre todo, con R. Chapí (Música clásica, La serenata). Como poeta escribiu o volume Fábulas y cuentos.
VER O DETALLE DO TERMO