"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

  • CAPITAIS

    Capital dos estados de Punjab e Hariyāna e dos territorios de Chandīgarh, na India (114 km2; 510.565 h [1991]). Está situada nos contrafortes do Himalaia. Creouse con motivo da integración da antiga capital do Punjab (Lāhore), en Paquistán. Planificada polo arquitecto francés Le Corbusier, contou coa colaboración de Maxwell Fry, Jane Drew e Pierre Jeanneret. Le Corbusier realizou os catro palacios do Capitolio: a casa do goberno, o parlamento, o palacio dos ministerios e o palacio da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parte máis próxima dos Andes con respecto a Europa, é dicir, ao L da Cordilleira Andina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade na que existen socios colectivos con responsabilidade persoal e ilimitada, con facultades de xestión e con socios capitalistas nos que non concorren estes caracteres. Os socios, denominados comanditarios, só achegan fondos e limitan a súa responsabilidade á cifra do capital que achegaron. Se o capital dos comanditarios está representado por accións, recibe o nome de comandita por accións.

    2. Fracción do capital social achegado polos comanditarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Achegar os fondos necesarios para unha empresa comercial ou industrial, sen contraer obrigas mercantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comandita.

      1. Persoa que comandita unha empresa doutra.

      2. Socio que contribúe con fondos nunha empresa social comanditaria e que limita a súa responsabilidade a esta contribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao contrabando.

    2. Que ou quen se dedica ao contrabando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e profesor. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra, onde ensinaba pedagoxía e traballos manuais en 2º curso do grao elemental, e ocupou a súa secretaría en dous períodos (de 1886-1887 a 1892-1893 e de 1896-1897 a 1898-1899). Despois foi profesor da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde se documenta no ano 1906 e no 1919. No curso 1922-1923 volveu a Pontevedra. Publicou a obra Apuntes de una Memoria para el Catequístico de Granada (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos introdutores do simbolismo en Portugal. Da súa produción destacan, entre outras obras, Miniaturas (1871) e Nocturnos (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión occidental de Letonia, situada na beira oriental do Mar Báltico (25.000 km2). Caracterízase por un relevo chairo con costas baixas. O clima é frío e húmido. Os bosques cobren unha gran parte do territorio. Os principais recursos son a agricultura, a gandería e a pesca. Primitivamente habitárona os livonios e os curos, que lle deron nome á rexión. Entre os ss VIII e XII sufriu as invasións dos suecos e dos daneses. En 1237 conquistárona os cabaleiros da orde teutónica, que a dominaron ata 1561, ano no que se converteu en ducado vasalo de Polonia. Na primeira repartición de Polonia (1795), o ducado foi anexionado a Rusia. En 1921 pasou a formar parte da República de Letonia, de xeito que seguiu as vicisitudes desta, coa anexión á Unión Soviética en 1940 e a independencia en 1991. A principal cidade da rexión é Ventspils (41.646 h [1997]), capital do distrito homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home que viste con extrema elegancia e que ten costumes moi refinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e teórico da poesía sánscrita. Escribiu a novela Dashakumara-tcharita (Historia dos dez príncipes) e probablemente o tratado poético Kâvyâdarscha (O espello da arte da poesía).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dandi ou comportamento propio dun dandi.

    2. Actitude estética cultivada entre o s XIX e comezos do s XX e vinculada ao romanticismo e ao modernismo. Iniciouse en Inglaterra no seo da aristocracia, como reacción contra o ascenso da burguesía e a imposición do capitalismo. Supón unha fuxida cara a un mundo ideal, afastado do vulgar da realidade. Considérase que o primeiro dandi foi George Bryan Brummel (1778-1840), a quen seguiron Lord Byron e, posteriormente, Oscar Wilde. O fenómeno estendeuse a Francia, baixo a influencia do conde d’Orsay, a través de escritores, como A. de Musset, Honoré de Balzac, Barbey d’Aurevilly e Ch. Baudelaire. Co tempo introduciuse noutros países, aínda que a súa pegada foi menor. A súa máxima fundamental é facer da vida unha obra de arte, deste xeito, o individuo convértese en autor da súa vida persoal, que desenvolve e planifica conscientemente, e en actor do seu propio drama, que monta para os demais. A súa posta en escena defínese pola imperturbabilidade ante as peripecias da vida, que combina coa forza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que xa se dixo antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Redactor xefe da revista Galicia en Madrid, colaborou asiduamente na prensa galega da época. Entre outras obras, publicou La historia y sus héroes (1929), Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier (1932), Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (Premio da Real Academia Galega, 1944) e Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (Premio da Real Academia Galega, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático costarriqueño. Foi secretario xeral do Partido Unión Nacional (1947) e embaixador nos EE UU (1950-1951). Nomeado ministro de Relacións Exteriores (1951-1953), foi presidente da República (1958-1962). Durante o seu mandato traballou pola mellora das infraestruturas e pola extensión do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado colombiano. Vinculado ao Partido Liberal (PL), ocupou diversos cargos administrativos como ministro de Interior (1934-1935, 1937, 1942 e 1948-1949), de Asuntos Exteriores (1934-1935) e de Educación Nacional (1935-1936). Ocupou interinamente a presidencia da República entre novembro de 1943 e maio de 1944, e foi novamente ministro de Xustiza (1966-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar unha luz, pola súa proximidade ou por ser excesiva, que alguén vexa con dificultade ou mesmo quede sen vista momentaneamente.

    2. Causar unha cousa ou persoa grande admiración ou asombro.

    3. Botar algunhas árbores as candeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi (23.613 h [1996]). Pertence á aglomeración de Bilbao e a súa economía baséase principalmente na industria, sobre todo a metalurxia e a química. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María, a torre renacentista dos Martiartu, os casaríos e as casas-torres dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO