"toi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • hemoptísico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia básica derivada da alantoína. Forma o núcleo de diferentes compostos usados como antiepilépticos e antiarrítmicos, como a difenilhidantoína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto ou aliaxe metálica que ten unha composición cunha porcentaxe do metal da base inferior ao correspondente do eutectoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é parecido ao tecido normal.

    2. Aplícase ao tumor integrado por unha soa clase de tecido ben diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de carácter enciclopédico concibida e iniciada polo conde de Buffon. Consta de 44 volumes e foi publicada en París de 1749 a 1804. É un ensaio metodolóxico que esboza os principios para o estudo da historia natural no primeiro volume e xustifica a totalidade da obra. Nos seguintes volumes trata sobre cosmoloxía, xeoloxía, mineraloxía, bioloxía do home e dos animais vertebrados e un longo estudo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Recibiu o Prix de Rome (1764-1768). Foi un grande anatomista, feito que reflectiu entre outras obras en L’Écorché (1766) e Diane (1781) e nos retratos que fixo da burocracia intelectual. Foi autor, entre outros, dos bustos de Diderot (1771), Sophie Arnould (1775), Franklin (1778) e Voltaire (1788). En 1785 realizou unha estatua de George Washington para o Capitolio de Virginia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que resulta da hidrólise alcalina da isatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo de Asorey na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, traballou a pedra e a madeira, aínda que experimentou con outros materiais, como o acibeche. Realizou a escultura da virxe do Seminario Maior de Santiago de Compostela e o retrato do cardeal Quiroga do Seminario Menor de Belvís, na mesma cidade. Foi académico numerario da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao longo que se utiliza para abanear as árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Desenvolveu a teoría correcta da combustión, desterrou a vella idea do floxisto e fixo nacer a química moderna baixo o principio da conservación da materia. Perfeccionou os experimentos de Cavendish e de Priestley, obtendo o “aire inflamable” e o “aire vital”, que denominou hidróxeno e osíxeno, respectivamente. Sinalou que son os dous compoñentes da auga, que descompuxo e despois sintetizou no laboratorio en colaboración con Meusnier en 1785. Tamén demostrou que o aire atmosférico non é un corpo simple, senón unha mestura de osíxeno e nitróxeno, e interpretou correctamente a natureza composta dos ácidos sulfúrico, fosfórico e outros. Finalmente, aplicou os seus coñecementos químicos na fisioloxía, feito que permitiu esclarecer o mecanismo da respiración e da combustión interna dos seres vivos. Entre as súas obras destacan a obra colectiva Méthode de nomenclature chimique (1787), onde contribuíu decididamente a poñer as bases da nomenclatura química actual,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Coñecido como Frédérick Lemaître, comezou a súa carreira nos teatros de variedades, onde participaba nos máis diversos espectáculos. Despois de tres anos no Odéon, onde representou papeis menores, en 1924 participou na posta en escena do melodarama L’Auberge des Adrets no Théâtre de l’ Ambigu. Coa chegada do drama romántico realizou diversos espectáculos nos teatros Odéon, Porte-Saint-Martín, Ambigu, Folies Dramatiques e Varietés, particularmente con obras de Victor Hugo e Dumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asemella ao linfoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou os movementos vibratorios e introduciu as coñecidas curvas de Lissajous. Débeselle un dispositivo óptico que foi adaptado posteriormente por Helmholtz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mantoideos.

    2. Insecto da suborde dos mantoideos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos ditiópteros, formado por individuos que presentan un corpo de tamaño medio ou grande e un primeiro par de patas moi fortes e longas. Son propios das rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastodontoides.

    2. Mamífero do grupo dos mastodontoides.

    3. Grupo de mamíferos fósiles, da orde dos proboscídeos, que teñen de 1 a 3,30 m de altura na cruz e posúen molares de coroa baixa, coa superficie debuxada de cristas transversais. Atópanse fósiles desde o Oligoceno ata o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á apófise mastoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás mamilas ou ás mamas.

      2. Que ten forma de mamila ou mama.

    1. Aplícase á apófise do óso temporal situada detrás e debaixo da orella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excisión cirúrxica dunha parte ou de toda a apófise mastoide.

    VER O DETALLE DO TERMO