"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • L’ubov’ Isaakovna Aksel’rod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artiodáctilos da familia dos suidos coñecidos co nome de babirusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado con Conrado del Campo, pertenceu á chamada Xeración da República. A súa produción é ecléctica e refinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e humanista, coñecido como Jodocus Badius Ascensis. Formado en Italia, estudiou grego e latín en Lyon. Corrector nas prensas de J. Trechsel, cara ao 1495 estableceuse no taller de Robert Gaguin de París ata que posuíu imprenta propia, contra o 1500. Membro do núcleo de humanistas prerreformistas de París, do grupo de Lefèvre de Etaples, editou case catrocentos volumes dos humanistas máis relevantes da súa época (Erasmo, Budé, Poliziano, etc). Propiciou algunhas das primeiras edicións de obras lulianas: Logica brevis (1516), Proverbia (1518) e Arbor philosophiae amoris (1516). Escribiu algunhas obras orixinais, como Navis Stultorum (A nave dos tolos). Casou as súas fillas con libreiros e impresores,;dun deles, Roberto Stéfano, descende a liñaxe dos Ètienne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores americanas da familia das moráceas, de follas opostas e madeira amarela, empregada, especialmente a de B. guianensis, en ebanistería e construción de paraugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de hemicordados da clase dos enteropneustos, que poden acadar unha lonxitude de ata 30 cm, son de cor amarela e teñen o abdome aplanado. No Atlántico, e tamén no Mediterráneo, pódese atopar a especie B. clavigerus, que escava nos fondos areosos e lamacentos da zona infralitoral e nas augas máis profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formouse no humanismo renacentista, introducindo o Petrarquismo en Hungría cos seus poemas amorosos, reflexo dos seus numerosos desenganos. Escribiu tamén poesía relixiosa e patriótica, que tivo unha enorme difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista. Influenciado por Filippo Lippi e Domenico Venziano, realizou unha pintura refinada que fai presentir a Botticelli. Colaborou con Piero della Francesca e Andrea del Castagno nos frescos perdidos da capela maior de San Exidio. Da súa produción artística salientan a Madonna do Musée du Louvre (París) e a Madonna co Neno e santos (1453?) da Galleria degli Uffizi (Florencia). Supervisou as obras de restauración e reconstrución dos mosaicos do baptisterio da catedral de Florencia e desde 1453 decorou con mosaicos os arcos da Porta da Cruz e da Porta do Paraíso. Escribiu uns Ricordi (Lembranzas, 1499?), fonte para o estudo da arte da súa época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de covas localizadas entre a vila de Grimaldi (Liguria) e a fronteira francesa. Proporcionou importantes descubrimentos prehistóricos do Paleolítico medio e superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Civilista de renome, entre os seus traballos destaca Istituzioni di diritto civile (Institucións de dereito civil, segunda edición 1921), obra breve mais de gran valor didáctico e rigor científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Xefe de goberno ao inicio da Segunda Guerra Mundial, declarou a guerra á URSS (1941), forzado por Alemaña. Foi executado no 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Fíxose coñecer cunha recompilación de poemas titulada Les pleureuses (As choronas, 1895), e con algunhas novelas como L’enfer (O inferno, 1908); pero a súa consagración tivo lugar despois da Primeira Guerra Mundial coa obra Le Feu (O lume, 1916), novela antimilitarista que provocou unha gran polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Foi presidente do consello de ministros húngaro (1941-1942). Influíu na entrada de Hungría na Segunda Guerra Mundial e declaroulle a guerra á Unión Soviética (1941). Despois da derrota foi condenado a morte e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista vasco en lingua castelá pertencente á chamada Xeración do 98. De familia de ideas liberais, estudiou Medicina en València e en Madrid, onde se doutorou. Despois de exercer en Zestua (Cestona) abandonou definitivamente a medicina e trasladouse a Madrid. Comezou a colaborar en xornais e revistas radicais, entrou en relación co grupo de escritores novos que formaron a Xeración de 98 e publicou o seu primeiro libro, as narracións Vidas sombrías (1900). Cando estalou a Guerra Civil española (1936-1939), trasladouse a Francia. En 1940 volveu á Península Ibérica. A súa obra é moi extensa: aos 75 volumes de novelas e narracións hai que engadir os libros de ensaio, teatro, poesía e biografías, xunto coas súas memorias tituladas Desde la última vuelta del camino (1944-1949). Vintedúas das súas novelas forman un grupo homoxéneo, moi diferenciado do resto da súa produción, agrupadas baixo o título Memorias de un hombre de acción (1913-1935), onde o autor presenta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escritor vasco. Irmán de Pío Baroja, a súa pintura representa a expresión plástica do espírito da Xeración do 98; a súa temática é paisaxística e tecnicamente achegada ao Impresionismo. Destaca a calidade dos seus gravados, influídos por Goya. Escribiu novela, teatro e contos, case todos nun ambiente vasco, pero literariamente é coñecido pola obra Gente del 98 (1952), que constitúe unha escolma de artigos que apareceran no Diario de Madrid en 1935. Fundou en 1926 o teatro de cámara El Mirlo Blanco, do que foi o seu director. Recibiu a segunda medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1906 e a primeira medalla en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Cumbria, no N de Inglaterra, Reino Unido (61.704 h [1981]). Está situada na península de Furness, fronte á illa de Walney, á beira do mar de Irlanda. Pequeno porto pesqueiro, experimentou un notable desenvolvemento na segunda metade do s XIX, a raíz do descubrimento en 1847 de dúas minas de ferro. A explotación destes xacementos acompañouse da localización de industrias siderúrxicas (altos fornos) e metalúrxicas (construción naval).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro occitano. Proxectou as centrais eléctricas de Perpiñán. Traballou na reconstrución do ferrocarril de Narbona a Perpiñán (1860) e nas obras da canle de Suez (1866-1870). Interveu activamente na política rosellonesa, e no 1902 foi elixido deputado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto italiano. Foi profesor de Dereito Romano en Boloña, Pisa e Perugia. Participou na redacción da Bula de Ouro de Carlos IV de Alemaña. Son coñecidos os seus tratados De represaliis, De tyrannia, De regimine civitatis, entre outros. Influíu notablemente na xurisprudencia aragonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO