"Quel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 149.

  • PERSOEIRO

    Ciclista. Proclamouse campión de España en 1948, feito que repetiu en dezanove ocasións máis. En 1952 e 1960 gañou a Volta Ciclista a Catalunya e en 1955 o Grand Prix Midi Libre de Francia, así como a Milán-San Remo en 1957 e 1959. Gañou máis de 40 critérium internacionais en Francia e máis de 30 en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Molière, dedicouse ao teatro en compañías ambulantes e fundou o Illustre Théâtre coa familia Béjart. En 1656 representou a súa primeira obra orixinal, Les precieuses ridiculez, que facía unha pintura satírica dos salóns preciosistas. Entre 1656 e 1669 fixo representar as súas comedias máis sólidas, en que a comicidade queda reducida, sobre todo, a un papel formal, e nas que predominan as ideas do moralista: L’école des femmes (1662); a primeira versión de Tartuffe (1664), en tres actos, foi inmediatamente prohibida; ao ano seguinte, tratou dun tema afín e de moda, Don Juan ou le festin de Pierre, que tivo que renunciar a representar, a causa das presións exercidas sobre os seus protectores. O desengano e o sentimento de fracaso e de impotencia fixérono escribir farsas máis lixeiras, como Le misanthrope e Le médecin malgré lui (1666). O estilo cambiou en L’avare (1668), en que o vicio denunciado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de La Rioja, drenado polo río Cidacos (1.958 h [2001]). A súa economía baséase na industria conserveira e do calzado e na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terminación dalgunhas extremidades dos artrópodos en forma de pinza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se forma un quelato, entre o ión metálico e un ligando bidentado ou multidentado. Supón un cambio notable das propiedades dos ións que a sofren, especialmente no que respecta á coloración e á condutividade eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano que porta unha quela ou pinza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada unha das diferentes especies aniónicas ou neutras que poden establecer dous ou máis enlaces por molécula cun mesmo ión metálico. A natureza dos enlaces establecidos entre o axente quelante e o ión pode ser covalente por compartimento ou por doazón. Os axentes quelantes que máis se empregan son o ácido aminoacético, as diaminas terminais da cadea curta, o EDTA tetrasodio, a oxina, a dimentilglioxina e o anión acetilacetonato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Complexo cíclico que resulta da interacción de ligandos bidentados ou multidentados con catións metálicos.

    2. Fenómeno que consiste nun grande aumento da estabilidade dos complexos de coordinación cando os seus ligandos son multidentados e orixinan quelatos, respecto a complexos moi semellantes con ligandos monodentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos ploceidos, cuxa especie máis común é Q. quelea. É orixinaria do S do Sahara, e ten a plumaxe parda amarelenta, ventre pardo rosáceo, e peteiro vermello, ao igual ca o círculo preorbital. Outras especies son Q. cardinalis e Q. erythrops, esta última coa cabeza vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ezequiel-Leandro Pérez Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quelicerados.

    2. Artrópodo do subfilo dos quelicerados.

    3. Subfilo dos artrópodos co corpo formado por un cefalotórax e un abdome, e seis pares de apéndices articulados, todos no cefalotórax. Comprende tres clases: meróstomos, arácnidos e picnogónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous membros que forman o primeiro par de apéndices dos artrópodos quelicerados. Acaba en pinza, que consta dun dedo móbil e outro fixo, que comunica cunha glándula velenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do látex da ceruda (Chelidonium majus), de acción espasmolítica, antiviral, antitusíxena que tamén pode actuar como sedante lixeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Zambézia, Moçambique (150.116 h [1997]. É un porto situado ao NL da desembocadura do río Zambeze. Durante os ss XVIII e XIX foi un gran centro do mercado de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rúa estreita ou curta que non está entre as principais dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas flamengos do s XVII. Erasmus Quellinus (Anveres 1607-1678), traballou con Rubens e foi pintor oficial da cidade de Anveres. O seu irmán Artus Quellinus o Vello (Anveres 1609-1668), escultor, foi discípulo de Françoise Duquesnoy en Roma. Traballou no palacio do Dam de Amsterdam, onde colaborou con el o seu curmán, Artus Quellinus o Novo (Saint Trond 1625-Anveres 1700), tamén escultor, e autor do comungatorio da igrexa de Saint Rombaut de Malinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cicatriz viciosa, hipertrófica, branca e dura, que se produce por un exceso de proliferación do tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de queloides múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quelónidos.

    2. Réptil da familia dos quelónidos.

    3. Familia de réptiles, da orde dos quelonios, cun escudo cuberto por grandes placas xustapostas ou imbricadas, patas grandes adaptadas á natación, dedos cubertos de pel e armados con fortes uñas, pescozo pouco retráctil, cabeza grande e forte e cola curta. Inclúe algúns xéneros propios de mares tropicais e temperados, dos que destacan Caretta, Chelonia e Eretmochelys.

    VER O DETALLE DO TERMO