"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número que indica os milímetros de álcali 0,1 normal que neutralizan os ácidos graxos volátiles e solubles en auga (butírico, caproico) de 5 g de graxa. É importante na análise da manteiga e dos seus sucedáneos.
-
PERSOEIRO
Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Suíza, afluente pola dereita do Aare (159 km de lonxitude). Nace no cantón de Uri, na rexión de San Gottardo, entre os pasos de Furka e Oberalp. Atravesa o lago dos Catro Cantóns, do que sae por Lucerna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia principesca alemá que deu nome a diversos estados independentes do Sacro Imperio Romano-Xermánico. A orixe da súa denominación remóntase ao bailío Enrique de Plauen o Novo (?-1291?), fillo de Enrique I, señor de Plauen e Vogtsbert. Ao morrer en 1535 Enrique XVI Reuss , señor de Greiz e Kranichfeld, as posesións foron divididas entre os dous fillos e o máis vello, Enrique XVIII Reuss (?-1573) formou a rama maior de Reuss con capital en Greiz (Reuss-Greiz). En 1778 o conde Enrique XI Reuss (?-1800), foi nomeado príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico e os seus descendentes, extinguidos en liña masculina en 1927, reinaron no Principado de Reuss (rama maior) ata 1918. Enrique XVII Reuss (?-1572), fillo pequeno de Enrique XVI, formou a rama menor de Reuss, con capital en Gera (Reuss-Gera). O conde Enrique XLII Reuss (?-1818) foi nomeado en...
-
REXIÓNS
Rexión de Alemaña, situada no land de Renania-Palatinado que se estende pola beira esquerda do Rin, pouco antes da súa confluencia co Main. Destaca pola produción de destacados viños.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Licenciada en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968), doutorouse coa tese Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (1973). Foi profesora na facultade de Filoloxía da universidade compostelá e, desde 1981, catedrática de instituto de lingua e literatura galegas. En 1983 foi nomeada primeira inspectora (extraordinaria) de lingua e literatura galegas do distrito universitario de Santiago. Sensibilizada coa difusión da lingua galega, participou e ocupou cargos directivos na asociación O Galo e desenvolveu o seu labor de investigación no ILG, colaborando na redacción dos métodos Galego 1, 2 e 3 e na primeira fase do Tesouro lexicográfico galego; tamén colaborou na elaboración do Atlas Lingüístico de los marineros peninsulares, dirixido por M. Alvar. No campo do léxico publicou Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces, con anotaciones etimológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Penúltima glaciación do Cuaternario situada baixo a de Würm e sobre a de Mindel, que comezou fai aproximadamente 200.000 anos e rematou fai 125.000. Está constituida por un ciclo con dúas fases frías ou máximos glaciares e una fase temperada intermedia. Correspóndese coa glaciación americana de Illinois e de Saale no N de Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos láridos, coa plumaxe gris cunha franxa negra no extremo das ás e o ventre, as ás e a cola brancas. Presentan o peteiro fino e amarelo, as patas negras e a cola lixeiramente gallada, cunha franxa negra no extremo. A este xénero pertence a gaivota tridáctila.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Foi chamado, xunto a Xoán de Porres, polo Conde de Monterrei para instalar os primeiros obradoiros tipográficos en Galicia. Desta asociación xurdiu o Misal Auriense (1494), primeiro incunable editado en Galicia. Tras a morte do Conde e a disolución da sociedade, conseguiu o encargo do cabido compostelán para editar a Relación das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495). Desta obra, da que non se sabe se se editou en Monterrei ou en Santiago de Compostela, consérvase un exemplar no Arquivo Histórico Nacional de Simancas. Abandonou o oficio de impresor para ocupar o cargo de procurador en Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roger Ducasse.
-
PERSOEIRO
Mariscal. Ingresou no exército imperial ruso (1914) e coa Revolución de 1917 pasou ao exército vermello. No inverno de 1940-1941 contribuíu á derrota dos alemáns, que intentaban apoderarse de Moscova e tivo unha participación decisiva na Batalla de Stalingrado. Mariscal desde 1944, foi proclamado heroe nacional de URSS en 1949. Nomeado mariscal de Polonia, adoptou esta nacionalidade e foi vicepresidente do Consello de Ministros de Polonia (1952). Posteriormente regresou á URSS, onde ocupou cargos no Ministerio de Defensa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo condado de Escocia. A súa capital era Dingwall.
-
TERRITORIOS
Territorio da Antártida que constitúe unha dependencia de Nova Zelanda desde 1923. Esténdese entre os meridianos 160° L e o 150° O, ao S do paralelo 60° S nunha superficie de 414.400 km2 e 330.000 km2 de xeo permanente. Comprende o mar de Ross, parte de Terra Vitoria e o sector próximo ao polo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante, explorador e mariño da armada británica. Precursor na exploración de terras polares., tomou parte en diversas expedicións cara ao Ártico, onde localizou a illa de Somerset e o polo magnético, e cara ao Antártico, onde descubriu Terra Vitoria e o mar e a barreira de Ross. O seu tío, John Ross (1777-1856), foi tamén explorador e descubriu con el a illa do Rei Guillerme (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Antártico que se estende entre o cabo Adare, Terra Vitoria ao O e o cabo Colbeck e a península de Edward VII ao L.
-
PERSOEIRO
Médico británico. Foi médico militar no Indian Medical Service. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1902) polos seus estudos sobre a orixe da malaria que permitiron a profilaxe desta enfermidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeofísico. Naturalizado estadounidense, realizou importantes investigacións en meteoroloxía e en oceanografía. Investigou as correntes atmosféricas, as súas ondas, que se denominan ondas longas, e estableceu o número que leva o seu nome, que representa a razón entre a forza inercial e a de Coriolis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ondulacións de gran lonxitude que se forman na troposfera media e alta, a causa da distribución das presións. En ocasións o número de ondas en altura pode variar de tres a seis, pero na atmosfera tende a adoptar a configuración de catro.
-
PERSOEIRO
Actriz, filla de Roberto Rossellini e de Ingrid Bergman. Comezou a súa carreira en Roma como modelo e en 1972 trasladouse a Nova York. Naturalizada estadounidense, dos seus filmes destacan White Nights (1985), Blue Velvet (1986), Death Becomes Her (1992), Fearless (1994), Inmortal Beloved (1994) e Heights (2004).
VER O DETALLE DO TERMO