"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • Leandro Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolás Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi ministro de Mariña (1939-1945 e 1951-1957) e comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano. Conspirou contra a República e contribuíu de forma decisiva á toma de Ferrol en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico italiano. Nas súas creacións ironiza sobre diversos aspectos de si mesmo, dos seus amigos e da sociedade e da clase política italiana en xeral. Da súa filmografía destacan La sconfitta (1973), Io sono un autarchico (1976), Sogni d oro (1981), Palombella rossa (1989), Caro diario (1993, Premio á mellor dirección no Festival de Cannes), La stanza del figlio (2001, Palme d or no Festival de Cannes) e The Last Costumer (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ioana Mouskouri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nos seus inicios destacou como debuxante e a mediados da década de 1980, adoptou un estilo expresionista. A súa obra evolucionou cara a un estilo neohumanista con influencias románticas e mesmo cara á abstracción. Ademais de cultivar os formatos pitóricos convencionais, realizou murais e gravados. Foi un dos fundadores da Galería Gruporzán na Coruña (1985). Realizou Los deseos e Presencias 2, a serie Travesía á illa dos mortos (1986) e Del diario del poeta I (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi membro da escolta da rexente de España María Cristina das Dúas Sicilias, con quen contraeu secretamente matrimonio morganático en 1833.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado nas dependencias da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Fundado en 1774 por decisión de Carlos III, os seus fondos iniciais procedían da Junta Central de Monumentos, e foron ampliados con diversas coleccións confiscadas aos xesuítas, coas obras premiadas nos concursos públicos convocados pola Academia desde 1753 e coas doazóns de particulares. Acolle unha das máis importantes coleccións de pintura española, da que destacan as obras de Zurbarán, Ribera e Goya, e tamén europea, como obras de Rubens, Mengs ou van Loo. Conta tamén cunha colección de debuxos, gravados, mobles, porcelanas e outros obxectos artísticos. Organiza conferencias, coloquios e outras actividades ademais de publicar monografías e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado na Casa Galega da Cultura en Vigo. Está formado pola doazón que fixo en 1995 Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e da súa colección de arte á cidade de Vigo. Recolle pinturas, esculturas e fotografías galegas dos últimos anos do s XIX e comezos do s XX, así como obxectos persoais, fotografías, cartas e as primeiras edicións das obras bibliográficas de Fernández del Riego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo austríaco. Entre 1933-1935 fixo unha grande enquisa antropolóxica entre os nupes de Nixeria, e en 1938 foi nomeado antropólogo do goberno no Sudán anglo-exipcio. Autor de numerosas monografías sobre temas africanos, das súas obras destacan Foundation of Social Anthropology (1951) e The Theory of Social Struture (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista portugués. Poeta do Novo Cancioneiro, foi o precursor do neorrealismo portugués con Terra (1941). Iniciou a súa carreira en 1938 con Relevos e As sete partidas do mundo. Preocupado polos problemas da sociedade, da súa produción destacan Fogo na noite escura (1943), Retalhos da vida de um médico (1949 e 1963), Casa da Malta (1945), O trigo e o joio (1954), Domingo à tarde (1961), O rio triste (1982) e Sentados na relva (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (11.472 km2; 454.610 h [2000]). A capital é Nan (24.057 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfredo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas de China central, situadas ao O do río Huang He, no sheng de Quinghai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción para arrolar os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dhondu Pant.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura da República Centroafricana (26.600 km2; 229.927 h [estim 1989]). A capital é Bouar (43.000 h [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO