"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Profesor de antropoloxía nas universidades de Hull, Sheffield e Londres, realizou traballos de campo en Barbados sobre a educación e o cambio social. Ocupouse tamén do estudo da historia das ideas antropolóxicas e o fenómeno do nacionalismo en Europa occidental. Publicou Hacia una historia de las ciencias sociales (1981), The God of Modernity. The Development of Nationalism in Western Europe (1994) e Manual de Antropología Social (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Catalunya que nace no Pireneo Oriental e desemboca no Mar Mediterráneo, no Prat de Llobregat, 5 kms ao S de Barcelona, logo dun percorrido de 170 km en dirección N-S. Rega unha conca de 5.110 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de China, no zizhiqu de Xinjiang, situado a 790 m de altura (2.000 km2). As augas son renovadas continuamente polo río Tarim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lanzamento elevado da pelota que supera a posición dos adversarios máis avanzados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Toedo (A Estrada). O seu cumio acada os 274 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura da loba que, segundo a tradición, amamantou a Rómulo e Remo e que se converteu no emblema da cidade de Roma. A que se conserva no Musei Capitolini de Roma é de época etrusca (s V a C) e os xemelgos foron engadidos no Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Monfero, Aranga e Guitiriz e que pertence ao sistema montañoso da serra da Loba. O seu cumio acada os 609 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa que forma parte da Dorsal Occidental Galega, que se estende en dirección SO-NNL e que serve de límite á parroquia do Alto de Xestoso (Monfero) coas de Momán (Xermade) e Labrada (Guitiriz), e esta última coa do Val de Xestoso (Monfero). Tamén marca a divisoria de augas entre as concas do Eume, que recolle, por medio do seu afluente o río Frei Bermuz, as augas dos regos que drenan a vertente occidental da serra; e do Miño, pois na súa vertente SL nace o Labrada, afluente do Ladra, e tributario do Miño. A súa liña de cumios, que presenta unha morfoloxía achairada, comeza nos 687 m de altitude do pico da Torre, no extremo SO da serra, e culmina nos 700 m de altitude do Serrón do Lobo, no límite setentrional da aliñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lobaces (Trasmiras). Foi priorado de San Martiño de Grou, casa que pasou a depender de San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manda ou conxunto de lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lobulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Augas Mestas (Quiroga). O seu cumio acada os 540 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de santa Ouxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en Lobás (O Carballiño). Coñecido tamén como Lobanes ou Lobaes, era de monxas beneditinas e está documentado en distintas doazóns desde o s XII. Posuía un couto e exercía dereitos de presentación nas parroquias veciñas. En 1504 o Papa Xulio II confirmou a súa unión a San Paio de Antealtares, que se realizou en 1515.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior do eixe do rodicio que se une por medio dunha entalladura co touzo.

    VER O DETALLE DO TERMO