"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Someter un obxecto ao proceso de calorización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca ou fai sentir calor.

    2. Que manifesta afecto ou entusiasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político liberal. Comerciante e banqueiro en Madrid, contribuíu coa súa fortuna á defensa de Zaragoza, representou a Aragón na Junta Suprema Central (1808) e foi ministro de Finanzas (1823) durante o Trienio Constitucional. En 1849 contribuíu á formación do partido progresista-democrático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cámara alta do Parlamento británico. Está constituída por tres pares de sangue real, 794 pares hereditarios, 375 pares vitalicios (19 lores de apelación e 338 pares vitalicios) e 26 pares espirituais (2 arcebispos e 24 bispos). Desde a fin do s XVIII perdeu a maior parte do seu poder en favor da Cámara dos Comúns. As súas facultades redúcense á posibilidade de exercer o dereito de veto por dous anos sobre as leis aprobadas pola cámara baixa. Con todo, os nove lores de apelación (Law Lords) exercen a función dun tribunal superior de apelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Debutou en 1962 como presentadora no programa televisivo Escala en Hi-Fi e participou en Cancionero e Nuestra guitarra. Debutou no cine en 1965 con Megatón Ye-ye, de Jesús Yagüe, e nas coproducións El salvaje Kurdistán e El ataque de los Kurdos, ambas as dúas de Franz J. Gottlieb, El proscrito del río Colorado, de Mary Dexter, e en El Primer Cuartel, de Ignacio F. Iquino. Tamén colaborou en varias producións españolas: na televisión, en La última batalla (1969), de Paulino R. Díaz; no cine, en Soltera y madre en la vida (1969) e De profesión sus labores (1970), de Javier Aguirre, Tibetana (1970), de John Peyser, e en La Lola dicen que no vive sola (1970), de Jaime de Armiñán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e diplomático. Estivo ao servizo dos papas Xulio II, León X, Clemente VII e Paulo III. Exerceu como profesor de dereito en Boloña, foi bispo de Feltre, nuncio en Alemaña e no Milanesado, e foi nomeado cardeal en 1517. Acudiu como embaixador ás dietas de Ratisbona (1524) e de Augsburgo (1530). En 1528 viaxou a Inglaterra co cardeal Wolsey para resolver o divorcio de Enrique VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e presentadora. Diplomada en maxisterio, formou parte do grupo de teatro Migallas, co que representou obras como O cantante e as mulleres de Carlos Yus (1992). Participou na montaxe de A lagarada do Centro Dramático Galego (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festa da purificación da Virxe María. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas e tamén se denomina Día das Candeas.

    2. Planta herbácea da familia das sileníceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín candelorum ‘das candeas’, xenitivo de plural de candela ‘candea’, derivado do verbo candeo ‘arder’. Da forma Festum Candelorum ‘festa das candeas’, deriva Candeloria, por creación popular, a carón da forma posterior, Candelaria, de influencia castelá. A forma Candela é un cultismo fronte á patrimonial Candea. Outra forma hipocorística é Candela. Na Festa da Candeloria -que provén, ou ben dunha tradición romana, ou ben das festas Lupercais que tiñan lugar o 16 de febreiro- o sacerdote, durante a misa, bendí as candeas e a xente lévaas despois para a casa e utilízaas para esconxurar o trono ou poñerllas na man aos que están a piques de morrer. A tradición simboliza tamén neste día a festa do amor e do apareamento de todo o reino animal: acaban as xaneiras dos gatos e casan os paxariños. A Candeloria é a patroa das Islas Canarias e celébrase o 2 de febreiro, corenta días despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Navia pola dereita. Nace a 1.010 m de altitude no límite entre as parroquias de Vilaquinte (concello de Cervantes) e Ribón (concello de Navia de Suarna). O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Ribón, Sevane e A Pobra de Navia, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asilla para levar auga, xeralmente en viaxes e excursións, aplanada e co colo estreito como o dunha botella; normalmente recóbrese de coiro, aínda que as máis modernas son de aluminio e recubertas de feltro ou de plástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque da Baixa Lorena (977-992), fillo de Luís IV de Francia e irmán de Lotario, rei de Francia e Lotarinxia. Invadiu no reino deste coa axuda do seu curmán, o Emperador Otón II e fíxose proclamar rei no 978, pero houbo de retirarse ao pouco tempo. Reconciliouse co seu sobriño, Luís V de Francia, fillo de Lotario, e trala súa morte (987) converteuse en sucesor ao trono, non obstante Adalberón, arcebispo de Reims, consagrou a Hugo Capeto como duque de Francia. Carlos apoderouse de Laon (988) e de Reims (989), e no 991 foi capturado e entregado a Hugo, xa rei de Francia, que o encarcerou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1625-1675). Ocupados en 1663 os seus estados por Luís XIII, entrou ao servizo de España e dos Habsburgo na Guerra dos Trinta Anos. Recuperou Lorena entre 1641 e 1644, e novamente en 1661. En 1670, expulsado definitivamente de Lorena, chegou de novo a Alemaña, onde loitou con Guillerme de Orange. En 1675 conquistou Tréveris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque nominal de Lorena (1675-1690). A causa da oposición de Luís XIV, nunca puido tomar posesión do seu dominio. Casado cunha irmá de Leopoldo I, serviu a Austria como mariscal. En 1683 comandou o exército que liberou Viena do sitio turco, tomou Buda en 1686 e obtivo a vitoria de Mohács en 1687. Loitou no Rin e tomou Maguncia e Bonn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica rodada en 1926 por Hispánica Films, dirixida polo creador italiano Rino Lupo. O guión e os rótulos foron realizados polo escritor ourensán Antonio Rey Soto, cofundador da produtora galega Celta Films. Os exteriores rodáronse en diversos lugares de Galicia como Vigo, Redondela, Vilasobroso, Mondariz e Ribadavia, ademais do Porto e arredores. Para recrear interiores recorreuse aos estudios portugueses Invita Film. A protagonista é Carmiña, unha rapaza orfa que vive co seu padrasto nunha aldea galega onde a maior parte das terras pertencen a Armando, conde de Vindey. Carmiña namórase del e, tras numerosas dificultades e contratempos, consegue casar co conde. A película, anunciada na prensa como “un canto de amor á terra”, recibiu críticas diverxentes, acusada de oportunismo ao aproveitar as paisaxes galegas para ambientar un mediocre melodrama rural. Non obstante , algúns autores reivindican unha vontade por parte dos autores, sobre todo do guionista, por poñer en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peter Alexander Rupert Smith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz de teatro, televisión, cine e dobraxe. Coñecida   como Mela Casal, comezou a súa andaina co grupo Ditea, co que realizou espectáculos como Farsa plautina (1987) ou A lenda de Xan Bonome (1986), ambas as dúas de Agustín Magán. Participou posteriormente en varias montaxes do Centro Dramático Galego, entre elas Así é (se vos parece), de Pirandello (1991), A Lagarada, de Otero Pedrayo (1992) ou Hostia, de Cotarelo Valledor (1996). Fundou a compañía Pífano Teatro, coa que puxo en escena, entre outras, Que pasa coas dependentas dos grandes almacéns ao cumpriren os cincuenta?, de Antón Losada (1999). Interveu nas longametraxes Divinas palabras, A metade da vida ou   Martes de Carnaval. No eido da televisión destaca o seu traballo en diversos programas de variedades e series como Velaí, Luar e Mareas Vivas. Exerceu en varias ocasións como axudante de dirección e locutora de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante. Coñecida como Ana Kiro, comezou a súa traxectoria profesional en Barcelona aos catorce anos participando en concursos de radio. Inicialmente cultivou a canción española e José Guardiola contratouna para actuar por todo Levante. Actuou en distintos festivais musicais e acadou varios premios; fixo, ademais, teatro con Mari Santpere e Belter. En 1969 participou en varios programas de Galas del Sábado para Televisión Española, feito que impulsou a súa carreira musical. Realizou numerosas actuacións por España, Holanda, Suíza, Alemaña e finalmente estableceuse en Galicia. Entre 1996 e 1997 presentou na TVG o programa Toda unha vida e, posteriormente na mesma cadea televisiva, Tardes con Ana. Filla Predilecta de Arzúa, recibiu o Botón de Ouro da Irmandade Galega de Caracas, a Medalla de Ouro Ano Xacobeo da televisión arxentina e o Percebe de prata 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO