"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural correspondente ao apelido galego Covela. Documéntase no s XIII: “Giraldo Estevez de Covelas” (doc ano 1272 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelas. Ambos os dous adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De orixe románica, engadíuselle unha cabeceira de planta cadrada no s XVI e, posteriormente, ampliouse cara ao oeste. No interior destacan as pinturas renacentistas do retablo maior elaboradas polo mestre do Sisto (1552), que representan escenas da vida da Virxe e as efixies do Emperador Carlos V e de Isabel de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de cobre, de fórmula CuS. Cristaliza no sistema hexagonal e presenta unha dureza de 1,5-2 e unha densidade de 4,6-4,76. É de cor azul violácea, a miúdo con iridescencias amarelas e vermellas. Está asociada con outros sulfuros de cobre, como a calcopirita, a calcosina ou a bornita.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, situada no litoral da parroquia de Samieira (concello de Poio).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia, baixo a advocación de santa Mariña, que dá nome ao concello de Covelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Paradanta, situado na provincia de Pontevedra no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Fornelos de Montes (comarca de Vigo) e Avión (O Ribeiro), ao L cos concellos de Melón (O Ribeiro) e A Cañiza, ao S cos da Cañiza e Mondariz (O Condado), e ao O cos de Mondariz e Fornelos de Montes. Abrangue unha superficie de 125,3 km 2 cunha poboación de 3.515 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado, Prado de Canda e Santiago de Covelo. A capital municipal é a vila de Covelo, situada a 42° 13’ de latitude N e 8° 22’ de lonxitude O, 30 km ao L de Vigo e 122 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ponteareas e á diocese de Tui-Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Covelo encádrase baixo o dominio climático oceánico de montaña, no que se poden apreciar matices locais en... -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Trátase do diminutivo correspondente ao apelido galego Covo. Documéntase no s XII: “Garsias Fernandi de Cubellus” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Maria Nunez do Couello” (doc ano 1292 en Manuel Lucas Alvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 441). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelo. A mesma orixe presentan as formas en plural Covelos e Cuvelos. Todos estes apelidos adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural correspondente ao apelido galego Covelo. Unha variante fonética deste apelido é Cuvelos. Ambos os dous adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza ou convenio asinado por diversos estamentos para a defensa do culto reformado na Igrexa presbiteriana escocesa. Os primeiros datan de 1557 e de 1581; sen embargo, o máis célebre foi o National Covenant de 1638, polo que os presbiterianos escoceses lograron impedir as medidas de Carlos I, favorables á imposición do anglicanismo en Escocia. Ese feito desencadeou unha profunda crise en Inglaterra en 1641 e provocou a primeira revolución inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro londinense, tamén coñecido como Royal Opera House, cunha capacidade para 3.000 espectadores. Foi construído por John Rich, propietario dunha das dúas licencias para teatros que había na época, e inaugurado en 1732 nun coñecido distrito residencial de Londres, cun espectáculo baseado nunha obra de William Congreve, The Way of the World (Os camiños da vida). Destruído por un incendio en 1808, reconstruíuse rapidamente e volveuse inaugurar cunha produción de Macbeth en 1809. Foi un dos primeiros teatros de Europa en introducir a iluminación de gas, feito que tería unha enorme incidencia nas pautas interpretativas e provocou unha reacción que conduciría, a finais de século, ao abandono da xesticulación esaxerada, á redución da declamación e ao realismo. A partir de 1859, as súas producións comezaron a recuperar a orientación inicial que combinaba os espectáculos teatrais coa ópera e o ballet.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, no condado metropolitano de West Midlands, preto dos ríos Avon e Trent (306.503 h [1996]). Trátase dun núcleo industrial bastante diversificado, no que predominan as industrias do sector téxtil, metalúrxico, aeronáutico, electrónico, da automoción, da maquinaria agrícola e das telecomunicacións. Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial, período no que sufriron danos moitos dos seus edificios, incluída a catedral de Saint Michael (s XIV). A nova catedral, obra de Basil Spence (1951-1962), conserva a torre e a armazón da antiga nave.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo que posa para os fotógrafos das revistas, sobre todo para ilustrar a portada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1924. Foi dirixida por James Cruze e interpretada por J. Warren Kerrigan, L. Wilson, A. Hale e E. Torrence. Trátase da historia dunha caravana de carros que se dirixen cara ao leste. Coma se fose un documental, cóntanse as relacións persoais dos protagonistas e préstaselles especial atención ás paisaxes e á vida propia dos vaqueiros.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca da Plana Alta, na provincia de Castelló de la Plana, situado no val medio do río Segarra (1.857 h [1996]). Case a metade da súa poboación se dedica á agricultura, principalmente aos cultivos de oliveira, cereais e viña. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura. Do seu patrimonio destaca a igrexa parroquial da Assumpció, de estilo neoclásico. De orixe musulmana, en 1235 foi conquistado por Xaime I, que a cedeu o Balasc d’Alagó.
VER O DETALLE DO TERMO