"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
PERSOEIRO
Derradeiro emperador romano de Occidente (475-476), fillo do patricio Orestes. O seu pai fíxoo proclamar emperador despois de depoñer a Flavio Xulio Nepote, aínda que reservou para el o exercicio do poder. Dada a súa xuventude chamóuselle despectivamente Augústulo, en lugar de Augusto. Sucedeuno Odoacro, que mandou asasinar a Orestes e provocou o seu exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio internacional de novela creado en 1964 polo presidente da República de Venezuela, Raúl Leoni, coa finalidade de perpetuar a obra do escritor Rómulo Gallegos (1884-1969) e fomentar o cultivo da literatura en castelán. Organizado polo CELARG (Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos), a primeira entrega tivo lugar en 1967. Está considerado como un dos máis destacados galardóns literarios en América e entre os seus gañadores figuran M. Vargas Llosa (1967), G. García Márquez (1972), Carlos Fuentes (1977), Javier Marías (1995) e Fernando Vallejo (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Romulo, de orixe descoñecida, e que corresponde co nome do lendario fundador da cidade de Roma (s VIII a C) e co seu derradeiro emperador, Rómulo Augústulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo condado de Escocia. A súa capital era Dingwall.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro que consiste na ictericia crónica, de carácter familiar, ocasionado por un trastorno de excreción de bilirrubina conxugada polos hepatocitos.
-
-
Relativo ou pertencente ás sacaromicetáceas.
-
Fungo da familia das sacaromicetáceas.
-
Familia de fungos endomicetais, unicelulares illados e reunidos en cadeas, que se reproducen por xemas ou por ascósporas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
endomicetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección que está producida por fermentos, como os que pertenen aos xéneros Candida ou Cryptococcus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos endomicetais, da familia das sacaromicetáceas, que producen a fermentación de azucre. A especie S. cerevisiae e as súas distintas variedades teñen un papel básico na industria alimentaria, xa que se empregan no proceso de produción de bebidas alcohólicas, especialmente da cervexa e do viño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Primeiro Reich Denominación cuñada no s XV para designar o imperio fundado por Odón I en 962 sendo coroado polo Papa Xoán XII. Continuador do Imperio Romano de Occidente e do Imperio Carolinxio, comprendía, nun principio, o Reino de Xermania, o Reino de Italia e os anexos de ambos os dous: Lorena, as marcas orientais e o patrimonio de San Pedro. Ampliouse en 1032 coa incorporación do Reino de Borgoña, que incluía Provenza, e desde mediados do s XIII perdeu gradualmente os territorios meridionais. Xurdido nunha etapa de febleza do papado, foi tutelado ata a segunda metade do s XI, cando os pontífices Nicolao II (1059-1061) e Gregorio VII (1073 -1085) deron os primeiros pasos cara á independencia da Igrexa. A loita entre o imperio e o papado polo dominium mundi tivo a súa primeira manifestación na Querela das Investiduras (1073-1122), coa que se iniciou a longa decadencia do Imperio. As derrotas de Enrique IV, de Enrique V e dos seus sucesores foron aproveitadas...
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Despois de publicar contos en varias revistas, acadou o éxito coa novela curta The Catcher in the Rye (1951), onde reconstrúe o mundo dos adolescentes e as súas dificultades á hora de integrarse na sociedade. Destaca tamén Fanny and Zooey (1961) e o relato longo Hapworth 16, 1924 (1965), reeditado en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración popular anual que se celebra en Galgao (Abadín) que ten lugar o 27 de setembro.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Emigrou a Arxentina e colaborou no Eco de Galicia, para o que escribiu artigos co pseudónimo un mozo bergantiñán. Alí escribiu os monólogos Para que me namorei? (1897) e No quinteiro, a comedia O xastre aproveitado (1898) e as revistas folclórico-musicais A romaxe de san Campio e Unha noite no muíño, estreada en 1959 en Santiago de Compostela. De volta a esta cidade escribiu O fidalgo e Rosiña, estreada a primeira no Teatro Principal en xaneiro de 1918 e a segunda en febreiro de 1921. En poesía escribiu A volta do bergantiñán (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra en Ribadavia o 29 de abril. Vaise a ela para curar o mal de ollo ou prevelo. Durante a procesión, os romeiros pasan por debaixo do santo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de San Román de Cervantes, capital do concello de Cervantes.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Román, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -