"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi director de El Compostelano, redactor de El Correo Gallego, cofundador de La Noche, subdirector de Hoja del Lunes e redactor xefe de La Voz de Galicia. Ademais, exerceu como presidente de honra da Asociación de la Prensa Gallega da Coruña. Publicou Mujeres de ideas largas (1985), Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista (1988), La vida que vuelve (1989), Los españoles: entre caballeros y pícaros (1992) e El Mundo que conocí (1999). Membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, pertenceu á Asociación Internacional de Críticos Literarios (UNESCO).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xadrecista. Primeiro alcalde nacionalista da Coruña (1979-1981), foi deputado do Parlamento Galego e portavoz de Unidade Galega tras a súa creación (1992). Ocupou diversos cargos no Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, do que foi secretario xeral. En 1992 promoveu a creación de Unidade Galega, organización que se integrou no BNG, e desde 1994, é membro do consello nacional e da permanente do BNG e deputado no Parlamento Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e botánico. Coñecido como padre Merino, foi membro da Compañía de Xesús e exerceu como presbítero. Publicou unha das primeiras obras sobre flora que se fixeron en España, titulada Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, en tres volumes (1905, 1906 e 1909). Ademais, é autor de Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia (1893), Contribución a la flora de Galicia: la vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño (1897) e Adiciones a la flora de Galicia (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jerónimo Merino.
-
PERSOEIRO
Relixioso e guerrilleiro. Coñecido como o cura Merino, era reitor de Villoviado cando organizou unha guerrilla contra os franceses (1808). Despois da Batalla de Vitoria (1813) foi enviado a Catalunya. Acadou o grao de brigada e, en 1814, foi nomeado gobernador militar de Burgos. Absolutista intransixente, durante o Trienio Constitucional loitou contra o goberno liberal e mandou a vangarda dos Cen Mil Fillos de San Luís. Ao estalar a Primeira Guerra Carlista aliñouse ao lado de Carlos María Isidro de Borbón co que, en 1839 marchou a Francia pero foi confinado en Alençon.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito, pertence ao grupo de escritores que iniciaron ao redor de 1975 unha nova etapa para a narrativa en lingua castelá. Comezou publicando poesía, recollida en Cumpleaños lejos de casa (1987), para logo pasar á narrativa, que desenvolveu en La novela de Andrés Choz (1976), a triloxía Las crónicas mestizas (1992) e Cuatro nocturnos (1999). En 1993 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por No soy un libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baltasar Merino.
-
PERSOEIRO
Científico francés. Sen abandonar os seus deberes relixiosos como freire mínimo, dedicouse intensamente ao cultivo das ciencias positivas, seguindo as pegadas de Galileo. Tivo achegas orixinais en mecánica (lei do péndulo) e sobre todo en acústica (leis das cordas vibrantes e lei da velocidade do son mediante eco).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao individuo co nariz de tipo medio, con índice de 47 ata 51. É característica da raza mongol ou dos individuos que presentan trazos mongoloides (enfermidade de Basedow).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gustav Meyer.
-
PERSOEIRO
Sexto faraón da dinastía IV, fillo de Kefren. Construíu a terceira pirámide, a máis pequena, do grupo de Al Palatino; Ǧ iza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Foi redactor xefe (1930-1933) e redactor da sección de literatura italiana da Enciclopedia italiana e supervisor do léxico do Dizionario enciclopedico italiano e do Lessico universale italiano. Presidiu a Accademia della Crusca (1949-1963) e, desde 1939, dirixiu a revista Lingua nostra. Dos seus estudos lingüísticos destacan Lingua contemporanea (1938) e Saggi sulla lingua del Novecento (1941), reunidos no volume La lingua italiana nel Novecento (1990), Pronunzia fiorentina o pronunzia romana? (1945), Lingua e cultura (1948), Storia della lingua italiana (1960), Profili di parole (1968) e Lingua d’oggi e di ieri (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Ingresou nas Juventudes Tradicionalistas (1945), das que chegou a ser delegado en Galicia. Colaborou con diversos xornais como La Noche e El Correo Gallego. Publicou La expedición del general Don Miguel Goméz por el Reino de Galicia en 1836 (1848) e A donde vamos? (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto alimentario en forma de emulsión líquida ou plástica que se obtén a partir de graxas e de aceites de orixe fundamentalmente non láctico. Caracterízase por un contido baixo de graxa (do 39 ao 41%); pero cun contido enerxético relativamente importante (360 kcal/100 g).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Refaixo interior de tea amidonada ou con aros, que usaban as mulleres para proporcionarlle volume á saia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punción da membrana timpánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reparación cirúrxica da membrana timpánica perforada, por medio dun enxerto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica na membrana timpánica.