"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

      1. Nome dado a diversas aves da familia das hirundínidas que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos, e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana e de presenza estival en toda Europa, onde cría.

      2. andoriña común [port: andorinha-das-chaminés; cast: golondrina común; ingl: swallow] [Hirundo rustica, Fam dos hirundínidos]

        Ave de 19 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas. Está amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada ao medio rural, constrúe niños en forma de cunca enriba de trabes e cravos de alpendres, cortes de gando ou casas.

      3. andoriña cubranca [port: andorinha-dos-beirais; cast: avión común; ingl: house martin] [Delichon urbica, Fam dos hirundínidos]

        Ave de 13 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada, excepto a mitra que é branca; a inferior é branca. Ten as patas cubertas de penuxe branca e o rabo escotado, tamén branco. Atópase amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada a núcleos urbanos, constrúe niños en colonias, pegados ás paredes das casas e cun pequeno buraco de entrada.

      4. andoriña dáurica [port: andorinha-daurica; cast: golondrina daurica; ingl: red-rumped swallow] [Hirundo daurica, Fam dos hirundínidos]

        Ave de 18 cm de lonxitude coa parte superior azul escura, bardante a caluga e a mitra que son arrubiadas; a inferior é castaña clara co eixe de moitas plumas máis escuro. Ten a cola moi esgallada, de cor azul escura por riba e por debaixo, coas rectrices máis anchas pero menos longas ca as da andoriña común. En Galicia aparece na área mediterránea. Constrúe un niño semellante ao da andoriña cubranca, pero cunha entrada tubular, baixo pontes e beirís de edificios.

      5. andoriña pedreira [port: andorinha-das-rochas; cast: avión roquero; ingl: crag martin] [Ptyonoprogne rupestris, Fam dos hirundínidos]

        Ave de 14,5 cm de lonxitude coa parte superior branca e a inferior branca terrosa, máis escura nas proximidades da cola, que é recta e cunhas pintas brancas visibles durante o voo. En Galicia é a única andoriña sedentaria. Atópase en paraxes montañosas abruptas e constrúe un niño, en forma de media cunca, en paredes verticais de cantís, pontes e grandes edificios.

      6. andoriña dos ribeiros [port: andorinha-das-barreiras; cast: avión zapador; ingl: sand martin] [Riparia riparia, Fam dos hirundínidos]

        Ave de 12 cm de lonxitude coa parte superior castaña e a inferior branca cunha banda pectoral tamén castaña. Ten a cola lixeiramente gallada. En Galicia é pouco común. As colonias de cría atópanse asociadas a terrazas de cursos fluviais, xa que escava os niños en taludes terrosos.

    1. ceruda.

      1. volandeira.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘correspondencia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr italiano que adaptou cancións de xesta francesas á lingua vulgar italiana e as popularizou. Salientan, sobre todo, I Reali de Francia, recompilación de narracións en prosa do ciclo carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Merina, en Madagascar. Soberano de Ambohimanga (1787), reforzou a súa autoridade, reorganizou a administrición, impulsou o funcionamento das asembleas de anciáns e reformou o sistema fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Tapia, no concello de Ames. O cumio, chamado Chan do Monte, esténdese por unha superficie plana de 0,56 km2 cunha altitude máxima de 425 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe de periodicidade irregular aparecida en decembro de 1959 en Sevilla, subtitulada “Portavoz del Lar Gallego de Sevilla”. A súa primeira etapa cesou en xullo de 1962, no número 8. Dirixírona Luís Conde Rivera, María Teresa Rodríguez e Gloria Ayala. Contiña artigos e comentarios sobre o Lar Gallego e aspectos típicos de Galicia, amais de poemas ilustrados con fotografías da paisaxe galega. Apareceron tamén algúns debuxos de Castelao, poesías de Pura e Dora Vázquez e artigos sobre o Día das Letras Galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en febreiro de 1970, editada pola Comunidade Cristiá Galega de Salamanca, que cesou en maio do mesmo ano. Colaboraron fundamentalmente alumnos da Universidade Pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista compostelá bilingüe aparecida no nadal de 1984 e subtitulada “Revista de Cultura”. Cesou nos primeiros meses de 1988. Coordinada por Luís Alonso Girgado, G. Domínguez Santos, X. Lens Tuero, Xesús Rábade Paredes, Xosé Sánchez Reboredo e Manuel Quintáns Suárez, colaboraron nela Torres Queiruga, R. Irago Silva, o doutor Xisto Seco, Antonio Fraguas, Fernández del Riego e outros. Editada pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, a súa temática era cultural, histórica e literaria. Dirixíase aos Centros Galegos, Casas de Galicia e Asociacións galegas espalladas polo mundo. Dedicou tamén monográficos a Valle-Inclán e Castelao, amais de traballos sobre poetas como Cabanillas, Rosalía, Curros, Pimentel, Gerardo Diego e Lorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida no ano 1985 en San Cibrao (Lugo), subtitulada “Asociación cultural Anduriña San Ciprián”. Contiña artigos sobre historia, deportes, humor, concursos e unha dedicada a “Nuevos Poetas”. Tiña funcións divulgativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral do Centro Galego de México que saíu no ano 1990. Estivo dirixida por Xosé Luís Álvarez, sendo secretaria María do Carme Forte e redactor Luís Cendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada nos Ánxeles pola Peña de Galicia do CEOC-California, fundada polo empresario Anxo Vázquez Boedo. Dirixida por Manuel J. Torres, oriéntase a difundir as actividades da Asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación oficial do Centro Galego de Lausanne (Suíza), que se ocupa de temas da emigración galega, asuntos do propio Centro e novas de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Camba, no concello de Vilariño de Conso, á beira do encoro das Portas. Ten 971 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, de 578 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta galés. Documentado historicamente na Historia Brittonum, de Nennius, ao redor do ano 800, foi o autor do poema Gododdin, que fora transmitido por tradición oral antes da aparición dos manuscritos, uns tres séculos máis tarde. O poema contén a primeira referencia bibliográfica ao Arturo histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asilla cerámica en forma de periña invertida, de pequeno ou mediano tamaño, con boca en resalte e pé en pivote, utilizada xeralmente para alumar embarcacións entre os ss XVI e XVIII; ten sido confundida con ánforas de épocas moito máis antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO