"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Cultivo dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á produción ou ao comercio de cereais.

    2. Persoa que se dedica a cultivar ou comerciar con cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, botánico e filósofo italiano. Foi profesor de medicina e director do xardín botánico de Pisa (1555) e, dende 1592, médico de Clemente VIII. Describiu coidadosamente a morfoloxía das flores e dos froitos na súa obra De plantis libri XVI (Libro XVI sobre as plantas, 1583), onde introduciu unha clasificación baseada nestes caracteres. Son importantes os seus estudios sobre a circulación do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción do feto por unha abertura cirúrxica practicada no útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Palestina que corresponde coa actual vila de Bāniyās, situada preto da fronteira entre o Líbano e Israel. Fundada por Herodes o Grande co nome de Paneas, Filipo o Tetrarca, fillo de Herodes, mellorou e enriqueceu as construcións a comezos do s I e cambioulle o nome en honor de César Augusto. Durante as cruzadas, os ismaelís, aproveitando a súa estratéxica situación, construíron un castelo que dominaba o paso entre o deserto de Siria e as fértiles chairas do río Xordán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Xudea, situada na costa, a 30 km ao S de Haifa. Construída por Herodes o Grande, serviu de lugar de residencia dos procuradores romanos e chegou a ser o porto máis importante do reino. Coa destrución de Xerusalén no 70 d C na guerra xudía, adquiriu maior importancia ao converterse en sede metropolitana de Palestina, no s II d C. Formou parte do mundo bizantino ata que foi conquistada polos árabes no ano 633 a C, para decaer baixo o seu poder. No 1265 foi conquistada e destruída polo sultán mameluco Baybars.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comerciar coa habilidade e as mañas que caracterizan os chaláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Boullée, en 1758 gañou o Prix de Rome e permaneceu na capital italiana ata 1763. Construíu a igrexa de Saint-Philippe-du-Roule en París (1774-1784), de planta basilical e prototipo da igrexa neoclásica. Realizou tamén o Collège de France en París (1780) e reconstruíu o Odeon (1807). En 1806 proxectou o Arc de l’Étoile da capital francesa que non se rematou ata 1835. En 1770 foi nomeado académico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘escaleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten chamas.

    2. Que despide un brillo ou unha luz intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar polo lume algún alimento ou algunha cousa.

    2. Botar chamas.

    3. Despedir algo unha luz ou un brillo intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo francés. Coñecido como Champollion le Jeune, fundou a exiptoloxía científica. Estudiou as linguas árabe, copta, etíope, hebrea, siria e caldea. En 1797 escribiu unha memoria na que defendeu que a lingua copta era unha forma tardía da antiga lingua exipcia. Sobre esta teoría, e logo de traballar sobre os xeroglíficos, publicou o Précis du système hiéroglyphique des anciens égyptiens, figuratif, idéographique et alphabétique (Compendio do sistema xeroglífico dos antigos exipcios, figurativo, ideográfico e alfabético, 1824), clave para o desciframento da escritura exipcia antiga conseguida, sobre todo, grazas á pedra de Rosetta. Foi nomeado director do museo exipcio do Louvre en 1826 e profesor da cátedra de Exiptoloxía creada expresamente para el no Collège de France en 1831. Entre 1828 e 1830 permaneceu en Exipto. Escribiu De l’écriture hiératique des anciens Egyptiens (Sobre a escritura hierática dos antigos exipcios, 1821) e Panthéon égyptien (Panteón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Burlarse de alguén con chanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer ruído co calzado ao andar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer chantaxe a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da Académie Française. Da súa produción destacan os seus traballos de crítica literaria como Sentiments de l’Académie sur le Cid (Sentimentos da Academia sobre o Cid, 1635) e o poema épico La pucelle (A doncela, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de chapurrear.

    2. Idioma mal falado a causa de interferencias lingüísticas constantes doutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar incorrectamente unha lingua con interferencias doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO