"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adquisición dalgunha cousa en común con alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que o soro do sangue de pacientes afectados dunha determinada doenza infecciosa é capaz de aglutinar, amais dos microorganismos responsables desta doenza, outros xermes diferentes. Este fenómeno débese á existencia de antíxenos comúns a microorganismos de diferentes xéneros ou especies.
-
-
Proceso polo que se altera a fase dispersa dun sistema coloidal ou o sólido disolto dun sistema líquido, que ocasiona a separación do sistema nunha fase líquida e nunha masa insoluble xelatinosa. Pódese conseguir por quentamento, por adición de compostos químicos, por adición de enzimas, etc.
-
Proceso de formación dun coágulo sanguíneo. É unha fase da hemostase que consiste na transformación do fibrinóxeno en fibrina, grazas á trombina, que é un enzima proteolítico formado pola activación da protrombina. Neste proceso interveñen, ademais do fibrinóxeno, a protrombina e a trombina, unha serie de elementos coñecidos como factores de coagulación. Na formación do coágulo pódense distinguir dúas fases. Na primeira fase, ten lugar a conversión da protrombina en trombina, que se pode realizar por dous sistemas: o intrínseco ou sanguíneo, que se inicia pola activación do factor XII, e o extrínseco ou hístico, que se produce cando hai unha lesión dos tecidos e se inicia coa penetración do factor III no torrente circulatorio. O produto das dúas vías é a protrombinasa que, en presenza de calcio, actúa sobre a protrombina e a transforma en trombina. Na segunda fase a trombina actúa sobre o fibrinóxeno e convérteo en fibrina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo temporal de dous ou máis grupos diversos sobre a base dun programa, co obxecto de reunir recursos comúns para obter beneficios individuais ou colectivos. Na esfera política, as coalicións son unións temporais de partidos e grupos políticos con fins electorais ou de goberno. No terreo económico, as coalicións, en contraposición ao trust, non cambian a titularidade das empresas coaligadas. Cando a coalición ten como fin primordial reducir a competencia, adóitase denominar cártel, aínda que están expresamente prohibidos pola normativa antimonopolista da maior parte dos estados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política creada en 1993 trala agrupación de diversas forzas non centralistas e de signo nacionalista ou autonomista de Canarias. Os partidos fundadores foron: Agrupaciones Independientes de Canarias (AIC), que é o partido con maior presenza no Parlamento de Canarias; Iniciativa por Canarias (ICAN), que representa o nacionalismo de esquerdas dende a transición; Centro Nacionalista Canario (CNN), que é o resultado da evolución cara a posicións nacionalistas do antigo Centro Democrático Social; Asamblea Majorera (AM), que é partido maioritario na illa de Fuerteventura; e o minoritario PNL. No seu primeiro congreso, celebrado en Santa Cruz de Tenerife en 1999, resultou elixido presidente Paulino Rivero Baute. Así mesmo, decidiuse que no segundo congreso, antes do verán do 2002, se modificase a estrutura da formación para convertela en partido único. Ostenta o goberno canario dende 1993 (ata o ano 2000 co apoio do Partido Popular), ocupa o goberno de tres dos sete cabidos insulares...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto electoral de ámbito estatal establecido para as eleccións lexislativas de 1979, entre Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Liberal Ciudadana, de José María de Areilza, e o Partido Democrático Progresista, de Alfonso Osorio. Conseguiu nestas eleccións un total de nove escanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que xurdiu como coalición electoral de cara ás eleccións municipais de 1983, nas que obtivo 125.000 votos, e que se constituíu como partido en 1984. Composto por grupos moi heteroxéneos, como algúns membros da UCD ourensá liderados por Euloxio Gómez Franqueira ou o sector do PG liderado por Xosé Henrique Rodríguez Peña, era unha oferta de centro dereita galeguista. Nas eleccións autómicas de 1985 logrou o 13% dos votos e 11 deputados. Debido ás vacilacións manifestadas polos membros do grupo parlamentario ante a política de Xerardo Fernández Albor e ao fracaso nas eleccións estatais, nas que só conseguiron un deputado, cinco deputados autonómicos da CG abandonaron o grupo e en xaneiro de 1987 fundaron o PNG, liderado por Pablo González Mariñas e Rodríguez Peña. En setembro de 1987, votaron, conxuntamente co PSOE, o PNG e cinco deputados tránsfugas de CP, a moción de censura contra Fernández Albor. O novo goberno presidido por Fernando González Laxe incorporou a catro membros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de ámbito estatal establecida para as eleccións lexislativas de 1982, entre Alianza Popular, de Manuel Fraga; Partido Demócrata Popular, de Óscar Alzaga; Unión Liberal (que en 1983 se transformou en Partido Liberal), de José Antonio Segurado; Unión del Pueblo Navarro; Unión Valenciana e Partido Aragonés Regionalista. Obtivo nestas eleccións 106 deputados, cos que se converteu na segunda forza política do estado. En 1986, sen Unión Valenciana e o Partido Aragonés Regionalista, conseguiu 105 escanos. Disolveuse en 1987.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Vigo de marzo a novembro de 1886. Dirixida por Delio Fernández Chao, defendeu os intereses dos republicanos e dos coalicionistas, de acordo coa ideoloxía do novo partido democrático progresista de Ruiz Zorrilla e Salmerón. A redacción estaba ao cargo de A. Bernárdez Rodríguez e L. A. Mestre, e entre os colaboradores figuraban Eduardo Chao, Teófilo Braga ou Nicolás Salmerón. As súas seccións eran “Vigo Marítimo y Comercial”, “Tiroteos”, “Al vuelo”, “Variedades” e “Nuestro Telegrama”. Nas súas editoriais onde abordaban temas de interese local ou xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que forma ou favorece unha coalición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación dunha cousa a outra, especialmente dos ósos.
-
-
Acción e efecto de coartar.
-
Obriga que tiñan antigamente os clérigos de ordenarse dentro dun certo termo, segundo as condicións do beneficio eclesiástico obtido.
-
-
Diminución conxénita ou adquirida do diámetro dunha estrutura anatómica.
-
coartación da aorta
Estenose da arteria aorta, case sempre por baixo do nacemento da arteria subclavia esquerda. O signo clínico máis característico é unha hipertensión arterial nos brazos xunto cunha tensión normal ou baixa nas pernas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘sono’.
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Coñecido co nome de Sabellico, ensinou retórica en Udine (1473-1483) e Venecia, onde dirixiu a biblioteca pública. Influído por Flavio Biondo, escribiu entre outras obras: Rerum Venetarum ab urbe condita ad Marcum Barbadicum Venetarium principem libri XXXIII (Historia de Venecia dende a fundación da cidade ata ao príncipe veneciano Marco Barbadico, 1487).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Na súa novelística segue as correntes da literatura francesa da posguerra e aborda problemas relixiosos. Publicou, entre outras obras: La difficile speranza (A difícil esperanza, 1947), Il cielo e la terra (O ceo e a terra, 1950) e La pietra bianca (A pedra branca, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cocer ou cocerse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia (B. R. 20, antes II, I, 213), que contén parte das Cantigas de Santa María. Polas súas características xerais (letra, adornos e miniaturas), parece que é unha continuación de T, escrito no mesmo obradoiro. Está formado por 131 folios de pergamiño de 456 x 320 mm, aínda que o encadernador cortou bastante as páxinas e a numeración (en caracteres romanos) das mesmas. Pódese deducir que faltan moitos folios (posiblemente 50) do que debeu ser o códice orixinal, que foi concibido para albergar os dous últimos centos de cantigas. Escrito con letra gótica francesa, alternando a tinta negra e encarnada, como en T, a dúas columnas (ás veces a tres ou incluso a unha), quedou incompleto, tanto no que respecta ao número de composicións que debería conter, coma na notación musical e na ilustración dos textos, de xeito que só transmite 104 cantigas (das que catro proceden de TO e 100 son novas); a notación musical...
-
-
Acción e efecto de codificar.
-
Acción de reunir nun corpo legal único, denominado código, as leis e os costumes que fan referencia a unha determinada área xurídica, a través dunha ordenación sistemática que os simplifique e os unifique. O movemento codificador apareceu no s XIX, fundamentado nas ideas racionalistas desenvolvidas no século anterior; recibiu un grande impulso a partir de Napoleón, quen procedeu á codificación do dereito privado (civil, mercantil, penal e procesal), que se difundiría amplamente entre as revolucións burguesas europeas do s XIX, aínda que non arraigou nos países anglosaxóns, nos que se coñece como common law.
-
Conxunto de convencións que definen a correspondencia entre xogos de caracteres asociados a un código.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dirección de algo exercida conxuntamente cunha ou máis persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición feita conxuntamente por dous ou máis editores.