"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo noruegués. Foi bispo de Bergen. Escribiu en danés e despois en noruegués, lingua na que creou Einer Tambeskilver (1772), drama nacional de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, abandonou a súa orde no ano 1576 e viaxou por case toda Europa, en conflito constante cos calvinistas e cos católicos. Acusado de herexía, foi apresado pola Inquisición en Venecia en 1593 e, tras un longo proceso, morreu na fogueira. Influído polo neoplatonismo, o sensualismo, o panteísmo, certas prácticas máxicas e, sobre todo, pola filosofía de Nicolao de Cusa e a nova astronomía de Nicolao Copérnico, desenvolveu unha nova concepción do mundo que rebatía as teorías que o interpretaban como unha totalidade ordenada xerarquicamente, xirando ao redor dun centro fixo. Postulaba que o sistema solar formaba parte doutro máis amplo, este, á súa vez, doutro, e así ata o infinito. Este mundo infinito, no que todos os puntos son centro, non se identificaba simplemente cunha manifestación divina, como defendía Nicolao de Cusa, senón co propio Deus. Ao mesmo tempo, insistiu nunha nova concepción do home pola que, trascendéndose a si mesmo, expandíndose...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura feita na parede ou na parte superior do teito pola que pasa a luz, o aire ou se accede ao tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos cabos ou cables de gran lonxitude que baixan desde o extremo dos mastros e se fincan nas táboas de gornición ou na borda. Están dispostos un pouco cara á popa dos paos e serven para manter firmes os paos do barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manto de Mahoma. Segundo a tradición lanzoullo ao poeta Ka’b ibn Zuhayr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de fibras nerviosas sensitivas situadas no cordón posterior da medula espiñal; no bulbo, este fascículo atravesa o núcleo de Burdach e chega ao córtex cerebral do lado oposto. Foi descrito polo fisiólogo alemán Karl F. Burdach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Dedicouse ao estudo do sistema nervioso e describiu o fascículo e o núcleo nervioso que levan o seu nome: fascículo de Burdach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que aparece frecuentemente grafada coa forma Burdaya. Leva como armas: en campo de goles, unha cruz de prata, no xefe, con tres veneras, de ouro, mal ordenadas, unha no centro e dúas nos cantóns da punta, e bordo de ouro. Outra variante recolle o mesmo escudo pero sen a cruz no xefe. Algúns traen, en campo de goles, tres veneras de ouro mal ordenadas; no xefe, dúas estrelas de prata, unha en cada ángulo, e bordo de ouro. Outros ostentan: en campo de goles, tres veneras de ouro, mal ordenadas; no xefe, dúas estrelas de prata, unha en cada ángulo, e unha cruz plana do mesmo metal no centro, amais dunha fileira de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘desbordar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Martelo de canteiro que está formado por dúas bocas con dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Urocordado no que o notocordio só está presente no estado larval, como os taliáceos e os ascidiáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Coñécese como o pai da chamada escola valenciana e introdutor das formas pop na ilustración infantil e xuvenil. Cultivou o deseño gráfico, o cartelismo e a publicidade. Gañou, entre outros, o Premio Nacional de Ilustración en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘calor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘calar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cardar.

    2. Cepillo formado por unha táboa onde van cravadas unha serie de puntas ou púas de arame, empregado para desenlear o liño, despois de espadelado, e a la, tras limpala e lavala.

    3. Máquina empregada na industria téxtil para limpar algodón e outras fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción de liño ou la que se carda dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que carda la ou liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cardar.

    VER O DETALLE DO TERMO