"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Nome que recibe o Parlamento de Islandia. Está composto por 63 membros, divididos en dúas cámaras: a Efri Deild ou cámara alta, de 21 membros, e a Nedri Deild, cámara baixa, de 42 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista alemán. Contrario a toda autoridade absoluta, defendeu a doutrina de que a soberanía reside no pobo. O seu apelido non latinizado era Althaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Representante dunha das principais correntes do marxismo do s XX, a súa principal contribución consistiu, sobre todo, en propor unha “lectura” de Marx que separa o circunstancial do científico, feito que permitiría a reconstrución dun marxismo científico axeitado para a análise obxectiva da sociedade. Na procura desta lectura científica de Marx, Althusser estableceu un “corte epistemolóxico” nas obras de Marx, distinguindo entre as obras de mocidade (ata 1848), obras de transición (1848) e obras de madurez (a partir de 1848). Segundo Althusser, Marx liberouse de todo hegelianismo e analizou o mundo en Das Kapital (O capital, 1867) con criterios obxectivos e conceptos rigorosos, como os de capital, acumulación capitalista, plusvalía, formación social e outros semellantes. Para Althusser a actividade teórica que conduce á ciencia non pode considerarse nin ideolóxica nin superestrutural, senón que é independente de tales condicionamentos sociais. Esta primacía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘alto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dun terreo que presenta desigualdades, diferencias de altura ou nivel.

    2. ariacións e alternancia de momentos positivos e negativos; en ocasións, segundo a sorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Considérase o fundador da Escola de Verona. Fixo murais en Verona (Santa Anastasia) e en Padua, onde colabora con Avanzo. A súa pintura significa un paso adiante no camiño do Realismo con respecto ás directrices do seu mestre Giotto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise das plantas que, nun mesmo país, se poden atopar en localidades separadas por desniveis de 2.000 m ou máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo concreto de altímetro que rexistra as medicións feitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • grandilocuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recurso métrico propio da lírica trobadoresca que consiste en manter as mesmas rimas da primeira estrofa en todas as demais como acontecía nas cobras unisonantes provenzais.

    2. Parte da topografía que se ocupa de medir as alturas, referidas a un plano de comparación; xeralmente, pero non necesariamente, este plano é o nivel do mar. Na cartografía básica do territorio galego, elaborada polos servicios xeográficos do estado español (Instituto Geográfico Nacional e Servicio Geográfico del Ejército) as altitudes refírense ao nivel medio do Mediterráneo en Alacant. O aparello esencial para estes traballos é o nivel, que serve para atopar as diferencias de alturas entre os puntos e despois relacionadas co plano xa establecido.

    3. Conxunto de signos que nos mapas representan o relevo do terreo: curvas de nivel, sombreados e cotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á altimetría

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que indica a súa cota respecto ao nivel do mar ou respecto ao terreo que ten por debaixo, segundo a graduación que se lle aplique.

    2. altímetro barométrico

    3. altímetro de radar

    4. altímetro de sondaxe

    5. altímetro ultrasonoro

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso da China, na rexión autónoma de Xinjiang Uygur Zizhiqu. É a rama setentrional dos Kunlun. Segue a dirección xeral SO-NL cunha altitude media de 4.000 m, marca a división entre o deserto de Takla Makan e o Tibet, e constitúe o límite suroriental da cunca do Tarim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase especial de solifluxión na que esta se manifesta en forma de meseta (terrazas de altiplanación) e relevos aplanados constituídos pola acumulación de materiais rochosos soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación do terreo cunha superficie máis ou menos plana, ás veces, limitada por un ou máis barrancos e sucada por vales encaixados e profundos.

    2. altiplano oceánico

    3. altiplano residual

    4. altiplano tectónico

    5. altiplano volcánico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de terras altas que se estende dende o S do Perú ata o N da Arxentina incluíndo Bolivia. Cunha altitude media de 3.400 m e unha lonxitude superior aos 900 km, está flanqueada por dúas cordilleiras de elevacións a miúdo superiores aos 6.000 m: a Occidental, que se estende ao longo do límite con Chile, e a Real ou Oriental, que polo centro de Bolivia chega ata Arxentina. O Altiplano coincide co fondo dun antigo e extenso lago. Está drenado por concas endorreicas; o lago Titicaca e o lago salgado Poopó son os máis importantes. A temperatura media é de 8°C, con grandes variacións; pode baixar ata -20°C. O sector N está moi poboado e alí atópanse os principais centros mineiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Togo (16.974 km2; 810.500 h [estim 1989]). A capital é Atakpamé (27.100 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superlativo de alto.

    2. O Altísimo Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de altisonante.

    VER O DETALLE DO TERMO