"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
PERSOEIRO
Escritor sueco. Defensor da natureza a partir da publicación Dikter under träden (Poemas baixo das árbores, 1956), escribiu, entre outras obras, poemas Ordbok (Dicionario, 1976), Elegier och Andra Dikter (Elexías e outras poesías, 1993); obras de narrativa Forebund (Augurio, 1953), Backen (O regato, 1958); ensaio Blavalen (A Balea Azul, 1979); e teatro Jag maste till Berlin (Moverse en Berlín) e Job (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Astronomía que se ocupa do estudo da posición dos astros e dos seus movementos. O seu obxecto é o de transportar, pola medida dos ángulos, as direccións dos astros a puntos de referencia coñecidos. Os seus complementos matemáticos son, dunha banda, a mecánica celeste -e, en xeral, toda a astronomía teórica- e, doutra, a astronomía esférica. A Astrometría non se ocupa da distancia á que se atopan os astros, senón da dirección na que son observados; utiliza a proxección da súa posición real nunha esfera ideal, a esfera celeste. Mediante a trigonometría esférica é posible pasar das coordenadas observadas do astro (altura e acimut) ás coordenadas xeográficas do observador. Deste problema concreto ocúpase a parte da Astrometría chamada astronomía de posición ou astronomía náutica. A maioría dos instrumentos astronómicos teñen a súa aplicación na astrometría, como é o caso do círculo meridiano e do lente cenital fotográfico. O lanzamento de satélites astrométricos axuda a confeccionar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Astrometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada polo Emperador Adriano cara ao 135 d C, cerca do foru, para a promoción das letras. Era o lugar de reunión de poetas e oradores, onde se realizaban cursos de Retórica, Xurisprudencia, Gramática e Filosofía. Denominada despois Escola Romana continuou o seu labor ata o s V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión dexenerativa que constitúe a máis común das arterioscleroses. Consiste nunha placa fibrosa, dura, que avulta a capa íntima das arterias grandes e medias. Fórmase por unha zona central constituída por lípidos (sobre todo colesterol) e restos de células destruídas, envoltas por tecido conectivo e musculatura lisa da parede da arteria. O ateroma pode ir pechando a luz da arteria e provocar lesións isquémicas; tamén pode necrosarse, ulcerarse e producir aneurismas arteriais e embolias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dexeneración máis ou menos xeneralizada das paredes arteriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ALiR.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante ou que ten forma de trompeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente doutrinal centrada en Viena, vixente durante o primeiro terzo do s XX, xurdida no seo do partido socialdemócrata austríaco. Tiña un carácter enciclopédico e recuperou aspectos de Kant en filosofía, en teoría do dereito e en política, sen abandonar o Marxismo. Entre os seus membros destacan: Rudolf Hilferding, no campo da economía, Max Adler, en filosofía, Gustav Eckstein, en socioloxía, Karl Renner, en dereito, e Friedrich Adler como líder político. Otto Bauer estudiou o problema das nacionalidades e desenvolveu a teoría da acumulación. O austromarxismo foi moi atacado polo marxismo-leninismo por causa das súas teses reformistas.
-
-
Dise da rexión austral do Mediterráneo.
-
Provincia meridional da rexión mediterránea, que correspondente principalmente ao dominio dos maquis e dos espiñeirais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto de carreiras para automóbiles, en forma oval e cunha lonxitude que oscila entre os 2,5 e os 4,5 km, no que os vehículos poden acadar velocidades de máis de 300 km/h. A pista está pechada e é continua, feita cun aglomerado asfáltico de elevado coeficiente de adherencia, ten curvas peraltadas e cando menos dous longos tramos rectos. Os autódromos tradicionais volvéronse perigosos e, agás o de Indianápolis (EE UU) onde se celebra a carreira das 500 millas, apenas se usan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao auxocromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo substituínte dunha molécula cromóxena que lle favorece a cor ao variarlle a lonxitude de onda e a intensidade de absorción da rexión de absorción máxima de radiación electromagnética do cromóforo. Os auxocromos inflúen no matiz da cor segundo a súa natureza, o seu número e a súa posición na molécula cromóxena; comunican á substancia propiedades tinguidoiras e convértena de substancia coloreada en colorante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base de lanzamento espacial situada preto do mar de Aral a aproximadamente 400 km ao SO da cidade do mesmo nome, no Kazakhstán, a 46° de latitude N. Construída pola Unión Soviética, logo da súa desintegración e a independencia do Kazakhstán, Rusia continúa empregándoa para o lanzamento das súas naves espaciais, co consentimento do goberno kazakho.
-
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico. Descubriu o bromo en 1826 ao illalo da auga do mar e demostrou a súa afinidade co cloro e o iodo. Foi profesor en Montpellier, na Sorbonne e no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico, descrito inicialmente polo médico italiano Guido Banti, que representa unha forma de hipertensión portal, na que destaca unha grande esplenomegalia con pancitopenia e frecuentes e graves hemorraxias dixestivas. OBS: Denominación en desuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección provocada por fenómenos meteorolóxicos, sobre todo polos descensos súbitos da presión atmosférica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Física que trata sobre a medida da presión atmosférica.