"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Novelista e teórico da poesía sánscrita. Escribiu a novela Dashakumara-tcharita (Historia dos dez príncipes) e probablemente o tratado poético Kâvyâdarscha (O espello da arte da poesía).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de dandi ou comportamento propio dun dandi.
-
Actitude estética cultivada entre o s XIX e comezos do s XX e vinculada ao romanticismo e ao modernismo. Iniciouse en Inglaterra no seo da aristocracia, como reacción contra o ascenso da burguesía e a imposición do capitalismo. Supón unha fuxida cara a un mundo ideal, afastado do vulgar da realidade. Considérase que o primeiro dandi foi George Bryan Brummel (1778-1840), a quen seguiron Lord Byron e, posteriormente, Oscar Wilde. O fenómeno estendeuse a Francia, baixo a influencia do conde d’Orsay, a través de escritores, como A. de Musset, Honoré de Balzac, Barbey d’Aurevilly e Ch. Baudelaire. Co tempo introduciuse noutros países, aínda que a súa pegada foi menor. A súa máxima fundamental é facer da vida unha obra de arte, deste xeito, o individuo convértese en autor da súa vida persoal, que desenvolve e planifica conscientemente, e en actor do seu propio drama, que monta para os demais. A súa posta en escena defínese pola imperturbabilidade ante as peripecias da vida, que combina coa forza...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe dunha familia patricia veneciana que protagonizou a vida política da República entre os ss XIII-XV. Proporcionou varios dux á República: Enrico Dandolo (1107-1205), Giovanni Dandolo (?-1289), Francesco Dandolo (?-1339) e Andrea Dandolo (1307-1354). Anna Dandolo , neta do dux Enrico, foi raíña de Serbia tralo seu casamento co Rei Estevo II de Serbia (?-1228).
-
CIDADES
Cidade de China, drenada polo río Yalu, na baía de Corea (523.699 h [1990]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os sectores téxtil, de maquinaria e de fabricación de compoñentes electrónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Cultivou o retrato e especializouse nos cadros de conversación, entre os que destaca A familia Price (1728).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-François d’ Andrieu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de cabalería danesa. Segundo a tradición, foi fundada por Valdemaro II no 1219. No 1671 foi regulada por Cristián V e no 1695 foron proclamados os seus estatutos, que foron reformados no 1808 por Federico VI. Os seus membros eran coñecidos como Cabaleiros Brancos. O seu distintivo é unha cruz coa inscrición Gud og Kongen (‘Deus e rei’).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposto que os anglosaxóns lles pagaban aos piratas e conquistadores daneses. Foi instituído no 995 e suprimiuse no 1163.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en San Clemente de Pazos (Zas). Edificouna no ano 1616 Fernando García Daneiro e restaurouse en 1950. De planta rectangular, engadíuselle un corpo no lado dereito. Destaca a distribución de modo rítmico das ventás da fachada principal. A fachada posterior é máis alta e nela sobresae un brasón que alude as familias Moscoso, Figueroa, Varela e Montenegro. Conserva unha torre do s XVI e diversas construcións adxectivas.
-
REXIÓNS
Rexión do N, centro e L de Inglaterra ocupada polos daneses durante os ss IX-XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos daner.
-
Individuo do pobo dos daner.
-
Pobo escandinavo procedente do S da península de Xutlandia que, a comezos do s VI, derrotou os hérulos e estendeuse polo S de Suecia e as illas circundantes. Os daneses recibiron o nome deste pobo a partir da Idade Media.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Sociedad Estímulo de Bellas Artes e foi profesor nas escolas nacionais de belas artes. Cultivou a paisaxe e o retrato. Participou na I Bienal Hispanoamericana de Madrid (1951) e na Bienal de Venecia (1952), entre outras. Recibiu o Premio Nacional (1945) e o Premio Senado de la Nación (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume étnico aplicado a individuos procedentes de Dinamarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dinamarqués.
-
PERSOEIRO
Micólogo francés. Especializouse no estudo dos protistas e dos fungos microscópicos. Estudiou a reprodución sexual dos fungos. Descubriu o vacuoma das células vexetais. Escribiu, entre outras obras, Mémoire sur les Chytridinées (Memoria dos Citridinos, 1889), Recherches histologiques sur les champignons (Investigacións histolóxicas sobre os cogomelos, 1890) e Traité d’algologie (Tratado de algoloxía, 1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta. Nas súas viaxes de mocidade por Europa coñeceu o surrealismo francés e belga. En 1951 fundou con Enrico Baj a Arte Nuclear. Colaborou co grupo COBRA na realización de cerámicas. Participou en varias convocatorias da Bienal de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1988. Foi dirixida por Stephen Frears e interpretada por Glen Close, John Malkovich, Michelle Pfeiffer, Keanu Reeves e Uma Thurman. Este filme é unha das distintas adaptacións cinematográficas que se fixeron da obra de Pierre Choderlos de Laclos. Destaca, entre as outras, pola reconstrución ambiental e o traballo actoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘grande’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde ás voces ‘alto’ e ‘grande’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘moito’.