"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Romper ou facer anacos unha cousa, especialmente un tecido.

    2. Romper as gallas ou gallos dunha planta ou árbore.

    3. Romper a póla dunha árbore.

    4. Producir rabuñaduras na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Espasantes (Pantón). Construíse durante o Barroco e sufriu diversas modificacións ao longo do tempo. Articúlase arredor dun patio interior e consta de planta baixa e alta, á que se accede por unha escalinata situada no patio. No xardín conserva diversas fontes e na fachada principal brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que se representa, en principio, como un baleiro ilimitado, continuo, tridimensional e continente de todos os obxectos sensibles, dentro do que estes poden cambiar de posición. Está relacionado coa extensión dos corpos reais, aínda que, sen conter ningún corpo real, continúa a súa existencia. O concepto naceu da reflexión sobre a relación que existe entre a representación do espazo e a extensión dos corpos reais. Na filosofía grega, as reflexións sobre o espazo polarizáronse nas posicións representadas por Parménides, que negaba a existencia da nada e do baleiro, e por Demócrito, que afirmaba a súa existencia co fin de xustificar o movemento. Platón definiuno como o habitáculo das cousas creadas e Aristóteles como o lugar onde as cousas son particularizacións. Posteriormente, Teofrastro adoptou unha idea relacional do espazo, Estratón unha idea de espazo absoluto e os estoicos mesturaron ambas as comprensións. Na Idade Media entendeuse como un receptáculo en que se distinguía entre...

      1. Extensión, fóra da atmosfera terrestre, en que se sitúan os astros. OBS: Nesta acepción tamén recibe o nome de espazo sideral e espazo cósmico.

      2. espazo aéreo

        Sector da atmosfera comprendido entre a superficie terrestre é o límite practicable pola navegación aérea sobre o que se prolonga a soberanía territorial dun Estado.

      3. espazo planetario

        Espazo que contén os planos das órbitas que percorren os planetas arredor do Sol.

      1. Porción delimitada da extensión que conteñen todos os corpos existentes.

      2. Extensión que ocupa un corpo.

      3. Medio en que se desenvolven os procesos xeográficos (relacións entre os fenómenos físicos e o home); en sentido amplo, a totalidade da superficie terrestre. Desde un punto de vista descritivo, divídese en zonas, áreas e rexións, segundo os criterios que se adopten para definir esa división. Constitúe un elemento indispensable nas análises dos fenómenos humanos (sociais, económicos, históricos, etc).

      4. espazo vital

        Espazo necesario para o desenvolvemento dun individuo ou dunha comunidade.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Pedro de Quembre (Carral). A súa planta adopta unha forma cuasirectangular. Conserva dúas chemineas rematadas con pináculos e bólas. No exterior destacan os escudos da fachada (s XVIII) que fan referencia, entre outros, aos Luaces, Montenegro, Ulloa e Valdés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Pacios (Baralla). Ten planta en forma de U con dúas alturas e conserva a capela pegada á fachada principal; esta construíuse con perpiaños e o resto do edificio con cachotería lucida e pintada. Nela destacan dous balcóns que enmarcan a portada, tres escudos e unha imaxe da Virxe. O terreo está rodeado por un muro de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

      1. Clave dun arco ou dunha bóveda.

      2. Nervio da bóveda de crucería que une as claves e que se sitúa no ángulo superior da bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre húngara con orixe no s XII que se dividiu en catro ramas: Galántha, Frakno, Csesznek e Zolyom. Os Galántha levan o título de príncipes do Sacro Imperio desde 1687, mentres que as outras teñen a dignidade de condes. A rama Galántha foi fundada por Benedict Esterházy (?-1552?), casado (1526?) con Helena Bessenyey de Galántha. O seu neto Miklós Esterházy de Galántha (?-1645), barón hungaro (1613) e conde de Fraknó (1626), foi xefe da rama principal da familia. Tamén destacou Pál Esterházy (1635-1713), político, poeta e compositor, que fundou a orquestra da residencia dos Esterházy, orixe dun taller de alto nivel que se desenvolveu no s XVIII. O seu neto Pál Antal Esterházy de Galántha (1711-1762), contratou a J. Haydn como Vicekapellmeister (1761) e o seu irmán Miklós József Esterházy de Galántha (1713-1790), destacado filhamórnico, ampliou a súa orquestra privada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Espacio vectorial de dimensión finita n no que hai definida unha distancia dada pola fórmula
    GRAFICO
    (x1,...,xn) e (y1,...,yn) son as coordenadas dos puntos x e y. Os espacios euclidianos clásicos son os On, como a recta ou o espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘coitelada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Membro fundador das Irmandades da Fala da Coruña, colaborou en La Voz de Galicia e A Nosa Terra. É autor de numerosos poemas (“A un poeta enxebre”) e da Guía-Indicador de La Coruña y de Galicia para 1890-91 (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é enganoso por ter aparencia de verdadeiro ou fiable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Mariña de Ribasar (Rois). Bartolomeo Piombino Farcinetti e Jacobo Giambino instalaron unha fábrica de papel, concedida en 1714. Comezou fabricando un papel de baixa calidade que se destinou a envolver o tabaco picado que levaba a marca P; a mellor calidade do papel permitiu imprimir en 1733 Anales del Reyno de Galicia de Francisco de la Huerta. Posteriormente, adquiriuna Antonio Riveiro de Aguilar, quen modernizou as instalacións. En 1858 fabricaba o papel de fumar El Sol. Pechou a comezos do s XX. O pazo construíuno B. Piombino en 1727 en estilo barroco. Destacan o balcón con balaustrada pétrea e os brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe. De familia nobre, foi poeta oficial na corte dos califas omeias. Foi autor de diferentes qas Palatino; ṣ īda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Breixa (Silleda). Ten planta en forma de L. Destaca o portón arquitrabado con escudo na parte superior e pináculos nos lados, que tamén aparecen na fachada da capela, que está illada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Guionista e profesional da radio e televisión, destacou como autor de literatura para adultos e tamén no eido da literatura infantil. Publicou, entre outros libros, Puente de cáñamo (1962), El hombre pervertido (1975), Años difíciles (1983), El barco de los peregrinos (1984), El estanque de las libélulas (1987), Los apuros de un dibujante de historietas (1988), Desde el corazón de la manzana (1989), Carmela (1992), Cando Arturo escapou da casa (1993), Á sombra do mestre (1996), A pousada do sétimo día (1998) e Os camiños da Lúa (2000). Recibiu o Premio Nacional de Guións en 1973 e o Premio Nacional de Literatura Infantil en 1980 por Algunos niños, tres perros y más cosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Comandante aéreo dos aeroportos de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Exerceu como xefe de escuadrón na Academia General del Aire de San Javier e como xefe de estudios na Escuela Nacional de Aeronáutica e na Escuela de Especialistas del Aire de León. Ademais, detentou a xefatura da 5ª sección do Estado Mayor do Mando Aéreo Táctico. Recibiu a cruz do Mérito Aeronáutico en dúas ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sátrapa persa, fillo de Farnaces. Sucedeu o seu pai no goberno do Helesponto e Frixia ao redor do 413 a C. Participou nas Guerras do Peloponeso e apoiou sucesivamente a Esparta e Atenas. Despois da vitoria ateniense de Knidos (394 a C), apoderouse das conquistas espartanas en Asia e nas illas do Exeo. Trala rebelión dos exipcios contra o dominio dos persas participou nos intentos de reconquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha ou franxa de distinta cor que se presenta na terra cando hai distintos tipos de cultivos.

    2. Mancha que se presenta nun animal que ten o pelo en franxas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está manchado ou sucio.

    2. Aplícase á res lanar que ten o fociño de distinta cor ao resto do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción heroica que require de moito valor e esforzo para levala a cabo. OBS: Ás veces emprégase con sentido irónico.

    2. Resolución ditada polo xuíz segundo o seu libre arbitrio que creaba xurisprudencia e se convertía nun elemento creador do dereito castelán medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO