"UVI" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 118.

  • Que é posterior ao diluvio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polos pintores de frescos italianos do s XV, dotou ás súas teas da aparencia de fresco. Caracterizouse polo sintetismo, a pincelada plana, as cores despexadas, a liña do horizonte alta, as figuras en primeiro termo e moi grandes e unha gran simplicidade na composición. Realizou Concordia (1861), Le bois sacré (1885 e1887), L’Été (1891-1892) e decorou o Panteón de París co Rencontre de sainte Geneviève et de saint Germain (1874) e cultivou tamén a pintura de personaxes populares, Le Pauvre Pêcheur (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecha apagada dunha vea ou dun caldil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos redúvidos.

    2. Insecto da familia dos redúvidos.

    3. Familia de insectos da orde dos heterópteros, de cabeza estreita, ocelos prominentes, con antenas e aparello bucal forte e curvado, situado na parte inferior da cabeza e do protórax. Son terrestres, e inclúe especies depredadoras e cosmopolitas especialmente abundantes nas zonas tropicais, así como un bo número de especies europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto hemíptero que pertence ao xénero Reduvius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de hemípteros, da familia dos redúvidos, que presentan o corpo acastañado e as antenas moi longas. Son insectos que producen picaduras dolorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi un dos principais representantes do neocriticismo en Francia que, despois de Kant, defendeu as teses da liberdade e do personalismo e negou a posibilidade da metafísica como ciencia. Publicou Essais de critique générale (1854-1864), Introdution à la philosophie analytique de l’histoire (1896) e Historie et solution des problèmes métaphysiques (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo saluvio.

    2. Individuo do pobo saluvio.

    3. Pobo da Galia Narbonesa situado ao N de Marsella. As dificultades que causaban nas relacións por terra entre Roma e a Hispania motivaron varias loitas (154-125 a C). Foron dominados polo cónsul Sexto Calvino (123 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Yvelines, Francia, situada próxima ao Sena (50.219 h [1999]). É un centro fabril, convertido en suburbio de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás augas subterráneas situadas ao longo dun val e aos procesos resultantes, como a erosión, o transporte de materiais, o depósito, e os afloramentos na superficie como as fontes e as resurxencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro emperador romano da Galia (268-273). Era senador e praeses de Aquitania, cando en 268 o escolleron para suceder a Vitorio. Soberano pacífico, non puido dominar as tropas. En 273 Aureliano apresouno nos Campos Cataláunicos. Foille restituída a dignidade de senador e nomeárono coreitor de Lucania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • unidade de vixilancia intensiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e de Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855 e 1856-1865). Foi alcalde de Santiago de Compostela, deputado nas Cortes (1840-1841, 1843-1849 e 1851-1852) e senador como reprensentante da Universidade de Santiago de Compostela (1877-1878), pero non tomou posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro. Escribiu o tratado De Architectura, en dez libros, entre o 27 e o 23 a C. Conservado durante a Idade Media en bibliotecas monacais e redescuberto en 1414, no Renacemento converteuse no prototipo de toda a tratadística arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de canais que une o Volga co Mar Báltico e, a través do canal Mar Branco-Mar Báltico, co Mar Branco. Denomináronse tamén sistema de navegación de Marij. A navegación inaugurouse en 1810, pero tras a Segunda Guerra Mundial comezou a construción dun novo canal entre o lago Onega e o río Volga, que se inaugurou en 1964. Ten unha extensión total de 368 km.

    VER O DETALLE DO TERMO