"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno descuberto por C. V. Raman en 1928. Consiste na aparición, nunha luz dispersa por un fluído, dunha frecuencias v1 e v2, unha delas máis grande e outra máis pequena que a da radiación incidente, cunha intensidade moito máis pequena que a da luz dispersada de frecuencia igual á incidente v0.
-
PERSOEIRO
Relixioso hindú. Fundador dos rāmānandīs, seita relixiosa de India, que adora a Rāma como deus supremo. O novo ensino, case idéntico ao de Rāmānuja, caracterízase, sobre todo, pola apertura a todo o mundo, sen distinción de castes, incluso de non hindús.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Brahmán hindú. Fundou a escola viśish ṭ ādvaita ou non-dualismo cualificado. A diferenza da filosofía advaita de Śankara, admite tres principios eternos: a alma, o mundo e Deus, e dálle importancia decisiva á devoción a Rāma con vista á liberación do círculo das reencarnacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primate fósil do xénero Ramapithecus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates fósiles, descrito por G. Edward Lewis en 1934, incluídos en sedimentos do Mioceno Superior ou do Plioceno Inferior, cunha antigüidade duns 12-15 millóns de anos, atopados en India, Alemaña, Kenya e China. Enlazan a liña dos pónxidos coa dos primeiros homínidos. Morfoloxicamente presentaban carácteres como a redución dos caninos e dos incisivos, a forma parabólica do arco dental e a posibilidade de camiñar erecto, que o entroncarían coa liña do australopiteco. Considerado por algúns como unha forma xemelga do Sivapithecus, está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns, aínda que antes se pensaba que estaba na liña que conducía aos homínidos.
-
CIDADES
Cidade de Israel situada ao L de Tel-Aviv-Yafō (126.800 h [estim 2003]). Fundada en 1921, desenvolveuse rapidamente grazas á fertilidade do seu chan e á abundancia de auga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto formado polo talo, as pólas e as follas dunha árbore ou dunha planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico sánscrito, atribuído a Valmiki, que celebra as xestas de Rāma. A súa redacción definitiva é do s II. Co Mahābhārata, forman parte da tradición (smirti) e gozan de autoridade relixiosa.
-
PERSOEIRO
Xeólogo noruegués. Doutorado na Universidade de Oslo (1946), foi director das investigacións levadas a cabo en Groenlandia (1947-1951). As súas achegas foron de gran valor no campo da xeoloxía estrutural. Escribiu Origin of Metamorphic and Metasomatic Rocks (1952) e Gravity, Deformation and Earth’s Crust (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado na Campiña (7.282 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tráfico de contrabando na Raia Seca ourensá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Catherine de Vivonne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten representacións de flores ou ramas.
-
PERSOEIRO
Compositor. O seu Traité de l’harmonie (1722) contribuíu a establecer as bases da linguaxe musical moderna. En 1723 marchou a París, onde publicou obras para clavecín e acadou sona como virtuoso do órgano. Compuxo óperas como Hippolyte et Aricie (1733), Castor et Pollux (1737) e as óperas-ballet Les Indes galantes (1735) e Platée (1745). Cando se produciu a Querelle des Bouffons, foi considerado o expoñente da escola musical francesa tradicional. Deixou tamén Pièces de clavecin en concerts (1741) e un gran número de obras teóricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e matemático francés. Coñecido como Petrus Ramus, foi profesor do Collège Royal de París e atacou con dureza os aristotélicos de La Sorbonne. Escribiu Dialecticae partitiones (1543) e Aristotelicae animadversiones (1543), onde propugnou unha nova arte de discutir, que levantou unha forte e longa polémica. Adheriuse á Reforma e morreu durante a matanza da Noite de San Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
prostituta.
-
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (86.000 h [estim 1987]). A súa economía baséase na industria téxtil e nas construcións mecánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escama da base das raques dos fentos.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Balde e Faramontaos (Carballeda de Avia). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO