"Tm" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

  • Institución financeira británica constituída en 1968 pola fusión do National Provincial Bank (1883) e o Westminster Bank (1843), ambos os dous bancos resultado doutros procesos de concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. En 1856 emigrou a Canadá e estableceu en Montréal un estudo fotográfico onde aplicou as técnicas fotográficas do daguerrotipo aprendidas na súa cidade natal. Documentou construcións da época, como a inauguración da ponte Vitoria (1860) por Eduardo VII, e especializouse en retratos de estudo das clases acomodadas. Abriu estudios en Otawa, Boston, Nova York ou Pennsylvania, contratou outros fotógrafos e experimentou con escenas montadas en interiores e exteriores. Consérvanse máis de 400.000 fotografías na denominada Notman Collection, no McCord Museum de Montréal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Istmo que une América do Norte con América do Sur, quedando aos lados os océanos Atlántico e Pacífico. Ten unha lonxitude duns 700 km e unha anchura máxima de 190 km, e describe unha dobre curva. Pertence a Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. As primeiras obras manifestan o seu ideal prerrafaelista. Convertido ao catolicismo, a súa obra poética evolucionou cara a un erotismo de tema relixioso, e nela predominan as descricións de escenarios naturais e de contextos domésticos. Destaca a súa obra The Unknown Eros & Other Odes (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega do Dodecaneso, situada no Mar Exeo, diante da costa de Caria, ao S de Samos, onde foi desterrado san Xoán Evanxelista. San Cristódulo, despois de recibir unha bula de Aleixo I Comneno de Bizancio, fundou o mosteiro de San Xoán (1088), un importante centro de peregrinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento musical que emprega ritmos diversos e simultáneos nas diferentes voces ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e promotor estadounidense. Deseñou o Hyatt Regency Hotel de San Francisco (1973), o Peachtree Center de Atlanta (1976) e o Atlanta Marriott Marquis Hotel (1985), de 55 pisos de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo dos ritmos na lingua literaria, en especial nos versos latinos e gregos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ritmo ou á rima.

    2. Que ten ritmo.

    3. Que segue un ritmo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporción de tempo entre diversos sons, movementos, fenómenos ou actos repetidos.

    2. Movemento que se lle imprime á música, da que constitúe un elemento esencial. Consiste na alternancia de sons fortes e débiles, longos e breves, nunha sucesión de sons, e xorde do autodesenvolvemento da frase musical. A sistematización do ritmo é o pulso regular ou tempo que aparecen en grupos de dous ou tres e nas súas combinacións compostas. A música sempre ten ritmo, pero pode non ter compás, que é a unidade métrica que serve para organizar esquematicamente o ritmo. Malia ser antagónicos ata certo punto, o ritmo e o compás compleméntanse, xa que grazas á regularidade do compás pode captarse a liberdade do ritmo. Divídese en ritmo isométrico, se cada tempo é múltiplo ou fracción dun compás co acento nun dos tempos, frecuentemente o primeiro, e ritmo multimétrico, cando os tempos son diferentes, sen acento fixo.

    3. Repetición sucesiva dun elemento nun verso, do grego ñõèìόò ‘cadencia’. Nas literaturas clásicas grega e latina este elemento estaba conformado pola cantidade de sílabas, que se dividían en longas e breves, e pola súa distribución no verso. Non obstante, hai que destacar que xa desde o s V a C existiu unha clara tendencia a diferenciar na práctica rítmica os metros dos ritmos. Os primeiros nacen dunha sucesión definida de metros iguais segundo leis de isocronía; os ritmos, en cambio, aínda que poden localizarse agrupados en isocronía métrica, desenvólvense como sucesión de elementos, uns iguais, outros desiguais, dispostos período por período en coherencia do fluxo rítmico. Actualmente, o concepto de ritmo non ten que ser entendido como referido unicamente ao verso, senón que constitúe un aspecto que afecta a toda a creación literaria en xeral. Así, por unha banda hai teorías que postulan a ‘periodicidade’ como condición sine qua non do ritmo, mentres que outras sosteñen que...

    4. Recorrencia ou repetición, a intervalos máis ou menos frecuentes e irregulares, dun conxunto ou secuencia de estratos na sucesión estratigráfica. A orixe dos ritmos pode ser debida a unha repetición periódica dos movementos de subsidencia da zona de sedimentación, de alzamento ou de pregamento, das áreas que son fonte de sedimentos, ou a unha alternancia estacional climática.

      1. Fenómeno característico dos procesos vitais que se presenta cunha regularidade periódica, ben a escala celular, como o ritmo de división celular, ben a escala do organismo (circadiano, estacional, etc). Un ritmo marcado pola variación de factores externos -como os que ocorren ao pasar do día á noite- considérase esóxeno, e un ritmo indiferente á acción dos factores externos considérase endóxeno.

      2. ritmo circadiano

        Ritmo de actividade interna que se presenta regularmente, cunha frecuencia dun ciclo en cada período de arredor de 24 horas, nun organismo subtraído á acción dos fenómenos exteriores que seguen a alternancia día-noite. Presupón a existencia dun reloxo biolóxico.

      3. ritmo estacional

        Ritmo que varía a estrutura de certas comunidades co paso de cada estación.

      1. Fenómeno que se repite a intervalos regulares.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Formulou un modelo de desenvolvemento económico de pretensións universais, onde estableceu cinco etapas: a tradicional; a previa á subida (precondicións); a subida (take off); a economía madura ou etapa en que un país utiliza plenamente a tecnoloxía existente; e a era de consumo en masa. Publicou Essays of the British Economy of Nineteenth Century (1948), The Process of Economic Growth (1952), The Stages of Economic Growth. A Non Comunist Manifest (1960), The Diffusion of Power (1972), How It All Began (1975), British Trade Flutuations 1868-1896 (1981) e The United States and the Regional Organization of Asia and the Pacific (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Viviu en Italia. Distinguiuse polas súas grandes composicións murais, nas que a paisaxe adquiriu un carácter heroico e monumentalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado no sector noroccidental da illa de Eivissa, Illes Balears (15.081 h [2001]). A expansión das actividades turísticas fixo diminuír as agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.921 h [2001]). Ten industria tradicional do sector téxtil e as industrias metalúrxicas, químicas e automobilísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Discípulo de B. Brecht, deu unha visión amable da vida cotiá dentro dun sistema socialista. Escribiu comedias, como Katzgraben (Tumbas de gatos, 1953) e novelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megye de Hungría (5.936 km2; 582.256 h [2001]). A súa capital é Nyíregyháza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arritmia con aumento da frecuencia do pulso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Istmo de México, que serve de unión entre América Central e Setentrional. Situado entre o golfo homónimo, ao S, e o de Campeche, ao N, ten unha anchura mínima de 210 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo do tulio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipérbato que consiste en intercalar unha palabra entre os dous elementos doutra composta.

    VER O DETALLE DO TERMO