"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre castelá orixinaria de Portugal que se estendeu por toda a Península Ibérica. Fundada no s VIII, conseguiu a posesión de Porto Carrero en Portugal. Juan Rodríguez Portocarrero recibiu a señoría das terzas do partido de Toro en 1396, despois de perder os seus dominios portugueses tras a derrota na Batalla de Aljubarrota. Os seus descendentes foron marqueses de Castrillo e entroncaron coas casas de Moguer, Villanueva del Fresno, Medellín, Montijo e Monclova.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Mandeo, que nace e desemboca na parroquia de Curtis, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Pontevedra, na parroquia de Mogor (Marín).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Miño, que nace na parroquia de Gueimonde e desemboca na de Crecente (A Pastoriza).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Pantano construído por FENOSA en 1967. Trátase da construción dunha presa sobre o río Ulla para a explotación hidroeléctrica, que forma parte do límite municipal entre os concellos de Santiso, Agolada, Vila de Cruces e Arzúa. É o terceiro de Galicia en canto a capacidade, 297 millóns de m3. O río Arnego desemboca directamente no encoro, á altura da parroquia de Brocos (Agolada).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica radiolóxica que permite visualizar as comunicacións anormais entre o sistema venoso portal e a circulación sistémica, coñecidas como shunts portosistémicos.
-
PERSOEIRO
Militar. Loitou na Guerra dos Sete Anos no exército de Carlos III. Capitán de dragóns, destinárono a México e en 1767 enviárono a Baixa California como primeiro gobernador daquel territorio, coa misión de expulsar aos xesuítas e de organizar unha expedición cara ao norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Libro que contén a situación xeográfica dos lugares máis notables da costa á que está dedicado. Está ilustrado con mapas e inclúe todos os datos e observacións necesarias para a navegación.
-
Oficial dun porto de mar na Idade Media.
-
-
GALICIA
Arquitecto. Estudou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desde 1984 formou equipo con Salvador Fraga Rivas e F. Javier García-Quijada, e participou no proxecto Abrir Vigo ao Mar. Entre os seus proxectos destaca a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque Municipal Quiñones de León de Vigo (1997), a Xerencia de Urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do MARCO (1998-2002). Recibiu, xunto cos seus socios, o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Praia situada no Concello de Bueu a carón de praia Agrelo.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 400 metros ANCHURA MEDIA: 25 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Si
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Si EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:... -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Nicolao que dá nome ao concello de Portomarín, onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Lugo, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no centro-oeste da provincia de Lugo, a 42° 48’ de latitude N e 7° 37’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Guntín (comarca de Lugo), ao L co Páramo e Paradela (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Taboada (comarca de Chantada) e ao O con Monterroso (comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie de 115,1 km2, en que acolle unha poboación de 1.898 h (2007), distribuída nas parroquias de Bagude, Caborrecelle, O Castro de Soengas, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste. A capital do concello é Portomarín, situada a 28 km ao S da cidade de Lugo e a 108 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Sitúase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Trátase dunha ponte medieval de laxes de xisto, asolagada polo encoro de Belesar. Sitúase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Datada no s XX, realizouse en cantaría e cachotaría con arcos rebaixados e tallamares redondeados. Ten sete vans e situábase na estrada de Portomarín a Sarria e foi asolagada no encoro de Belesar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Xoán de Portomarín.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Data do s XII, e a mediados do s XIII contaba cun hospital de peregrinos. Foi consagrada polo bispo de Lugo Rodrigo II en 1182 e dedicada á Virxe e aos santos Pedro, Cosme e Damián. Trátase dunha construción románica realizada en cantaría de granito. De época medieval só queda a portada, composta de tripla arquivolta de medio punto, abucinada e con media cana na rosca e no intradorso, que se decora con motivos xeométricos. O lintel bilobulado data de 1182 segundo se recolle nunha epígrafe. O tímpano é liso. No interior destaca o sepulcro do marqués de Bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO