"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • Grupo de ourizos desfeitos na ouriceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porco pequeno cebón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lousa de pedra deitada sobre a que se acende o lume. Unhas veces disposta a rentes do chan, sen sobresaír del, e outras algo máis alta para que sexa máis cómodo o servicio. Se a elevación é grande, cómpre que a lousa sexa extensa para deixar por riba dela lugar para os tallos e escanos. Pode estar situada nun ángulo da cociña ou no centro, arrimada ao muro, situación que vai depender do espazo de que se dispoña xa que non é soamente a lareira o que hai que distribuír na peza. A forma pode ser rectangular, mais hainas cun entrante no lado principal para que a  persoa que se ocupe do lume poida achegarse a el, máis ao xeito. Moitas veces leva cambota e, a miúdo, no seu interior sitúase o caínzo ou canizo. Moitos levan a ambos os lados, por debaixo, dous madeiros enfrontados para apoiar neles as varas en que se penduran os chourizos e outras partes do porco que cómpre afumar para que se conserven. Se non hai cambota, o canizo vai ao aire, sempre por riba da lareira. Logo, o fume vaise polo...

    2. Cociña da casa rústica ou tradicional, incluída a cambota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia franquista editada en València a partir de 1951 e que cesou a súa edición en decembro de 1953 (nº3). Subtitulouse “Publicación del Lar Gallego de Valencia”. Dirixida por Ángel Romero Cerdeiriña, incluíu artigos sobre Rosalía de Castro, e textos de R. Otero Pedrayo, F. Bouza-Brey e V. Paz Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola Casa de Galicia en París a partir de 1984. Coordinada por A. G. Fontán, actuou como voceira da propia institución. Nos seus diferentes apartados analizábanse cuestións relacionadas coa lingua galega, a cultura, o funcionamento interno da Casa de Galicia e informacións de interese para o emigrante galego. Ademais, incluíu poesía, pasatempos e a análise da figura e da obra de diversos intelectuais e escritores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Madrid a partir de 1989. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Restaurantes Gallegos” e nela estaban representados os establecementos hostaleiros de distintas cidades españolas, europeas e americanas. Dirixida por Manuel Méndez Sanjurjo, ao longo de diversas seccións tratábanse temas relacionados coa cociña galega (recetas, viños e produtos galegos). Incluíu ademais artigos sobre aspectos da etnografía galega e entrevistas a persoas da vida pública de dentro e de fóra de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde hai moitas pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non lle gusta saír moito da casa.

    2. Pao longo que se utiliza para colgar os chourizos e que se coloca preto da lareira.

    3. larexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), iniciou a súa formación na Escola de Artes Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e co pintor Fernando Artal. Ampliou a súa formación no ámbito do deseño. Realizou unha obra de carácter conceptual e informalista que mostra o seu interese pola xeometría. Realizou as ilustracións de A casa da madriña (1993), de L. Bojunga. Participou, entre outras, na Bienal Caricatura Galega (Ourense, 1991) e na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra e no Salón de Outono da Coruña (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. A súa obra inscribiuse dentro do posformalismo ou nova abstracción. Fundou o Museo A Solaina en Piloño. Recibiu o diploma de honor do Salón de la Marina de Caracas, o Premio Especial Investigación Putra Grumbacher Internacional de Caracas e o Primeiro Premio Creatividad do Ministerio de Educación de Venezuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar moito e sen xeito.

    2. Contar cousas que se deberían gardar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fala de máis, sobre todo de cousas que debería calar.

    2. Persoa que fala moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conta todo, mesmo o que debería calar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao longo que se utiliza para remover as brasas do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remover as brasas do forno para avivar o lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lugar agreste e cheo de pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non fai nada e nunca ten présa por nada.

    2. Que anda no negocio da compra e venda, sobre todo de gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Influído por Stieglitz, Strand, Weston, Man Ray e Atget, comezou fotografando a arquitectura civil ao servizo do Corpo de Enxeñeiros de New Orleans (1935-1941). Traballou para as revistas Vogue, Life ou Look e, a partir de 1946, en diversas publicacións especializadas en arquitectura contemporánea. Apostou polo surrealismo as abstraccións e as fotografías con múltiples exposicións. Publicou Ghost Along the Mississippi (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista de circo ruso. Comezou a súa carreira como trapecista e destacou como pallaso. Vinculado aos movementos vangardistas, colaborou con V. V. Majakovskij e Meyerhold. Tamén traballou moi activamente co movemento teatral proletario, realizando diversas pantomimas de carácter satírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local situado nos arrabaldos das cidades, nos aeroportos, ou noutros lugares, onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

    2. Hospital en que se atenden leprosos.

    3. Hospital en que se tratan enfermidades moi contaxiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO