"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ILLAS

    Situada na beira oriental da Ría de Aldán, entre as puntas de San Martiño ao N e Niño do Corvo ao S, na parroquia de Aldán, concello de Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa rusa que asinaba baixo o pseudónimo Bella Akhatovna Akhmadulina. A súa poesía é de ton intimista, garda certas relacións co acmeísmo, pero cre na relación entre o artista e o home da rúa. Da súa obra cómpre destacar Struna (Corda, 1962), o seu primeiro libro, Uroki muzyki (Leccións de música, 1969), Stikhi (Poesías, 1975) e Sni o Grusii (Soños de Xeorxia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabella Akhatovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla na cal o Califa almohade Abū Yūsuf Ya’qūb al-Mansūr derrotou no ano 1195 a Afonso VIII de Castela preto de Alarcos (Ciudad Real). Esta derrota foi aproveitada polos reis de Navarra, León, Portugal e Galicia para pactar cos almohades e invadir os territorios do rei castelán, quen rexeita a axuda de Afonso I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acontecemento que a historiografía tradicional veu situando no reinado de Ramiro I (842-850), se ben na actualidade semella haber acordo en adxudicalo ao de Ordoño I de Asturias (850-856), que venceu ao muladí Musā ibn Musā (859-860?) no S de Logroño (en Albelda de Iregua). A aparición do apóstolo Santiago e a súa intercesión no acontecemento tería posibilitado a vitoria sobre os musulmáns, para agradecelo instauraríase o voto de Santiago, que vencellará durante séculos a coroa reinante en Galicia co culto xacobeo. A tradición lendaria garda recordo do acontecemento co nome de Batalla de Clavijo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Viño elaborado con uva albilla.

    2. ariedade de uva branca autorizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe O Ribeiro para a elaboración dos viños desta comarca vinícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate da Guerra de Sucesión de Castela que tivo lugar nos campos de La Albuera (Extremadura, 1479). Rematou coa vitoria do castelán Alonso de Cárdenas, último mestre da Orde de Santiago, sobre o portugués García Meneses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate da Guerra da Independencia que tivo lugar nos campos de La Albuera (Extremadura, 1811) no que un combinado de tropas hispanas, lusas e británicas, ao mando de Blake, Castaños, Carlos de España e Beresford, venceron o exército napoleónico mandado por Soult. Os franceses retiráronse, pero impediron a toma de Badajoz. A vitoria dos aliados acadou unha gran sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Región de Murcia (31.872 h [1996]). Situado na veiga do Segura, na chamada Horta murciana. Industria transformadora da produción hortícola. No seu termo está unha escola de paracaidistas. Alcantarilla foi conquistada en 1244 e, dende entón, permaneceu baixo a xurisdición da Orde de Alcántara ata o establecemento da Constitución de 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado no 1578 entre as tropas do Rei Sebastián de Portugal, que auxiliaba o Rei destronado de Marrocos, e os insurrectos marroquís. Foi unha desfeita para Portugal: alí morreron o Rei e un gran número de nobres portugueses. Significou o fracaso do afianzamento en Marrocos do imperio africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das rosáceas de follas palmeadolobuladas e 4 ou 5 estames. En Galicia están presentes A. coriacea e A. transiens nas serras orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 28 de setembro de 1868 preto de Alcolea (Córdoba). As forzas sublevadas en Cádiz, mandadas por Serrano, derrotaron ao exército de Pavía, avanzando así ata Madrid. Este combate significou a fin do reinado de Isabel II e o triunfo da Revolución de Setembro, chamada A Gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate sostido preto de Huesca no 1096, por Pedro I de Aragón e polo seu irmán, o futuro Afonso I, contra o Rei mouro de Zaragoza al-Musta´in e o seu aliado o conde de Nájera, García Ordóñez. O motivo do enfrontamento foi o sitio de Huesca por Pedro I, que conquistou a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de atois do océano Índico, uns 350 km ao NO de Madagascar, que constitúe unha dependencia das Seicheles. Os cocos e a exportación de copra son a súa principal fonte de riqueza. Na súa fauna destacan as tartarugas terrestres xigantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago pertencente a Alasca, EE UU, que separa o mar de Bering do océano Pacífico. Constituída por unhas 150 illas e illotes volcánicos que, formando un arco semicircular, prolongan a península de Alasca en dirección á de Kamčatka. Inclúe o grupo das Fox (Unimak, Unalaska, Umnak), onde vive a maior parte da poboación, e Andreanof, Rat e Near. O clima é frío e húmido, dando lugar á formación de néboas. A súa poboación vive da pesca e da caza (principalmente focas) e da gandería ovina. Ocupadas polos xaponeses en 1942 durante a Segunda Guerra Mundial foron recuperadas polos EE UU no 1943. Actualmente constitúen un punto estratéxico da defensa dos EE UU, con bases militares e estacións de radar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Allo que só ten un dente.

    2. Dente de allo máis pequeno do normal dentro da propia cabeza de allo.

    VER O DETALLE DO TERMO