"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Trapa (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 571 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate sostido entre o exército inglés e o francés o 23 de maio de 1706, próximo á poboación homónima, en Brabante (Bélxica), durante a Guerra de Sucesión Española. Os ingleses, dirixidos polo duque de Marlborough, venceron as forzas francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XII o 5 de xullo de 1875 a Xosé Varela Cadaval (Tui 22.11.1817-Santiago de Compostela 3.12.1885), deputado en Cortes. Sucedeuno a súa filla María do Carme Varela Bermúdez (?-Madrid 15.11.1927), II condesa de Ramiranes, e o fillo desta, Afonso Bermúdez Varela (?-Paracuellos del Jarama 20.11.1936), III conde de Ramiranes, mordomo de semana de Afonso XIII. O IV conde foi Xosé Manuel Bermúdez de la Puente Rodríguez .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Celanova situado no SL da provincia de Ourense e no S da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 11’ 08’’ de latitude N e 8° 01’ 40’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cartelle (comarca de Terra de Celanova), ao S cos de Celanova e Quintela de Leirado (comarca de Terra de Celanova), ao L novamente co de Celanova e ao O co de Gomesende (comarca de Terra de Celanova). Abrangue unha superficie de 40,7 km 2 cunha poboación de 2.018 h (2007), distribuída entre as parroquias de Casardeita, Escudeiros, Freás de Eiras, Grixó, Mosteiro, Paizás, Penosiños, Rubiás, Santo André de Penosiños e Vilameá de Ramirás. A súa capital está no lugar do Picouto, na parroquia de Freás de Eiras, localizada a 38 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Celanova.
    Xeografía física
    O relevo do concello ten unha orientación SL-NO e está dividido en dúas unidades. No N,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arrabaldo (Ourense). A súa planta orixinal era en forma de L pero sucesivas modificacións transformárono nun edificio de dúas plantas con forma rectangular. As dependencias adxectivas desapareceron e os patios modificáronse. No lado sur conta cunha solaina. Os escudos que conserva aluden aos Puga, Mosquera, Varela, Aguilar e Bóveda. Ten unha capela anexada nunha das esquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Pedro de Mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido patronímico que deriva do nome Ramiro.

    2. Apelido de orixe galega que trae por armas escudo terciado en pau: 1, de ouro, con tres bandas de azul; 2, de azul, con tres flores de lis de ouro, colocadas en pau; 3, de prata, cunha árbore de sinople, sinistrada dun león da súa cor, empinado ao tronco. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople sinistrada dun león da súa cor, empinado ao tronco; bordura de goles, cargada de oito aspas de ouro. Outro leva, en campo de sinople, tres paus de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor mexicano. Coñecido como El Nigromante, basicamente polemista, malia que tamén foi poeta, ofrece unha curiosa contradición entre o seu conservadorismo literario e o seu revolucionismo político de pegada voltairiana. Foi ministro de Xustiza e Fomento (1861) e maxistrado da Suprema Corte de Justicia (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e historiador, primeiro marqués de Villaurrutia. Foi ministro plenipotenciario e en 1898 interveu no Tratado de París. Foi embaixador en Austria entre 1902 e 1905 e ministro de Estado en 1905. Escribiu diversas obras de historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor cinematográfico. Coñecido como Ignacio Quirós, formouse na compañía do Instituto de Arte Moderno de Bos Aires. Contratado pola produtora Argentina Sono Filmes (1956), da súa filmografía destaca Cinco gallinas y el cielo (1957), pola que recibiu un premio en Donostia; En la ardiente oscuridad (1959, Premio no Festival de Cine de Moscova), El despertar del sexo (1963), Bajo el signo de la patria (1970); Seis pasajes al infierno (1975), Atracción peculiar (1987) e Siempre es difícil volver a casa (1992). A partir da década de 1980, centrouse no mundo da televisión, onde protagonizou numerosas series, como Venganza de mujer (1986) e Como pan caliente (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico visigótico Ranemirus, Ranmirus e Ranimirus, formas testemuñadas en documentos hispanos desde o s X, data a partir da que comezou a aparecer a forma abreviada Ramirus. Trátase dun composto formado polas formas góticas mereis ‘famoso, célebre’ e polo *ran, do antigo islandés rani ‘disposición do exército en forma de cuña’ ou ben de rân ‘rapina’; no primeiro caso co significado de ‘famoso na preparación do exército, famoso guerreiro’, e no segundo ‘famoso pola rapina (de guerra)’. Presenta o hipocorístico Miro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias e Galicia (842-850), fillo de Vermudo I. Foi elixido rei polos nobres despois da morte de Afonso II sen descendentes e cando acadou o poder tivo que sufocar, coa axuda dos galegos, un intento de usurpación do trono por parte do conde Nepociano, axudado por forzas asturianas. Derrotou aos normandos que arribaran ás costas galegas. Nos seus enfrontamentos cos musulmás inclúese a lendaria Batalla del Clavijo (859). Durante o seu reinado desenvolveuse un dos momentos de maior esplendor da arte asturiana coa construción de San Miguel de Lillo e Santa María del Naranco, entre outras obras. Sucedeuno o seu fillo Ordoño I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Aragón (1035-1063), fillo natural de Sancho III de Navarra. Elevou Aragón á categoría de reino. Tras o asasinato do seu irmán Gonzalo (1045?), Sobrabe e Ribagorza pasaron a formar parte dos seus dominios. Loitou contra os sarracenos, aos que atacou en Graus en 1055 e novamente en 1063 cando se enfrontou co rei de Zaragoza, que estaba axudado polos casteláns e polo Cid. Morreu neste enfrontamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León e Galicia (931-951), fillo de Ordoño II. A renuncia do seu irmán Afonso IV levouno ao trono leonés, que tivo que defender das acometidas sarracenas. Artellou unha coalición navarro-leonesa-castelá que levou á vitoria na Batalla de Simancas (939) sobre as tropas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III. Durante o seu reinado produciuse a fundación de numerosos mosteiros en Galicia. Non puido evitar a independencia castelá baixo a dirección do conde Fernán González.

    VER O DETALLE DO TERMO