"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Mucosidade que se expele con dificultade da gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1888 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde asistiu ao obradoiro de Eusebi Arnau e á escola de Llotja e frecuentou Els Quatre Gats, onde se relacionou con I. Nonell e Picasso, entre outros. En 1903 trasladouse a París cunha bolsa de viaxe, alí coñeceu a Max Jacob e interesouse pola escultura de Rodin. Dende entón a súa vida transcorreu entre Barcelona e París ata que se instalou definitivamente na capital francesa en 1923. Asimilou as formulacións estéticas do cubismo e comezou a experimentar cos metais. En 1907 creou a súa primeira escultura en metal, Pequeña máscara con mechón. En París realizou unha obra baseada na busca da síntese formal da figura en planos xeométricos e na valoración dos ocos e macizos. Das súas obras cómpre destacar Maternidad (1922), Bañista (1924), Máscara de arlequín (1924), Aguadoras (1925), Autorretrato (1927), Greta Garbo con mechón (1930) e El profeta (1933). En Zaragoza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do SL de Italia, entre o Tavoliere di Puglia e a costa adriática, chamado esporón de Italia. Os terreos son calcarios, con frecuentes formas cársticas. Os cumes máis altos son o Monte Calvo (1.056 m) e o Monte Nero (1.011 m). A actividade máis estendida é a agrícola: viñas, oliveiras, froiteiras e horta nos lugares máis regados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moraña. Da primitiva construción románica só conserva o muro S e a ábsida, pois a nave sufriu moitas transformacións. A ábsida únese á nave cun cóbado a xeito de contraforte. Consta dun tramo recto e doutro semicircular dividido en cinco panos por catro columnas entregadas erixidas sobre un podio. No pano central consérvase un rosetón con chambrana de cinco fileiras de tacos, arquivolta lobulada, lóbulos en arco de ferradura e celosía perforada. Nos panos contiguos hai ventás semicirculares con celosías perforadas. O arco triunfal é de medio punto apoiado en columnas entregadas con capiteis vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar fino e curto que queda cinguido ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante, pai de Pantagruel, na novela homónima de Rabelais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manter un líquido na gorxa sen tragalo e axitándoo en todas as direccións mentres o aire expira polos pulmóns, xeralmente con fins curativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gargarexar.

    2. Irritación da gorxa que se elimina tusindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gargarexar.

    2. Líquido medicinal para gargarizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de saída por onde se verte, a unha certa distancia da parede, a auga da chuvia que cae sobre o tellado ou a cuberta dun edificio. As das construcións antigas adoitan ter formas de animais ou seres fantásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel frouxa que colga do pescozo dalgúns animais, especialmente da vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barbas da galiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo costento de mala calidade, rochoso e de pouco fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO