"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Pintor ruso.   Nacionalizouse alemán (1927) e francés (1939). Impactado por   unha exposición impresionista, decidiu dedicarse á pintura e trasladouse a Múnic en 1896. Foi un dos iniciadores da arte abstracta (Acuarela, 1909; series de Composicións, Improvisacións e Impresións, 1910-1913) e un dos animadores de Der blaue Reiter (1911). Foi profesor na Bauhaus (1921-1933). A súa pintura evolucionou desde o impresionismo (ata 1907) cara a un fauvismo lírico (A montaña azul, 1909) e un expresionismo de influencia oriental (1910). Afastouse do obxecto e interesouse pola forma (1920) e as figuras xeométricas (O cadrado negro, 1925). Reuniu as súas teorías estéticas en Über das Geistige in der Kunst insbesondere in der Malerei (Do espiritual na arte e especialmente na pintura, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (22.084 km2; 141.400 h [estim 2000]). A súa capital é Kebili (11.780 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Fixo investigacións sobre a bioquímica dos dípteros e demostrou a existencia do citocromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor. En 1920 comezou a súa actividade de concertista interpretando sobre todo a Bartók e Liszt. Foi autor dalgunhas pezas sinfónicas e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfombra de dúas caras producida en Asia occidental (especialmente en Anatolia) polo procedemento do tapiz e caracterizada polos seus debuxos xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (13.309 km2; 1.308.000 h [estim 1994]). A súa capital é Moshi (52.223 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación do NL de Tanzania, situada na rexión fronteiriza con Kenya. Os seus picos volcánicos máis altos, separados 11 km entre si, son o Mawensi, de 5.355 m de altitude, e o Kibo, que -cos seus 5.895 m de altitude- é o punto máis elevado de África. Cultívase café e plátano nas ladeiras inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río da península de Anatolia, Turquía. Desemboca no Mar Negro, na baía de Bafra despois dun curso de 1.150 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Frankfurt 1752 - Peterburgo 1831) Dramaturgo e novelista alemán. Dunha gran fecundidade, escribiu os dramas Sturm und Drang (Tempestade e impulso, 1777), que deu nome a unha importante corrente romántica, Die Zwillinge (Os xemelgos, 1776) e Simsone Grisaldo (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da tenacidade do aceiro ao tratalo con Mn, Cr ou Ni. Aparece cando, despois de recocido, se mantén durante un tempo á temperatura de 450-550°C e se forman carburos de Cr e carburos complexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lábil.

    2. Reacción esaxerada do sistema nervioso fronte a pequenos estímulos esóxenos ou endóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: saurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Interesado primeiro pola mineraloxía e as técnicas metalúrxicas, decantouse despois pola botánica, en particular a pirenaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista inglés. Educado en Oxford, publicou o seu primeiro libro de poemas, The North Ship (1945), cunha austeridade semellante á de Yeats. A lectura fonda de Thomas Hardy deulle, outro ton a The Less Deceived (1955). Está considerado o poeta máis importante da xeración coñecida como The Movement (1965). O seu derradeiro libro poético, High Windows (1974), persiste no ton dos anteriores. Tamén é autor de novelas, Jill (1946) e A girl in Winter (1947), así como da antoloxía Oxford Book of Twentieth Century English Verse (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de laudable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, xornalista e pintor. Promotor e cofundador da Asociación Fotográfica Compostelana, abriu o seu propio estudo en Santiago de Compostela en 1959. No eido xornalístico, ademais de colaborar con diversos medios, foi redactor gráfico de Blanco y Negro, Arriba e Nuevo Diario. Ademais, exerceu como redactor e editor gráfico da axencia EFE. Realizou as series fotográficas “A feira de Santiago”, “Santiago monumental” e “Las ciudades más bellas de España”, e publicou La Carrilana: manual para andar de pie por el mundo (1990). Recibiu o Premio Galicia de Comucación en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección máis dificultosa que se escolle como a máis probable entre as posibles lecturas dun códice xa que se supón que está más cerca do orixinal, dados os probables intentos dos escribas de simplificar as dificultades textuais que non entendían para facer un texto más claro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección que non concorda cunha pasaxe paralela cando dúas ou máis pasaxes tratan o mesmo suceso, dada a tendencia dos copistas a harmonizar máis da conta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección máis fácil que se escolle entre as posibles lecturas dun códice no proceso de cotexo dos diferentes testemuños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e autor escocés. Foi o primeiro gran solista do pop británico e pioneiro na recuperación do tradicional folk das illas. Realizou unha xira con Bob Dylan e Joan Baez, e foi aclamado no festival folk de Newport (1965). Das súas cancións destacan “Catch the wind”, “Colours”, “Jennifer Juniper” e “Sunshine Superman”.

    VER O DETALLE DO TERMO