"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
GALICIA
Escritor. Da súa produción cómpre destacar: Preludio matinal (1919), Oro de la amanecida. Ofertorio lírico (1920), Las linfas embrujadas. Motivos literarios (1924) e Salomé de Sar (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e editora estadounidense. Membro destacado do grupo transcendentalista, traballou no ámbito da formación das mulleres intentando cambiar o espírito puritano do seu país. Foi editora da revista The Dial e autora de Woman in the Nineteenth Century (1845), sobre a evolución do feminismo nos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen furga.
-
-
Remexer na terra de forma superficial.
-
Revolver algunha cousa deixando todo desordenado.
-
Andar de maneira repetida e insistente cos dedos ou con outra cousa aguzada no interior de algo, especialmente no nariz, nunha ferida ou nos dentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mozo’.
-
-
ehículo automóbil longo e cuberto destinado ao transporte de mercadorías.
-
agón destinado ao transporte de equipaxes nos trens de pasaxeiros. Pode acoller tamén outros servicios, como o grupo electróxeno da calefacción. Existen tamén vagóns mixtos, cun departamento para equipaxes e o resto dedicado a pasaxeiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno vehículo automóbil comercial, destinado ao transporte de mercadorías, de catro rodas, de caixa pechada con porta lateral ou na parte posterior para levar a cabo a carga e descarga, e sen asentos para pasaxeiros.
-
PERSOEIRO
Lingüista alemán. En 1881 escribiu unha gramática do chinés, distinguida tanto pola súa sinoloxía como pola súa metodoloxía (Chinesische Grammatik mit Ausschuluss der niederen Stiles und der heutigen Umgangssprache). En 1891 publicou a súa obra fundamental Die Sprachwissenschaft, ihre Aufgaben, Methoden und bisherigen Ergebnisse, que se divide en catro partes: terminoloxía e obxecto do estudo lingüístico, principios para a descrición da lingua, problemas tradicionais na historia lingüística e filoloxía en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Centrou os seus estudios nos métodos das ciencias humanas e buscou harmonizar a verdade e a historia. Das súas obras destacan Wahrheit und Methode (Verdade e método, 1960), Dialogue and Dialectic (1980) e Plato’s dialectical ethics: phenomenological interpretations relating to the Philebus (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico estatístico estadounidense. Formouse en Iowa. Dirixiu o departamento de periodismo na Drake University e foi profesor de publicidade na Northwestern University. Fundou o American Institute of Public Opinion, que realizou sondaxes de opinión tanto en EE UU como en Gran Bretaña. É autor de Public Opinion in a Democracy (1939) e Guide to Public Opinion Polls (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ucraíno. Elaborou un modelo de núcleo atómico que se denominou de fluído nuclear, e enunciou a regra de Gamow-Teller. Estudiou as reaccións termonucleares que teñen lugar no interior das estrelas, elaborou unha teoría neutrínica das supernovas e construíu o modelo das capas para as estrelas xigantes vermellas. Publicou, xunto con Ralph Alpher, o artigo “The origin of chemical elements” (1948), onde desenvolveu a teoría do big bang. Escribiu diversos libros de divulgación entre os que destacan A planet called Earth (1963) ou A star called the Sun (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Burkina Faso (4.087 km2; 223.555 h [estim 1991]). A súa capital é Zorgho (11.721 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Time Rogaland 1851 - Oslo 1924) Escritor noruegués. Defensor do landsm<l, fundou a revista Fedraheimen. Da súa produción destacan Mannfolk (1886), Troette Moend (1891), Haugtussa (1895), Den burtkomne faderen (1899) e Knudaheibrev (1904).
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Corpus Barga, sobresaíu no ensaio de tipo xornalístico. Exiliado en 1939, escribiu Los pasos contados (1963-1967) e Los galgos verdugos (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Titulado en Arte Dramática polo Instituto del Teatro de Xixón, iniciou a súa actividade como actor en Asturias, en diversos espectáculos dos grupos Teatro del Norte, Quiquilimón, ou Toaletta. En 1996 instalouse no Carballiño, onde creou a compañía Nove Dous, e participou como actor nos espectáculos Sobre o dano que fai o tabaco (1997), Crimes anónimos (1998) ou Rexurdimento (2000). Ao mesmo tempo, desenvolveu un amplo labor como animador e monitor teatral nos concellos do Carballiño, Boborás, Lalín e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Anllóns en San Filipe de Anllóns (Ponteceso). Trátase dunha ponte de perpiaño do s XIX de dous vans. Pertence ao camiño que vai de Anllóns a Garga.
-
-
Rebaixe transversal no temón do carro ao que se suxeita a xugada aínda que non leve chavella.
-
Rebaixe das doelas que serven para asentar os fondos dos bocois, pipas ou pipotes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cepillo que se usa para facer o gargal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Risa ruidosa, prolongada e sonora.