"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Bailarina, actriz e investigadora teatral, filla de Roberto Rossellini. Participou nas montaxes do Istituto di Ricerca Antropologica sull’Attore di Roma (1978-1981), no chamado teatro del rimosso, do que xorde o subsconsciente. É autora de La liquidazione del corpo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, irmán de Roberto Rossellini. Relacionado directamente co teatro, dedicou a parte principal da súa produción ao ballet, á ópera e ao oratorio. Escribiu a música de diversos filmes, entre eles, Roma, città aperta (1945) e Stromboli (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, pai de Isabella e Raffaella Rossellini e irmán de Renzo Rossellini. Principal inspirador do movemento neorrealista, dirixiu Roma, città aperta (1945), Paisà (1947) e Germania anno zero (1948). Posteriormente, realizou un tipo de filmes máis idealistas, en que analizaba os conceptos de soidade e incomunicación. Separado da súa dona, Ingrid Bergman, quen protagonizou moitos dos seus filmes, volveu novamente ao neorrealismo con Il generale della Rovere (1959), Era notte a Roma (1960) e Vanina Vanini (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.902 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío que se complementa coa gandaría. A industria está representada polos sectores papeleiro e téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa, irmá de Dante Gabriele e William Michael Rossetti. Colaborou na revista The Germ (1850), manifesto dos prerrafaelitas. Escribiu Goblin Market (1862), The prince’s progress (1866) e New Poems (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico, irmán de Christina G. e Dante Gabriele Rossetti. Foi un dos iniciadores do prerrafaelismo e dirixiu a revista The Germ. Foi autor de recompilacións e estudos de poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Foi profesor en Milán, Venecia, Zúric e EE UU e realizou a ampliación do cemiterio de Modena (1971), dun edificio residencial no barrio Gallaratese de Milán, do Teatro do Mundo de Venecia e do proxecto para a casa de estudantes de Trieste. Durante a década de 1980 centrouse no deseño e realización de obxectos e o seu recoñecemento internacional consolidouse. Como teórico de arquitectura publicou L’archittetura della città (1966) e A Scientific Autobiography (1981). Recibiu o Premio Pritzker (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista italiano. Urbanizou Peterburgo, cidade onde construíu o Palacio Mikhajlovskij (1819-1823), o hemiciclo do Estado Maior, diante do Palacio de Inverno, o Teatro Aleksandrinskij (1832) e a praza dos Decembristas, cos edificios do Senado e do Sínodo, unidos por un arco de triunfo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Cecchino Salviati, formouse con Andrea del Sarto e con Perin del Vaga. Foi un dos introdutores en Venecia da corrente manierista de tradición florentina e romana. Recibiu a influencia de Michelangelo. Destacan os seus frescos da igrexa de Santa Maria dell’Anima de Roma (1541-1544), do Palazzo Vecchino de Florencia (1544) e do Palazzo Farnesede Roma (1555). En 1554 foi a Francia, onde participou na decoración do palacio de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estableceuse en Roma, onde foi organista e intérprete de laúde. Foi autor da ópera Orfeo (1647), do oratorio Giuseppe, figlio di Giacobbe (1640?) e doutras composicións vocais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista italiano. Debutou no campionato do mundo en 1996, e gañou ese mesmo ano a súa primeira carreira, o Gran Premio de República Checa. Proclamouse campión nas categorías de 125 cc (1997), 250 cc (1999) e 500 cc (denominada Moto GP desde 2002) entre os anos 2001 e 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Especializado en filmes de montaxe, traballou sobre a ocupación de Varsovia, como en Le temps du ghetto (1961); a Guerra Civil Española, como Mourir à Madrid (1962); a Revolución Rusa, en La Revolution d’Octobre (1967); e o mundo dos animais en La fête sauvage (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Gioacchino Antonio Rossini ou á súa música.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca estatal rusa con sede en Moscova. Xurdiu como Biblioteca de Moscova e despois da Revolución Rusa converteuse na Biblioteca Nacional da URSS, sendo coñecida como Biblioteka SSSR imeni VI Lenina ou Biblioteca Lennin. En 1992 tomou o seu nome actual. Conta cunha colección de mapas, gravacións musicais, libros raros, periódicos e outros volumes.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Autor de numerosas novelas e comedias, o seu teatro foi, xunto co de Pirandello, a negación e a disolución do teatro verista e burgués do s XX. Destacan as súas óperas teatrais Marionette che passione! (1917) e Tre vestiti che ballano (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Giovanni Battista di Iacopo, formouse con Andrea del Sarto, aínda que axiña se afastou da súa estética. Destacan Assunzione (1517), Deposizione (1521) e Sposalizio della Vergine (1523), influído polos gravados de A. Dürer. Foi un dos principais representantes do manierismo. En Roma, estudou a Rafael e a Miguel Anxo e asimilou o vigor do debuxo e o uso de tonalidades claras de cor. En Roma pintou os frescos Creazione di Eva e Peccato originale para Santa Maria della Pace (1524). En 1530 marchou a Francia, onde dirixiu a decoración do castelo de Fontainebleau (1537).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Renovou a escultura co seu realismo e o seu afán de descompoñer as formas estáticas nun xogo de luz e sombra. Da súa produción destacan Conversazione in giardino (1893), Yvette Guilbert (1894) e Ecce puer (1906-1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico ucraíno. Especialista en neuroloxía e psicoloxía, desenvolveu un método gráfico para determinar o perfil psicolóxico, como síntese dos resultados dunha serie de probas feitas sobre un individuo determinado.
VER O DETALLE DO TERMO