"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
PERSOEIRO
Físico eslovaco. Dirixiu o Instituto Radiolóxico en Kiel e o Instituto de Física. Estudiou os raios catódicos, e observou que se propagan da mesma maneira no aire que no interior do tubo de Crockes e que son da natureza da luz. Tamén demostrou que a corrente producida é proporcional á intensidade da luz que a causa para unha lonxitude de onda determinada. Recibiu o Premio Nobel de Física (1905) polos seus traballos sobre os raios catódicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón (1349-1375), filla de Pedro II de Sicilia e de Isabel de Carintia. Casou con Pedro IV o Ceremonioso (1349). Concertou para os seus fillos diversas alianzas matrimoniais que deron como resultado, en 1357, os dereitos á sucesión do Reino de Sicilia (que máis tarde cedeu ao seu fillo Martiño) e aos ducados de Atenas e Neopatria, que foron anexionados á coroa (1369-1370). Axudou na política ao seu marido e cando o rei estaba ausente realizaba as funcións de lugartenente real.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ácido acelaico.
-
PERSOEIRO
Político. Pretor en Sicilia, foi cónsul en Roma (78 a C) e tentou aprobar unha serie de medidas populares, pero atopouse coa oposición do Senado. Derrotouno Pompeio e marchou a Hispania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político. Foi pretor e procónsul en Hispania (48 a C) e cónsul (46 a C). Trala morte de César, apoiou a Antonio e foi elixido pontifex maximus. Formou parte con Marco Antonio e Octavio do Segundo Triunvirato. Enfrontouse con Octavio pero excluírono do triunvirato e retirouse da vida pública (36 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos leptodactílidos.
-
Anfibio da familia dos leptodactílidos.
-
Familia de anfibios, da orde dos anuros, de pequeno tamaño e dedos con dilatacións na punta e sen membranas. As súas especies habitan en América do Sur, en América Central, en Australia e en Nova Guinea. Un representante típico é o sapo con cornos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno concilio ecuménico, celebrado en 1123. Foi o primeiro concilio que tivo lugar en Occidente, convocado por Calisto II para confirmar o Concordato de Worms e poñer fin á querela das investiduras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo concilio ecuménico, convocado por Inocencio II en 1139 para poñer fin ao cisma do antipapa Anacleto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Undécimo concilio ecuménico, convocado por Alexandre III en 1179 para poñer fin ao cisma do antipapa Calisto III. Ditou normas sobre a elección do papa, condenou a doutrina e ratificou a paz con Federico I Barbarrubia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Duodécimo concilio ecuménico, convocado por Inocencio III en 1215. Tratou da futura cruzada (a quinta, en 1217) e favoreceu a Cruzada Albixense. Confirmou a decisión do Concilio de Montpellier de desposuír a Ramón IV das súas terras de Languedoc, redactou unha fórmula de fe onde aparece a palabra transubstanciación, estableceu a obrigatoriedade da confesión anual e da comuñón pascual, condenou as doutrinas de Xoaquín de Fiore e recoñeceu no patriarcado de Constantinopla o primeiro lugar despois de Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo oitavo concilio ecúmenico, celebrado entre 1512 e 1517, convocado por Xulio II fronte a un sínodo cismático reunido en Pisa por Luís XII de Francia e continuado por León X. Ratificou o concordato con Francisco I de Francia, estableceu a superioridade do papa sobre o concilio e definiu a doutrina da inmortalidade da alma.
-
PERSOEIRO
Actor francés. Coñecido como Max Linder, foi un importante cómico do cine mudo e deu vida a un importante gentleman co que parodiaba situacións dos dandis de fin de século. Participou en Dix femmes pour un mari (1905), Le Rendez-vous de Max (1913), Max Comes Across (1917) e Au secours (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é lexible.
-
-
Relativo ou pertencente ás liliáceas.
-
Planta da familia das liliáceas.
-
Familia de plantas herbáceas a miúdo bulbosas, rizomatosas ou tuberosas, da orde das liliais, xeralmente de flores actinomorfas e hermafroditas e froito de condición moi variada. Comprende preto de 2.800 especies, moitas delas con interese medicinal ou alimentario.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás liliais.
-
Planta da orde das liliais.
-
Orde das monocotiledóneas constituída por plantas xeralmente herbáceas con flores actimorfas tipicamente trímeras e con sementes de albume rico en lípidos e prótidos. OBS: Tamén se denominan Liliifloras.
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Ex-militar, compuxo poemas e algún relato, de carácter dinámico, preciso e con grandes efectos musicais. Das súas obras destacan Untern flatternden Fahnen (Con bandeiras ao voo, 1888), Gedichte (1889) e Neue Gedichte (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro prusiano. Construíu diversos modelos de ornitópteros e planadores, cos que fixo diversos ensaios de voo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao país imaxinario de Lilliput ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do país imaxinario de Lilliput.
-
-
Que ou quen é moi pequeno, especialmente referido a unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demo de sexo feminino, posiblemente de orixe asirio-babilónica da tradición rabínica. Posiblemente foi esposa de Adán e debeu ter con el varios fillos, tamén demos. Hai diversas lendas sobre a súa figura.