"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

      1. Suxeitar ou unir cousas cun lazo.

      2. Unir os extremos de dúas cousas por medio dun lazo.

    1. Apresar un animal co lazo.

    2. Unir cousas ou poñelas en relación de maneira ordenada.

    3. Iniciar e vincular entre si distintos niveis de unidades de dispositivos necesarios para a comunicación en rede.

    4. Unirse ou relacionarse dúas ou máis cousas.

    5. Combinarse ou empalmar un medio de transporte colectivo con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manchar algo ou alguén de lodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador gráfico, ilustrador e calígrafo. Licenciouse en   Xornalismo na Universidad de La Habana (1977). Como ilustrador realizou traballos en Cuba, Xapón, Catalunya e Galicia. Entre eles cómpre destacar Carta de la Selva (1989), Dicionario dos Seres Míticos Galegos (1999), Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001) e Velaí vai o verme (2002). Das súas exposicións individuais destacan 45 Caligrafías (Santiago de Cuba, 1988), Los Peces Escritos (Vigo, 1993) e Textos galegos, caligrafías (Vigo, 1995). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio Logotipo V CLAE (Santiago de Chile, 1972), o primeiro premio do Salón Nacional de Gráfica DOR (1984), o Premio La Rosa Blanca de ilustración de libros infantís UNEAC (1990) e o premio especial do xurado e mención da Bienal da Ilustración Infantil TIBI (Irán, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo sobre lenzo realizado por El Greco entre 1586 e 1588 para a igrexa de Santo Tomás de Toledo, onde se conserva. Coñecido tamén como El entierro del conde de Orgaz, representa o milagre acontecido durante o enterro de Gonzalo Ruíz de Toledo (?-1323), señor de Orgaz e benfeitor da igrexa, cando apareceron os santos Estevo e Agostiño para enterrar o corpo na sepultura. A escena divídese en dúas partes, na zona inferior represéntase o milagre e na superior, a gloria. Cómpre destacar que os personaxes da parte inferior son retratos de personalidades da época do pintor, vestidos con roupaxes do s XVI. Identificáronse, entre outros, Diego e Antonio de Covarrubias e un posible autorretrato do pintor. O tratamento das figuras, da luz e da cor é manierista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de entrelazar ou entrelazarse.

    2. Aplícase a tres pezas iguais opostas entre si e tanxentes, especialmente lúas, roquetes, deltas, chaves ou aneis pasados uns por outros.

    3. entrelazamento.

    4. Motivo decorativo formado por liñas que se entrecruzan entre si cun sentido xeométrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de entrelazar ou entrelazarse.

    2. Método de exploración que se emprega en distintos monitores, que consiste en descompoñer a imaxe en dúas tramas que levan as súas liñas entrelazadas, na que a primeira explora as liñas impares e a segunda as pares, co que se consegue reducir o escintileo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enlazar cousas entre si.

    2. Enlazarse varias cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cando (Outes). Atribúese a súa construción a Antonio Palacios. Destaca a fachada precedida dunha escalinata con balaústres erixida sobre un arco. A porta de acceso é de arco e sobre ela sitúase un balcón apoiado sobre columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia falanxista aparecida o 12 de novembro de 1936. Subtitulouse “Guión de Falange Española de las JONS de Ortigueira”. Dirixida por Álvaro Cunqueiro, cesou a súa edición en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado, fillo de Federico Errázuriz Zañartu. Ministro de Guerra e Mariña con José Balmaceda, asinou a acta de deposición do presidente (1891). Ocupou a presidencia da República entre 1896 e 1901. O seu goberno destacou polas melloras na educación, na saúde e nas infraestruturas. Resolveu o problema fronteirizo xurdido con Arxentina na entrevista coñecida como El abrazo del Estrecho (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Acusárono de participar no motín de San Felipe (1850) e no encabezado polo coronel Pedro Urquiola (1851), polo que foi condenado a morte, pena da que resultou absolto. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Xustiza, Culto e Instrución Pública (1864), ministro de Guerra e Mariña (1866) e presidente da República (1871-1876). No seu mandato tivo lugar a creación do ministerio de Relacións Exteriores e a reforma constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi intendente de Madrid (1815) e de Catalunya (1816-1818). Formou parte do goberno de Fernando VII, e tras opoñerse á Pragmática Sanción, apoiou a Carlos María Isidro, que o nomeou ministro universal (1836). Despois do Convenio de Bergara (1839), exiliouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo rebente.

    2. Abrirse algo pola presión interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Derramar a roupa de vestir.

    2. Rozar a pel ata que forme ferida.

    3. Desfigurar o paso do tempo o aspecto das persoas.

    4. Rozar a pel ata que forme ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ardor no estómago que provoca unha sensación de malestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Adelán (Alfoz). Ten planta en escuadra, con dous corpos de dúas alturas e unha torre no ángulo con tres alturas. Á primitiva construción engadíronselle outros corpos con funcións domésticas. Destaca a escalinata da fachada posterior que permitía o acceso a unha galería que non se conserva. A capela anexa dedícase a outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín semanal de tendencia falanxista aparecido en Lugo a partir do 27 de agosto de 1937. Voceiro oficial do SEM de FET das JONS, continuou o labor editorial realizado por Vida Escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de esgazar.

    2. Aplícase ao animal que presenta unha ferida, de diferente esmalte ao do resto do corpo, xeralmente de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de esgazar.

    2. Marca que queda despois de que algo se esgaza.

    VER O DETALLE DO TERMO